Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical
DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA - 20 NOVEMBRO
O venres pasado todos os nenos e nenas do cole aprenderon sobre os seus dereitos con diversas actividades e construíron a súa pulseira dos Dereitos da Infancia.
Queremos destacar o traballo dos mozos e mozas da clase de 6ºA que fixeron un mural precioso cos artigos. Felicidades!
DIA MUNDIAL DA DIABETES - 14 DE NOVEMBRO
Hoxe, Día mundial da Diabetes, a asociación anedia representada pola familia de Uxía, deunos unha charla sobre a diabetes e contounos que hai cans adestrados para poder detectar as subidas ou baixadas de azucre do seu compañeiro humano!
Moitas grazas por vir!
FOGUEIRA DE SAN MARTIÑO
O día que celebramos o MAGOSTÍN non puidemos facer a fogueira simbólica coa que comezamos o Magosto todos os anos por culpa da chuvia, así que, aproveitando que era S. Martiño e que había un día solleiro marabilloso, baixamos pouco antes do recreo para gozar da nosa fogueira que acendeu a nosa conserxe Almudena. Ademais había que prenderlle lume á leña e ao bullo que trouxeran os rapaces e rapazas das súas casas!
Queremos darlles as grazas ás familias pola súa colaboración.
MAGOSTÍN 2022
Así gozamos da nosa festa o pasado venres 28!
Houbo xogos súper divertidos coma o lanzamento de castañas, carreiras de sacos, move o teu esqueleto.... e logo puxémonos ata arriba de castañas! Mmmm!
Tamén podedes ver que decoramos as portas das clases e os corredores do cole terroríficamente xenial!
Houbo unha gran participación no concurso de receitas terroríficas organizado polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e o equipo de Biblioteca.
Moitas grazas ás familias pola vosa colaboración!
En clase de plástica plurilingüe este ano o dedicamos ás witches/bruxas e tamén fixemos moitas actividades nas outras áreas sobre o Magosto e o Samaín, as dúas festas de outono máis importantes da nosa cultura galega.
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.
Que pasedes unha boa ponte!
PROXECTO 3º TRIMESTRE
E fomos exploradores e exploradoras neste 3º trimestre!
Que mellor época que a primavera para observar a natureza?
Neste trimestre o proxecto de ciencias o dedicamos aos seres vivos e ás persoas, atendendo ao corpo, aos hábitos saudables e a como nos agrupamos (familia/localidade).
Dentro dos seres vivos puxemos especial atención á especie dos animais invertebrados.
Comezamos o trimestre con charlas sobre o mundo das abellas e logo trouxemos formigas, caracois, bolboretas, vermes de seda... para observalos e aprender moito sobre eles.
Aproveitamos ás saídas á natureza para seguir observando e aprendendo de todos os animais e plantas que atopamos.
E por suposto aprendemos a respectalos e coidalos!
FESTA DE FIN DE CICLO DE ED. INFANTIL E GRADUACIÓN DE ED. PRIMARIA
A fin de curso tamén leva consigo ás veces a fin dunha etapa para comezar outra nova.
Isto é o que lles acontece aos nenos e nenas de 5 anos que rematan a etapa de Ed. Infantil e aos que queremos darlles a benvida á Ed. Primaria, e aos nosos mozos e mozas de 6º de Ed. Primaria que marchan ao instituto para comezar á ESO
Foron uns intres de compartir lembranzas e cariño mutuo moi emocionantes!
FESTIVAL FIN DE CURSO 21/22
E por fin chegou un das festas máis agardadas!
O festival de fin de curso!
Xa por fin as nais, os pais e demais familia puidestes gozar con nós da arte dos nosos alumnos e alumnas que nos deixaron coa boca aberta coma sempre!
Bravo!
Queremos das as grazas ás mestras de música Lucía e Bibi por organizalo con tanto esforzo e cariño.
GAÑADORES CONCURSO OS BOLECHAS
Estamos moi felices de contarvos que gañamos un premio no concurso dos Bolechas do Día das Letras Galegas!
CHARLAS COIDADO DOS ANIMAIS
CHARLAS DE CONCIENCIACIÓN E SENSIBILIZACIÓN SOBRE A IMPORTANCIA DO COIDADO DOS ANIMAIS
Durante o mes de abril os nenos e nenas de Ed. Infantil e agora en maio os alumnos e alumnas de Ed. Primaria recibiron unhas charlas de sensibilización sobre o maltrato e abandono de animais por parte da Asociación sen ánimo de lucro PROTECTORA OS BIOSBARDOS de Ponteareas.
Faláronnos de como axudan aos animais abandonados ou que viven na rúa a atopar unha nova familia e concienciáronnos de que hai que ser responsables co seu coidado.
Tamén nos invitaron a que fósemos coñecer as súas instalacións e déronnos as grazas pola vosa aportación traendo produtos para os canciños e gatiños que coidan.
MOITAS GRAZAS DE CORAZÓN, FAMILIAS!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- …
- seguinte ›
- última »