Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical

Proxecto "Xogos tradicionais robotizados" para Galiciencia

Bibiana e Roi preséntannos o vídeo elaborado para o proxecto "Xogos tradicionais robotizados" a GALICIENCIA, a maior feira tecnolóxica de Galicia.
Se nos convidan a ir, no mes de maio o alumnado do Club de ciencia Naturiña poderá gozar da fantástica experiencia de pasar un día mergullados entre experimentos de diferentes centros escolares de Galicia.
Sorte!!!

SAINT PATRICK´S DAY

HAPPY SAINT PATRICK´S DAY!

POLOS CREATIVOS

Xa levamos un mes dende que estreamos a aula e puidemos facer dúas actividades moi divertidas: Kapla e microbit.
Kapla é un xogo de creación natural e sostible que desenrola a creatividade, o inxenio, a lóxica e a perseverancia.
microbit é unha placa que foi creada para achegar os nen@s á programación. Neste caso as programaron para xogar a cara ou cruz e a pedra-papel-tesoira.
#poloscreativos #kapla #microbit

CAPTACIÓN DE IMAXES POR PAIS/NAIS EN EVENTOS DO CENTRO

INFORMACIÓN IMPORTANTE no referente á captación de imaxes realizada polas nais, pais e outros familiares con motivo da celebración de eventos no centro

Conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos persoais, as persoas asistentes a calquera actividade/evento/festival celebrado no centro ou polo centro noutra instalación, poderán gravar imaxes do evento exclusivamente para o seu uso persoal e doméstico. A difusión das imaxes captadas polas familias e demais asistentes fóra do ámbito privado, familiar ou de amizade, por exemplo, mediante a súa publicación na Internet accesible en aberto, será responsabilidade única daqueles que leven a cabo a devandita comunicación, que requiriría o consentimento de todas as persoas afectadas.

8M - DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Onte celebramos no cole o 8M e tinguimos o cole de lila! 
Levamos traballando a figura da muller dende o 11 de febreiro, día da muller e a nena na ciencia.
Aquí podedes ver como se traballou nos distintos niveis.
Hoxe culminamos coa visita da avogada e escritora Isabel Blanco, invitada polo club de lectura dos cursos 5º e 6º de Ed. Primaria.
Todo un luxo!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO 2023

E así quedaron os nosos traballos sobre ROSALÍA DE CASTRO destes días. 
Actividade organizada polos equipos de Dinamización da Lingua Galega e Biblioteca.
Música: Uxía (Letra: "Alborada", Cantares Gallegos, Rosalía de Castro)

ENTROIDO 2023

Así celebramos o entroido no noso cole: ordes do meco toda a semana, desfile final o venres, chocolatada, baile... e a desfrutar todo o mundo!

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Así celebramos o DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ 

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

Os nenos e nenas de 3ºA e máis o seu mestre Borja gravaron un vídeo sobre o "bullying", ou acoso escolar, que estivemos a ver e comentar nas clases estes días co gallo do día escolar da non violencia e a paz.
Un aplauso para elas e eles porque fixeron un bo traballo! 
Hoxe temos o acto onde alumnos e alumnas de 6º, dirixidos polas súas titoras Olga e Elena, lerán un manifesto e presentarán as actividades que cada aula do cole estivo a preparar para aprender e concienciar sobre o tema.
Tamén o equipo de Plástica Plurilingüe se encargou de crear coas nenas e nenos de Ed. Primaria a pancarta que lucirá no acto de hoxe. A que quedou ben bonita?
Esta actividade estivo organizada polo Equipo de Convivencia e Imaxe.
 

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Estes días estivemos a traballar nas aulas cos nosos alumnos e alumnas os Dereitos Humanos, a Constitución Española e o Estatuto de Autonomía de Galicia.

Distribuir contido