Escolares, Ed. Infantil, 1º Curso, 2º Curso, 3º Curso, 4º Curso, 5º Curso, 6º Curso, Idioma estranxeiro, Ed. Física, Ed. Musical
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA
Así investigamos no cole ás mulleres científicas no Día internacional da muller e a nena na ciencia.
DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA 2022
Festexamos o venres 28 este día tan especial elaborando un colgante que decoramos e no que escribimos frases a prol da Paz e dos Hábitos Saudables que será o tema central das actividades deste curso. Tamén bailamos e cantamos coa voz e co LSE a canción "De festa" todos á vez, nenos e nenas, mestres e mestras, antes de ir ao recreo. No recreo puxemos música variada sobre a Paz. Aínda que as actividades comúns tiveron que ser anuladas por precaución debido á situación Covid, traballamos durante a semana cos titores na aula este tema de varias maneiras!!!
Porque non queremos guerras nin violencia!
E como di a canción: "berramos coma toliños" que QUEREMOS A PAZ!
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Convivencia e Imaxe.
PREMIO BOAS PRÁCTICAS DE EDUCACIÓN INCLUSIVA
Bo día! Onte domingo, no Faro de Vigo, falaron do noso premio en boas prácticas de inclusión.
https://www.farodevigo.es/comarcas/2022/01/30/patio-colegio-caras-tristes
Tamén nos chegaron nestes días un Diploma de Solidariedade da man de Global Humanitaria e Mariola Solidaria, pola recollida de roupa do pasado mes de novembro e outro Diploma en recoñecemento ao noso destacado traballo en prol do recordo e divulgación da vida e obra de Xela Arias na Semana das Letras Galegas 2021, da man da Real Academia Galega a través da súa iniciativa "Primavera das Letras".
Grazas a tod@s: alumn@s, mestr@s, nais e pais e tod@s @s traballador@s do cole! O traballo en equipo sempre dá bos resultados!
NADAL 2021
O martes 21 foi un día moi especial para o nosos nenos e nenas xa que puideron saudar ás S.S.M.M. Reis Magos de Oriente e depositar as cartas no buzón real.
Para rematar a xornada de festa poidemos gozar da increíble orquestra do I.E.S. Pedra da Auga que nos deron un concerto moi divertido e na que poidemos ver a algúns exalumnos!
Moitas grazas a eles e elas e á súa profe Paula.
Dende toda a Comunidade educativa do CEIP plurilingüe Nosa Sra dos Remedios queremos desexarvos unhas boas festas e un bo ano 2022 que veña con moita saúde e paz para todos.
CONCURSO POSTAIS DE NADAL
Entregáronse os agasallos aos gañadores e gañadoras do concurso de postais de Nadal 2021-2022
Houbo moita participación e de moita calidade, non foi doado elixir! Noraboa
Moitas grazas a todos por participar!
Esta actividade estivo organizada polos equipos de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega.
A CÁPSULA DO TEMPO
Hoxe queremos ensinarvos como resultou o proxecto de Ciencias Sociais e Ciencias da Natureza no que traballaron este trimestre os cursos de 1º, 2º, 3º e 4º.
Todo comezou aló por outubro co soterramento da cápsula do tempo. Lembrades?
O primeiro que fixemos foi coñecer a historia da nosa vila para valorala e respectala coas charlas que nos deron na Biblioteca Municipal.
Despois centrámonos en dúas etapas da Historia: A Prehistoria e a Idade Antiga (cos grandes imperios da época: Roma, Grecia e Exipto). Tamén traballamos os inventos e como foron evolucionando co paso do tempo.
Para iso, fomos ao Parque Arqueolóxico de arte rupestre CAMPO LAMEIRO e, ademais de gozar dos petróglifos e da marabilla do parque natural, fixemos un obradoiro dun dos grandes inventos desa etapa, a olaría.
Todo o que íamos aprendendo na aula o fomos transformando nunha magnífica exposición nos corredores do cole para que os demais compañeiros e compañeiras puideran visitala e aprender uns dos outros.
Fixémolo dun xeito globalizado, é dicir:
Traballamos as linguas coas lendas, cos distintos alfabetos, xeroglíficos...
As matemáticas estiveron presentes cos números romanos e gregos, a arquitectura dos edificios, retos e problemas matemáticos...
A plástica e a música tamén se traballou xa que tivemos que pintar, recortar, modelar, aprender como facían música naqueles tempos...
Os valores tocáronse xa que tivemos que traballar en equipo, aprendemos a respectar as distintas culturas, a respectar os restos históricos...
Cremos nunha metodoloxía que vai máis aló dos libros de texto e de memorizar uns contidos para aprobar un examen e esquecer tres días despois. Cremos que os proxectos axudan á motivación e que espertan a curiosidade, e que todo iso fai que a aprendizaxe sexa significativa e por suposto, inclusiva.
Porque aprender pode ser moi divertido!
MAGOSTÍN
Onte celebramos o Magostín no cole e pasámolo terroríficamente ben!
Grazas, familias, pola vosa colaboración!
Que pasedes unha boa ponte!
*MAGOSTÍN= Magosto e Halloween nunha mesma festa
CAMPAÑA SOLIDARIA RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO USADOS
Moitas grazas, familias!
"Unha carta, un sorriso" por La Palma
En varias aulas do noso cole os alumnos uníronse a esta iniciativa xa que o tema do volcán e as desgrazas que está traendo para os palmeros están moi presentes nos pensamentos dos nosos pequenos e pequenas. Un xesto de empatía e vontade de axuda que é moi importante desenrolar.
Moitas grazas!
Proxecto "A cápsula do tempo"
O venres pasado, 8 de outubro, tivo lugar a cerimonia de soterramento da cápsula do tempo coa que os nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º dan comezo ao proxecto de ciencias do 1º trimestre.
Cada curso elaborou unha carta na que imaxinaron como será o futuro cando cheguen a 6º de Ed. Primaria. Fixeron compromisos de esforzarse en mellorar como estudantes e de coidar o medio ambiente e escribiron desexos que, cando chegue a graduación da súa etapa de Primaria, poderán, por fin, volver ver e comprobar se todo o que imaxinaron e prometeron se fixo realidade.
Durante este trimestre, estes cursos traballaremos conxuntamente "o paso do tempo" cun proxecto común pero adaptado a cada nivel. Trataremos temas como o paso do tempo nas persoas, nos obxectos, o calendario, o reloxo, os inventos, as etapas da Historia...e faremos saídas extraescolares relacionadas co tema.
Tamén faremos exposicións para que poidamos aprender moito uns dos outros. Vai ser mooooooooi divertido!
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- 17
- 18
- seguinte ›
- última »