Novas do Colexio

Novas de interese do Colexio

SEMANA DO LIBRO 2021

Durante a semana pasada celebramos a semana do libro dun xeito moi especial, creando unha FEIRA DO LIBRO, actividade organizada polo equipo de Biblioteca.

Os nenos e nenas de todo o cole foron acudindo á Feira para trocar os seus cupóns por libros. A feira estivo amenizada cada día por mestras/es do centro cos seus instrumentos.

O fin de festa, foi o venres 23 de abril, o propio Día do libro, coa actuación de todos os músicos/as do cole en directo para todos os nenos/as do centro.

Foi unha semana moi divertida!!

SEMANA DA PRENSA

Queremos rematar este 2º trimestre amosándovos os traballos dos nosos nenos e nenas na semana da prensa onde se converteron en xornalistas.

PROGRAMA FROITA E LEITE NA ESCOLA

O noso cole participa no Programa de froita e leite na escola que organiza o FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria). Comezamos co segundo período!

A partir do próximo martes día 6 de abril, disfrutaremos de pequenos bricks de leite para os recreos do alumnado por un período de 30 días consecutivos, así como dunha peza de froita para cada alumno/a durante 10 dias. Así que... organizade os almorzos dos vosos peques!Guiño

 

Programa froita e leite na escola

INVESTIGANDO SOBRE O 8M

En relación co 8M e investigando sobre mulleres importantes na historia, na materia de Inglés os nenos e nenas de 3º e 4º coñeceron a AMELIA EARHART:
Amelia Mary Earhart ​ foi unha aviadora estadounidense, célebre polas súas marcas de voo e por intentar a primeira viaxe aérea arredor do mundo sobre a línea ecuatorial.

8M - DÍA DA MULLER

O pasado 8 de marzo conmemorouse o Día da Muller.
No cole levamos xa uns días investigando sobre mulleres importantes en todos os apartados: ciencia, literatura, política, medicina... e tamén lles preguntamos cales son as mulleres máis importantes e influentes nas súas vidas.
8M "CAMIÑANDO XUNTAS"
Para rematar montamos unha exposición con zapatos e fotos de mulleres baseada na obra “Over The Continents” da artista Chiharu Shiota, na cal pretendemos resaltar o papel importante que xogan as mulleres cada día nas nosas vidas en particular e na sociedade en xeral.

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2021

O pasado venres, 29 de xaneiro, celebramos no cole o Día da Paz e da non violencia.

Fixemos unhas pulseiras ou lazos moi chulas, vimos as vídeo montaxes das pombas da paz que decoramos, escoitamos un conto ambientado no noso cole titulado “ O patio triste “ e aprendemos a canción de Magín Blanco “ Todos somos capitáns “ con LSE.
Tamén durante toda a semana fixemos xogos relacionados co tema central deste curso e do pasado: “ Os patios inclusivos “.
Se queredes ver este fermoso conto premede neste enlace:

BO DÍA DA PAZ A TODOS E TODAS!

Esta actividade estivo organizada polo equipo de Convivencia e igualdade.

PROGRAMA FROITA E LEITE NA ESCOLA

O noso cole participa no Programa de froita e leite na escola que organiza o FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria)

A partir do próximo luns día 18 de xaneiro, disfrutaremos de pequenos bricks de leite para os recreos do alumnado por un período de 30 días consecutivos, así como dunha peza de froita para cada alumno/a durante 10 dias. Así que... organizade os almorzos dos vosos peques!Guiño

Programa froita e leite na escola

CONGRESO ESCOLAR "REVITALIZA"

Como ben sabedes, levamos un tempo participando nas actividades do programa REVITALIZA, que organiza a Deputación de Pontevedra. Foito de todas esas participacións en diferentes obradoiros no centro, propuxéronnos participar no Congreso Escolar Revitaliza, que este ano tivo que ser online. Por elo viñeron a entrevistarnos ao cole e saímos e varios momentos deste vídeo, a descubrir eses momentos!!! (Dámosvos dúas pistas... no minuto 45, no 65... e nalgún máis, atoparedes algúns instantes)


 https://revitaliza.depo.gal/

VISITA DOS REIS MAGOS

Por mor da pandemia, este ano tivemos unha visita dos Reis Magos VIRTUAL, aquí vos deixamos a súa mensaxe; estámoslles moi agradecidos polo seu esforzo e entusiasmo por chegar a todos os lugares e escoitar as nosas peticións.

FELICES FESTAS

Chegamos ao derradeiro día deste trimestre... e queremos desexarvos unhas boas festas e un ano 2021 cheíño de saúde e de cousas boas para todos e todas!

Distribuir contido