Escolares
DÍA DO NENO E DA NENA
Fai un ano, os nenos e nenas ensináronnos os seus poderes extraodinarios, sendo exemplo a seguir pola súa actitude frente a pandemia.
Preguntámoslles que querían atopar detrás das súas portas aquel primeiro día que por fin puideron saír da casa... e este foi o resultado!
Ademais, os nenos e nenas de 2º fixeron uns murais moi chulos lembrando aqueles días de primavera que puideron volver a saír da casa aos parques e rúas a xogar.
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares.
SEMANA DO LIBRO 2021
Durante a semana pasada celebramos a semana do libro dun xeito moi especial, creando unha FEIRA DO LIBRO, actividade organizada polo equipo de Biblioteca.
Os nenos e nenas de todo o cole foron acudindo á Feira para trocar os seus cupóns por libros. A feira estivo amenizada cada día por mestras/es do centro cos seus instrumentos.
O fin de festa, foi o venres 23 de abril, o propio Día do libro, coa actuación de todos os músicos/as do cole en directo para todos os nenos/as do centro.
Foi unha semana moi divertida!!
SEMANA DA PRENSA
Queremos rematar este 2º trimestre amosándovos os traballos dos nosos nenos e nenas na semana da prensa onde se converteron en xornalistas.
INVESTIGANDO SOBRE O 8M
En relación co 8M e investigando sobre mulleres importantes na historia, na materia de Inglés os nenos e nenas de 3º e 4º coñeceron a AMELIA EARHART:
Amelia Mary Earhart foi unha aviadora estadounidense, célebre polas súas marcas de voo e por intentar a primeira viaxe aérea arredor do mundo sobre a línea ecuatorial.
8M - DÍA DA MULLER
O pasado 8 de marzo conmemorouse o Día da Muller.
No cole levamos xa uns días investigando sobre mulleres importantes en todos os apartados: ciencia, literatura, política, medicina... e tamén lles preguntamos cales son as mulleres máis importantes e influentes nas súas vidas.
8M "CAMIÑANDO XUNTAS"
Para rematar montamos unha exposición con zapatos e fotos de mulleres baseada na obra “Over The Continents” da artista Chiharu Shiota, na cal pretendemos resaltar o papel importante que xogan as mulleres cada día nas nosas vidas en particular e na sociedade en xeral.
DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO
O pasado 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro.
Deixámosvos un vídeo cuns marabillosos debuxos de Rosalía feitos polos nosos alumnos e a fermosa voz da nosa teacher Rochi.
CLUB DE LECTURA
Queredes saber as actividades que realizan os nenos e nenas do club de lectura do noso cole?
Esta actividade está organizada polo equipo de Biblioteca.
CONCURSO DE RELATOS
Desvelamos os gañadores e gañadoras do Concurso de relatos curtos de temática libre en galego para os maiores do cole, os alumnos e alumnas de 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria.
E os afortunados foron:
4º de Ed. Primaria:
Xián de 4ºA
Roi de 4ºB
Asier B. de 4ºA
5º de Ed. Primaria:
Diego de 5ºC
Jorge de 5ºB
Sergio de 5ºA
6º de Ed. Primaria:
Uxía de 6ºB
Anxo de 6ºC
Anahí de 6ºA
NORABOA!
Non deixedes de participar e seguide intentándoo porque haberá máis concursos!
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Dinamización da lingua galega.
CONCURSO DÍA DOS NAMORADOS
BO DÍA DO AMOR E A AMIZADE
Xa coñecemos aos gañadores e gañadoras do Concurso do día dos namorados!
Houbo moita participación e os premios estiveron moi reñidos pola gran calidade das vosas mensaxes amorosas!
FELICIDADES e grazas por ser tan creativo/as!
Coas mensaxes finalistas fíxose unha exposición moi romántica na biblioteca.
E os gañadores e gañadoras foron:
Hugo de Ed. Infantil
Elba de 1ºA
Noa de 1ºB
Iago de 3ºB
Iria de 3ºC
Lucía de 6ºB
NORABOA!
Esta actividade estivo organizada polo equipo de Biblioteca.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- 16
- seguinte ›
- última »