Inicio de Sesión

Articles

EUMEOLIMPIADAS

Este ano, como en anos anteriores, participamos nas "Eumeolimpiadas" organizadas polo Servixo de Deportes do Concello de Pontedeume. Nesta ocasión como novidade tamén participaron os rapaces do 2º ciclo.

Foi unha xornada para compartir experiencias co resto dos centros do Concello.

Aquí tedes alugunhas fotos das actividades desenvolvidas, o resto están na galería de fotos.

 
 

Xogando ao Atletismo

No Pasado mes de abril participamos nunha xornada de iniciación ao atletismo "XOGANDO ao Atletismo", Organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte en Colaboración coa Consellería de Educación, dentro do programa  "XOGADE".

Nesta Ocasión participou o Alumnado do Hacen 2 º ciclo de Primaria e compartimos esta xornada co alumnado do "CPI Conde de Fenosa" de Ares e o "Unión Mugardesa CEIP" de Mugardos.

Aquí tedes algunhas Imaxes do Evento, para velas TODAS visitade a galería de fotos, premendo no seguinte enlace GALERÍA.

 

ENTROIDO 2010

Este ano, coma en anos anteriores, temén celebramos o Entroido, nesta ocasión co tema "O CIRCO".

En primeiro lugar actuaron os nenos e nenas de Educación Infantil formando unha comparsa diferente, diverida, alegre, chea de cores, de animación e maxía. Deste xeito chega a comparsa "OS PALLASOS".

A continuación a maravillosa, a única a fantástica banda marchosa do noso CIRCO, formada polas nenas e nenos de primeiro e segundo de Primaria, acompañados pola súa mestra. Interpretarán "HABÍA UNHA VEZ UN CIRCO".

Continuamos coa actuación do alumnado do 2º Ciclo de Primaria, que forman a comparsa "OS SALTIMBANQUIS". Como as cordas, barras, trapecios e outros exercicios circenses están moi vistos, eles preséntanse bailando para nós unha bonita danza: "A DANZA DOS ACROBÁTICOS".

Chegan para rematar este espectáculo circense os artístas do 3º Ciclo de Primaria. Variedade, señoras e señores, maxia, malabarismos, e moitas cousas máis para animarnos nesta festa.

DÍA DA PAZ 2010

Este ano, como en cursos anteriores, o 30 de xaneiro, día da morte de Gandhi, celebramos o "día da PAZ". Nesta ocasión completamos entre todos os cursos un quebracabezas dunha replica do cadro do pintor galego "Leandro Lamas", titulado: "A escola dos sentimentos". A súa vez todos os cursos trasmitíronnos os seus sentimentos de paz, lendo frases e poemas de creacción propia.Rematamos cantando e bailando a canción "Amigos del corazón".

Aquí podedes ver unha reportaxe fotográfica. Os vídeos os podedes ver  na páxina principal e o resto de fotos na galeria ou premendo no seguinte enlace: DÍA DA PAZ

NADAL 2009

Este ano no Nadal o alumnado de Andrade escenificou "Os contos van a Belén".

A obra teatral foi realizada en verso, onde os máis pequenos escenificaron as figuras de Belén (pastores, anxos, reis, María, Xosé, o Neno e alugúns dos oficios galegos como lavandeiras, carpinteiros, labregos,...).

Os demaís nenos escenificaron os distintos cursos populares que ían a Belén a presentar os seus agasallos e a cantarlle ao Neno: A ratiña presumida, O rato Pérez, Bartolo e a frauta, O xastreciño valente, O Lobo e os tres porquiños, O parrulo feo, Gansel e Gretel, Pinocho, O lobo e os 7 cabritiños, A formiga negra, Alibabá e os 40 ladróns, a leiteira, o soldadiño de chumbo, o botón e o leirón, o gato con botas, os cinco lobiños, debaixo dun botón,....

Podedes ver os videos na páxina principal e as fotos na galería ou premendo neste enlace: fotos

Deporte en Idade Escolar

DEPORTE EN IDADE ESCOLAR 2º CICLO.

Seguindo co programa XOGADE, o pasado 21 de decembro de 2009 o alumnado do 2º ciclo de primaria commezou a súa participación, neste caso co CEIP Santiago Apostolo de Franza. A continuación tedes algunhas fotos da xornada.

Para ver o resto de fotos premede no seguinte enlace: FOTOS

 

DEPORTE EN IDADE ESCOLAR

Deporte en Idade Escolar.

Un ano máis comezamos no primeiro trimestre  do curso a nosa participación no programa "XOGADE" (Deporte en Idade escolar), organizado pola Secrataría Xeral para o Deporte en colaboración coa Consellería de Educación.

Como en anos anteriores participamos co alumnado do 2º e do 3º  ciclo de primaria, competindo co "CPI Conde de Fenosa "de Ares o "CEIP Santiago Apóstolo" de Franza e o "CEIP Unión Mugardesa" de Mugardos.

O alumnado participará nos seguintes deportes: Futbol-sala, baloncesto, balonmán e boleivol.

A idea destas xornadas non é tanto competitiva coma de relación e de intercambio de experiencias cos centros do noso entorno.

Aquí tedes algunhas imaxes da primeira xornada en Mugardos, onde o noso alumnado de 5º de primaria se enfrentou aos nenos do CEIP Santiago Apostolo de Franza.

O resto das imaxes as podedes ver na nosa galería ou premendo no seguinte enlace: FOTOS

2ª FESTA DE EXALTACIÓN DA FROITA AUTÓCTONA

O pasado venres 30 de outubro no colexio celebramos a "FESTA DE EXALTACIÓN DA FROITA DE OUTONO", en colaboración coa AGFA (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume)

 

ACTIVIDADES:
 
10:15.- Benvida á festa.
10:30.- Presentación da exposición de froita en concurso.
10:45.- Actuacións dos nenos/as, temas relacionados coa froita: pareados, cancións,
debuxos...
11:30.- Xogos tradicionais, charla e demostración.
12:15.- Entrega de premios do concurso de redacción e debuxo coa lectura
das redaccións gañadoras.
12:45.- Concurso de froita de outono – entrega de premios:
Un premio á mellor variedade en perigo de extinción .
Outro premio á mellor variedade.
13:15.- Degustación de froita ó natural e cociñada preparada polo alumnado de 6º curso de Primaria e por representantes de
AGFA , coa colaboración das familias.

Nadal 08

O NADAL NO MUNDO

BENVIDOS NENAS E NENOS,..... MOZAS E MOZOS,.... SEÑORAS E SEÑORES A...... NOSA FESTA !!!

Unha vez mais xuntámonos por estas datas para celebrar a fesgt do Nadal.

Este ano queremos retransmitir en directo, para todos vostedes, dende "Radio Televisión de Andrade", aos presonaxes mais populares que nestas datas nos visitan en todo o mundo.

Para iso, mandamos aos nosos reporteiros e reporteiras aos distintos paises para poder entrevistalos.

Como xa sabedes a festa do NADAL que celebramos aquí, non é igual noutros lugares.

Debemos ser tolerantes con outras culturas, costumes e creenzas distintas as nosas.

Por todo isto imos traerlles outras culturas, e outros personaxes que non nos son tan familiares. Con todos vostedes

¡¡¡¡O NADAL NO MUNDO!!!!

A continuación podedes ver os videos das actuacións.

 

VIDEOS

 INFANTIL 1º CICLO 
   
 3º CICLO   
   

Nadal infantil

O NADAL DE INFANTIL

Comezamos cos mais pequrrechiños. os de Infantil, e co que nos é mais coñecido e familiar: "O Belén", coa mula e o boi dando calor ao neno Xesús, que está cos seus pais María e Xosé, acompañados polos Anxeliños, pastores e como non os nosos maravillosos Reis Magos, Melchar, Gaspar e Baltasar, que todos esperamos con ilusión o día 6 de xaneiro.

O Nadal na nosa terra que vai ser representado polo alumnado de Educación Infantil.