Inicio de Sesión

2ª FESTA DE EXALTACIÓN DA FROITA AUTÓCTONA

O pasado venres 30 de outubro no colexio celebramos a "FESTA DE EXALTACIÓN DA FROITA DE OUTONO", en colaboración coa AGFA (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume)

 

ACTIVIDADES:
 
10:15.- Benvida á festa.
10:30.- Presentación da exposición de froita en concurso.
10:45.- Actuacións dos nenos/as, temas relacionados coa froita: pareados, cancións,
debuxos...
11:30.- Xogos tradicionais, charla e demostración.
12:15.- Entrega de premios do concurso de redacción e debuxo coa lectura
das redaccións gañadoras.
12:45.- Concurso de froita de outono – entrega de premios:
Un premio á mellor variedade en perigo de extinción .
Outro premio á mellor variedade.
13:15.- Degustación de froita ó natural e cociñada preparada polo alumnado de 6º curso de Primaria e por representantes de
AGFA , coa colaboración das familias.