Inicio de Sesión

Articles

Felicitacións de Nadal

O Nadal xa está aquí.

Dende o CEIP Plurilingüe de Andrade, queremos felicitar a toda a comunidade educativa estas festas, cunha presentación feita polo alumnado de 6º de Primaria. Esperamos que vos guste.

NADAL 2011

Este ano como en anos anteriores celebramos o Nadal cun festival onde participou todo o alumnado do centro. Trátase dunha obra de teatro con 125 actores.

Deíxovos cunha presentación fotográfica. Atoparedes o resto das fotos na GALERÍA

 

Nadal 2011 - presentacion imagenes

Samaín 2011

 

Este ano celebramos o samaín, o día da festa da froita.

Aquí tedes algunhas fotos, o resto podedelo atopar na GALERÍA.

4ª Festa da Froita: Magosto

Bos días, aquí estamos de novo coa 4ª festa da Froita autóctona o "magosto", festa que como todos sabedes organizamos en colaboración coa AGFA (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume).

O programa desta 4ª festa foi o seguinte:

  • Celebración da carreira solidaria "Kilómetros de solidaridad". Este ano queremos ser máis solidarios que nunca, pois participamos na carreira solidaria "Kilómetros de solidaridad" en colaboración coa ONG "Save The Children", cunha participación de máis de 80 nenos, acadando unha recaudación de 365 €, que será destinada a axuda dos nenos do Congo. Grazas a todos os participantes, organizadores e sobretodo aos patrocinadores dos corredores.
  • Desfile dos cociñeiros do cole que nos presentan o seguinte menú:
    • Mouse de mazá con tona acompañada de froitas do eume.
    • Mazás confitadas con arrecendo de canela.
    • Tarta de mazá repinaldo con tres en cunca.
    • Filloa rechea de mazá con sirope de chocolate.
    • Empanada de mazá sobre base de milfolllas.
    • Tarta de pasta orly con rechea de crema con compota de mazá.
  • Benvida.
  • Entrega de premios ao 3º concurso de froita.
  • Entrega de diplomas aos participantes no concurso de debuxo e redacción.
  • Lectura dun fragmento do libro "Dende o corazón da mazá" de Xoan Farias.
  • Actuacións do alumnado: os nenos de infantil cantaron a canción "Puré de castañas".
  • Refráns de outono por parte do alumnado de 2º de primaria.
  • Canción do rap da froita.
  • Celebración do samaín.
  • Degustación.

Aquí podedes ver algunhas fotos da xornada, como sempre tedes todas as fotos na GALERÍA, e os vídeos no seguinte enlace: VÍDEOS

Grazas a todos pola vosa colaboración e apoio e ata o ano que ven.

 

Semana da Letras Galegas 2011. Lois Pereiro

Este ano adicamos o día das letras Galegas ao autor Lois Pereiro.

En primeiro lugar realizamos un traballo colaborativo, entre todo o alumnado do centro, titulado "Que é Galicia", poema recollido no libro "Poemas 1981 - 1991".

Primeiro día: todo o alumnado foi presentando a súa parte do traballo sobre Lois Pereiro:

  • Infantil: "pingas de auga". Traballo sobre a auga
  • Primeiro: F de fogar P de Patría.
  • Segundo: M de misterio e V de verde.
  • Terceiro: Os vellos e as árbores da fraga.
  • Cuarto: as festas de Galicia.
  • Quinto: a emigración.
  • Sexto: O rural.

Para rematar o día cantamos entre todos o Hinmo galego.

Segundo día:festa e folclore galego.

  • O alumnado de Infantil bailou a Rianxeira.
  • Despois xogamos as adiviñas municais. O alumnado de 6º, 5º e 4º tocou unhas cancións tradicionais que o resto tentaou de adiviñar.
  • O alumnado de Quinto deleitounos cun rap "Galicia Calidade".

Terceiro día:

  • En primeiro lugar "RAIOTECA" deixa unha menxase para os/as lectores/as de Andrade.
  • A continuación realizamos o proxecto "salvando libros". Andrade decidiu salvar o libro "Soños de Andel" de Susana Lamela, que da nome a nosa biblioteca. Cada alumno memoriza unha parte do libro ata completar o libro entre todos.
  • Rematamos coa lectura da menxase enviada por Mariné, autora que estivo no centro presentando o seu libro "Un soño na bandexa".

Deixámosvos cunhas fotos das xornadas, coma sempre o resto o podedes atopar na Galería, asi mesmo podedes ver os vídeos das actuacións.

 

Eumeolimpiadas 2011

Este curso continuamos a nosa colaboración cos servizos deportivos do Concello. De novo participamos neste nova edición das "Eumeolimpiadas". Trátase de xornadas deportivas colaborativas, de convivencia e non meramente competitivas, pois as equipas están formadas por nenos e nenas dos catro centros participantes.

As actividades deste anos son as seguintes:

Actividades colectivas:

  • 3º de primaria: balonmán torre.
  • 4º de primaria: fútbol.
  • 5º de primaria: balonmán.
  • 6º de priamria: baloncesto.

Actividades individuais:

  • Circuito de habilidade.
  • Lanzamento de pelota.
  • pentasalto.
  • Carreira de relevos.

Macroaerobic

Deixámosvos cunhas imaxes das actividades. coma sempre tedes o resto das imaxes na Galería e un pequeno vídeo co macroaerobic.

 

 

Xogando ao atletismo

Xogando ao atletismo

Ao igual que o ano pasado, este curso tamén participamos na xornada "Xogando ao Atletismo" organizada pola Secretaría para o Deporte en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, dentro do programa "Xogade".

Nesta ocasión participaron os alumnos do 2º ciclo e 5º de primaria.

Deíxovos algunhas fotos da xornada, coma sempre o resto podédelas atopar na Galería.

 

XOGADE: Deporte en Idade Escolar

Otro ano máis participamos no Programa de "XOGADE: Deporte en idade escolar", organizado pola "Secretaría par o Deporte" en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

De novo participamos conxuntamente cos centros: CEIP Unión Mugardesa (Mugardos), CEIP Santiago Apostol (Franza, Mugardos) e CPI Conde de Fenosa (Ares).

Trátase de xornadas deportivas non competitivas onde o obxectivo fundamental e a convivencia e a participación de todos co fin último a diversión a través do xogo.

Como sempre podedes atopar as fotos das xornadas na Galería.

Deixámosvos cuhnas imaxes das xornadas.

 

Maios 2011

Este ano, como en anos anteriores, celebramos os Maios, como xa sabedes "OS MAIOS" significan na súa orixe o triunfo e a chegada da Primaveira. É un rito Celta para asegurar as boas colleitas. Este ano recuperamos a figura do "NENO MAIO", cubrindo con follas a un neno do centro.

Como non podía ser doutro xeito tamén fixemos maios, nesta ocasión dous, os mais pequenos (infantil e primeiro ciclo) fixeron un palleiro. os maiores (segundo e terceiro ciclo) fixeron os arcos. Con este maio os nenos de 5º e 6º participaron no concurso organizado polo Concello.

damos as grazas a todos as familias que aportaron frores e demais materiais para a construcción dos maios, e por suposto a nosa compañeira Nieves G, que acudiu a axudarnos.

A continuación podedes ver algunhas fotos, o resto podedes velo  na GALERÍA.

Clicando no enlace podedes ver o VIDEO do desfile.

Grazas e ata o ano que ven.

 

Xogos tradicionais. A Capela

Este ano todo o alumnado de primaria participou en dous xornadas de xogos tradicionais organizadas polo CEIP Mosteiro de Caaveiro en A Capela.

Nestas xornadas o noso alumnado, guiado polos nenos de A Capela, prcticaron e aprenderon diferentes xogos tradicionais como: as chapas, as mariolas, a corda, o peón, a zorregada co cinto, os zancos,...

Foron unhas xornadas tremendamente produtivas e esperemos repetilas o ano que ven.

Grazas a Xabier, profe de Ed. física da Capela, e a todo o claustro e alumnos dese maravilloso centro.

Podedes ver as fotos das xornadas na galería, tamén tedes a vosa disposición un par de vídeos.