Inicio de Sesión

Articles

Maios 2013

Este ano de novo celebramos os maios no centro. Nesta ocasión elaboramos entre todo o alumnado do centro unha alfombra floral, basada nunha ilustración de María Lires do libro "Bechos pequerrechos".

Rematamos a festa con cantigas típicas e nesta ocasión tivemos unha paarticipación especial, xa que a nosa compañeira Matilde acompañou as cantigas coa gaita. Felicidades.

Tedes as fotos na GALERÍA e tamén os VÍDEOS.

Dixámosvos cunha pequena presentación da xornada.

 

Día do libro 2013

Este ano, como en anos anateriores celebramos o día do libro, como culminación a abril, mes do libro, ao longo do cal tivemos unha serie de actividades como:

  • Exposición de libros de poesía.
  • Exposición de fotopoemas.
  • Exposición de cadros basados na obra de María Lires e realizados polo noso alumnado.
  • Mercadillo de libros e poesía.
  • Exposición de libros mais lidos.
  • Pases ao liberespazo.
  • Visita da Ilustradora María Lires.

O venres 26 de abril, en primeiro lugar, comezamos cunha prescrición médica moi lectora. "Para un  hábito saudable: lecturas PROTEC".

Continuamos con "Din Don; Din Don, adiviña quen son", onde o alumnado do 3º ciclo propuña adiviñas que o resto do alumnado tiva que resolver.

Seguimos coa entrega dos agasallos. En primeiro lugar coa entrega aos gañadores do concurso de "Fotopoemas". De seguido entregouse o agasallo aos mellores lectores. Rematamos a entrega de agasallos, agradecendo aos colaboradores da biblioteca a súa axuda.

Rematamos a celebración cantando unha canción sobre os libros: "Poema".

Coma sempre tedes as fotos da xornada na GALERÍA. Tamén podedes ver os VÍDEOS.

Deixámosvos cunha pequena presentación. Felices lecturas.

 

Visita de María Lires, Ilustradora

O xoves 25 de abril, recibimos a visita de María Lires. Xa sabedes que é a ilustradora do libro que lle da nome á nosa biblioteca: "Soños de andel", pero tamén de moitos outros libros de literatura infantil e xuvenil, cos que estivemos traballando na área de Ed. Artística. Aquí tedes un enlace á listaxe deses libros:
Libros María Lires.

En primeiro lugar, xuntámonos no Recanto dos Contos e despois de que os alumnos e alumnas do terceiro ciclo  fixeran a presentación, quixemos agasallar a María coa representación do seu libro: "Bechos Pequerrechos".  Participaron moitas nenas e nenos de diferentes cursos, e ademáis elaboramos uns monicreques, que cobraban vida, movidos polo alumnado de 4º curso. Foi moi divertido, e pasámolo moi ben.
Despois, as alumnas e alumnos de 6º curso, fixéronlle unha entrevista con preguntas moi interesantes.
Para rematar, cantamos dúas cancións, unha adicada aos bechos pequerrechos: "Estes son bichiños con algo especial" e outra adicada á nosa amiga María: "María e a poesía".
Este acto serviunos de colofón para o remate da segunda parte do proxecto AS CORES DE GALICIA, adicado este segundo trimestre ás ilustradoras galegas, e en especial a María Lires.

Tedes as fotos da xornada na GALERÍA. Tamén podedes ver os VÍDEOS das actuacións.

MOITAS GRAZAS, MARÍA, e ata sempre.

 

Eumeolimpiadas 2013

Este ano, ao igual que en anos anteriores, participamos nas "Eumeolimpiadas" organizadas polo Concello de Pontedeume. Este ano participa o alumnado do 2º ciclo e do 3º ciclo de primaria. Nesta ocasión participamos en deportes colectivos: balón torre (terceiro), fútbol (cuarto), balonmán (quinto) e baloncesto (sexto), carreira de relevos e deportes individuales: lanzamentos de balón, pentasalto e circuito de habilidade.

Tedes as fotos da xornada na GALERÍA.

Deixámosvos cuns pases de diapositivas.

 

Ilustrador Pablo Otero

O pasado xoves 11 de abril, dentro das actividades programadas para o mes do libro, recibimos a visita do ilustrador "Pablo Otero". que inpartíu un obradoiro sobre ideogramas e caligramas.

Tedes todas as imaxes na GALERÍA.

Deixámosvos cunha pequena mostra. Ata pronto.

Día mundial da poesía

Hoxe 21 de marzo celebramos no cole "o día da poesía". En primeiro lugar os alumnos de 6º explicáronnos como disfrutar da poesía.

Despois Andres, Yago, Artur, Martín, David,Lucía, Iria, María e Inés, recitáronnos un libro que deixou RAIOTECA: " O rato Frederick".

Rematamos cunha proposta: Na entrada do centro están expostas unha serie de poesías, cada neno, voluntariamente, escolle unha e ten que traer unha imaxe alusiva a esa poesía. Haberá agasallos para todos os participantes. Ánimo poetas e poetisas.

Coma sempre tedes as fotos da xornada na GALERÍA. Tamén podedes ver o video.

Deixámosvos cunha pequena mostra da xornada.

Día internacional da muller traballadora

Dende o xoves, dia 7 de marzo, iniciamos no colexio a exposición oral dos traballos que todo o alumnado do centro realizou con motivo da celebración do "Día Internacional da Muller".

Co título As mulleres que nos rodean, cada un de nós, incluidos os mestres,  trouxemos unha foto dunha muller moi especial nas nosas vidas, e escribimos un texto breve ou pé de foto. Despois xuntámonos no Recanto dos Contos para presentar os nosos traballos.

Tedes os vídeos e as fotos nas respectivas galerías.

Aquí tedes unha mostra:

Día de Rosalía 2013

Este ano para celebrar o día de Rosalía, participamos nas Lecturas Colectivas de "Cantares Gallegos", organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega" (AELG). O poema escollido foi "Vinte unha crara noite".

Posteriormente o venres 22 de febreiro o alumnado de 6º realizou a lectura dunha presentación coa vida e obra de Rosalía de Castro, a continuación os alumnos contestaron unhas preguntas sobre a citada presentación. Despois disto visionamos o vídeo que grabamos para participar nas Lecturas Colectivas. Rematamos cun rap sobre o poema "vinte unha crara noite" de Cantares Gallegos.

Os nosos parabéns a todo o alumnado e profesorado participante.

Tedes as fotos da xornada na galería.

A continuación podedes visionar os vídeos.

Entroido 2013

O pasado venres 8 de febreiro, no CEIP Plurilingüe de Andrade, celebramos o festival do "Entroido", aínda que as celebracións comezaron o luns cos mandatos do meco. Este ano, o alumnado e profesorado, tiveron que traer distintos complementos. O luns "Mañá casan os paxariños e o luns traeredes uns ovos nos seus niños". O martes "nin te cases nin te embarques: algo traerás para poder salvarte". O mércores "xa estamos chegando a metade da semana: traede o que vos dea gaña" e o xoves "chegados ao xoves: traede un paraugas por se chove".

Chegou o venres e a pesares da choiva celebramos o noso festival. Este ano a temática eran "AS PELÍCULAS". Comezamos con infanrtil "SOMOS PIRATAS", seguimos co primeiro ciclo " OS CABRITIÑOS E OS LOBOS", os do segundo ciclo representaron e bailaron con "ALADIN" e rematamos cos do terceiro ciclo e a súa magnífica interpretación de "GRESSE".

Rematamos a xornada coa degustación de postres típicos da época aportados polas familias. Grazas a todos pola vosa colaboración.

O culmén da festa de entroido tivo lugar o venres 15 de febreiro co enterro dos mecos.

Coma sempre podedes atopara as fotos das celebracións na GALERÍA. 

Do mesmo xeito podedes visionar os VÍDEOS.

Deixámosvos cun pase de diapositivas dalgunhas das imaxes da celebración.

Día da Paz 2013

Hoxe, 30 de xaneiro, para conmemorar a morte de GANDHI, no CEIP Plurilingüe de andrade, celebramos o día da PAZ.

Nesta ocasión baixo o lema: "APERTAS DE PAZ". Todos os cursos elaboraron debuxos (os mais pequenos), e textos que comezaban pola frase "UNHA APERTA DE PAZ PARA.....", onde expresaron os seus desexos de paz. Estes traballos están expostos na entrada do centro.

A nosa doutora particular, María, prescribiunos unha receita para a paz, se queredes saber en que consiste teredes que visionar o vídeo da actuación.

Posteriormente visionamos dous vídeos sobre "ABRAZOS", que podedes ver a continuación.

Deixámosvos coma sempre cun pase de diapositivas da xornada. O resto das fotos as podedes atopar na GALERÍA. Para ver o vídeo facede clic no seguinte enlace: VÍDEO.

Tamén podedes ver a reportaxe que fixo a TVG da nosa celebración. A parte onde saen os actos feitos no centro comeza no minuto 40 aproximadamente. GRAZAS

 

 

 

 

 

A orixe das APERTAS
View more presentations or Upload your own.