Inicio de Sesión

Articles

Fin de curso 2011-2012

O vindeiro 21 de xuño celebramos a festa de fin de curso.

  • Comezamos cun pase de diapositivas onde repasamos a traxectoria do alumnado de sexto polo colexio.
  • Graduación dos nenos/as de 6º de infantil.
  • Graduación dos maiores do cole, os de sexto de primaria.
  • Entrega de agasallos aos colaboradores da biblioteca.
  • O alumnado de infantil deleiton¡unos coa canción "Ay si eu che pego".
  • Posteriormente cantamos "O rap de Andrade".
  • Rematamos cantando e bailando "Danza kuduru".

Deixámosvos cunhs imaxes da celebración, como sempre tedes o resto de fotos na GALERÍA e tamén podedes ver o VÍDEO.

FELIZ VERÁN.

 

Fin de curso 2011-2012 on PhotoPeach

Concierto didáctico "Romeo y Julieta"

O pasado venres 25 de maio, todo o alumnado do CEIP Plurilingüe de andrade, asistíu a un concierto didáctico no Palacio da Opera de A Coruña. A obra representada nesta ocasión, foi "ROMEO Y JULIETA".

Tedes as fotos da actividad na GALERÍA de fotos.

Deixámosvos cun pequeno pase de diapositivas.

 

 

Maios 2012

Este ano, como en anos pasados, no CEIP Plurilingüe de Andrade, celebramos os MAIOS. Como todos sabedes cos maios celebramos a chegada da primaveira.

Nesta ocasión elaboramos un maio chamado "O castelo de Andrade", co que participamos no certamen de maios organizado polo Concello en onde acadamos o 2º premio.

Este maio ia acompañado dunha cantiga que acadou o 1º premio no certame anteriormente citado.

Dende aquí os nosos parabéns para todos os participantes.

Posteriormente celebramos no centro os maios con cantigas e un pequno desfile.

Coma sempre tedes a vosa disposición as fotos e vídeos da xornada, podedes acceder dende as Galerías ou dende os seguintes enlaces:  FOTOS   VIDEOS.

Deixámosvos cunha pequena reportaxe

 

Teatro en inglés

Para  mais información clica no enlace:

" The Shoemaker and the Elves"

The three billy goats

As alumnas e alumnos de 3º curso de Primaria fixeron unha representación de teatro de sombras dunha obra en inglés titulada: "The Three Billy Goats". Tivemos uns invitados moi especiais, os nenos e nenas do 3º curso de primaria do CEIP Couceiro Freixomil, eles tamén representaran para nós no seu colexio unha obra titulada: " The Shoemaker and the Elves".

Ao remate da representación, a nosa auxiliar de conversa, Amy, fixo unha presentación contándonos moitas cousas interesantes do seu país, the USA, e en concreto do lugar onde ela vive: Tenessee. Ademáis agasallounos cunhas galletas típicas americanas, elaboradas por ela mesma, con crema de cacahuete e chocolate. Moitas grazas Amy. Botarémoste moito de menos. Boa viaxe !!! 

Tamén queremos desde aquí darlles os parabéns a todos eses fantásticos actores e actrices.
Ata a próxima.

Tedes a vosa disposición o vídeo e as fotos nos seguintes enlaces: FOTOS     VÍDEOS

The Three Billy Goats on PhotoPeach

Letras galegas 2012

Este ano celebramos o día das Letras Galegas segundo o seguinte programa:

Luns 14 de maio

Obradoiro de marquetería coa exposición e explicación do seu funcionamento de dúas maquetas: un muiño de auga e unha pequena central electríca.

Mércores 16 de Maio

Coma todos os anos, neste tamén a  Unidade Veciñal "OLMO", convidounos a asistir a unha mostra artesanal. Este ano convocaron o I certamen de debuxo e redacción, baixo o título "o meu pobo". Tamara e Icia levaron dous primeiros premios no concurso de redacción e Ángel no de debuxo. Parabens!!!

Venres 18 de maio

Obradoiro de cestería: Cristina axudada polo alumnado de 4º e a súa mestra, ensinaron ao resto do cole a facer cestos con mimbres.

Homenaxe a Valentín Paz Andrade a quen se lle adicaba este ano o día das letras galegas.

Ás 13 horas presentación do traballo colavorativo sobre a súa vida e obra. Cada curso elaborou un cartel cunha etapa da súa vida e da sús obra. Este traballo está exposto na entrada do centro.

Canto e danza mariñeira (6ª de primaria).

Cancións do mar.

Lectua das redaccións gañadoras no centamen do Olmo.

Rematamos co Himno Galego.

Na entrada temos unha exposición dos libros xigantes elaborados polo alumnado do centro de diferentes autores aos que se lles adicou o día das letras galegas.

Tedes as fotos e os vídeos nos seguintes enlaces:  FOTOS    VIDEOS.

Deíxovos cunha pequena reportaxe das celebracións.

   
 
 

Eumeolimpiadas 2012

Este ano, como nos últimos anos, o CEIP Plurilingüe de Andrade participou nas EUMEOLIMPIADAS 2012, organizadas polo Servizo de Deportes do Concello de Pontedeume. Como todos sabedes, trátase dunhas xornadas deportivas co fin de mellorar a colaboración e a convivencia entre os distintos colexios do Concello. Non son xornadas meramente competitivas, pois os equipos están mesturados por colexios.

A continuación podedes ver algunhas fotos das xornadas, o resto de fotos as tedes na GALERIA.

Día do libro 2012

Este ano celebramos o día do libro mediante un xogo: "Din don, din don, adiviña quen son". Uns nenos/as daban pistas sobre un libro e o resto tiña que adiviñar de que libro se trataba. Tamén entregamos o diploma ao mellor lector do trimestre e un pequeno recoñecemento aos encargados da biblioteca.

Coma sempre tedes as fotos da xornada na GALERÍA, e os vídeos no seguinte enlace: VIDEOS.

Xogos tradicionais. 2ª xornada

O pasado venres 30 de marzo, realizamos a 2ª xornada de xogos tradicionais. Nesta ocasión os xogos foron os seguintes:

  • Brilé.
  • A corda.
  • O pano.
  • O baile da escoba.
  • As tabas.
  • As chapas.
  • Os zancos.
  • A mariola.
  • As bolas.
  • A zorregada co cinto.
  • Carreira de sacos.

Nesta ocasión fixemos 11 grupos de nenos, mesturados por ciclos, que foron rotando por todos os xogos.

Grazas a todos os/as colaboradores, pais, nais, mestras, conserxe, que fixeron que a xornada fose un éxito. Esperamos contar coa vosa colaboración en vindeiras xornadas.

Deíxovos cunha presentación de fotos da xornada. Como sempre podedes ver as fotos  e os vídeos da xornada.

Bautizo de mar

O pasado nércores 28 de marzo o alumnado do 1º e 2º ciclo de primaria, realizou unha saída ao ARSENAL de Ferrol, para realizar un "BAUTIZO DE MAR".

En primeiro lugar deron un paseo pola ría de Ferrol, ata os castelos de San Felipe e a Palma. Posteriormente, despois tomar un pequeno bocado, visitaron o "Museo Naval".

Resultou unha visita moi interesante e instructiva, que esperamos repetir nalgún outro momento.

Tedes as fotos da xornada na GALERIA.

Deíxovos cun pase de diapositivas.