Inicio de Sesión

Articles

Nadal 2012

O pasado 21 de decembro, celebramos no Cole o festival de Nadal, nesta ocasión realizamos as seguintes actividades:

  • Educación Infantil representou a obra "Soño de Nadal" e cantaron "A las doce de la noche".
  • Os de Primeiro de Primaria disfrazados de letras realizaron varios intentos ata chegar a formar as palabras "Paz e Amor"
  •  Segundo de primaria representou a obra "Cardito Caracol".
  • Os de 2º ciclo de Primaria cantaron varias panxoliñas: "Cántolle aos Reis"(recollida por Xurxo), despois cantaron en inglés "Rudolph the red nose reindeer", o alumnado de relixión cantou "Es hora de cambiar", os de terceiro cantaron unha canción argelina e remataron cunha panxoliña recollida por María "Panxoliña de Andrade".
  • O alumnado do 3º ciclo escenificou a obra "Menuda noite de Reis" e remataron con "Jingle Bells Rock". 

Deixámosvos cunha pequena presentación de fotos da xornada. Como sempre podedes atopar o resto das fotgrafías na GALERÍA. Tamén tedes a vosa disposición os VÍDEOS.

 

Bibliotómbola de Nadal 2012

Aquí tedes os vídeos da celebración da "BIBLIOTÓMBOLA DE NADAL".

Nadal 2012

O alumnado  de cuarto de primaria ensaia as actuacións de Nadal.

Aquí tedes os vídeos das actuacións.

 

Recitando a Celso Emilio Ferreiro

O pasado día 12 do 12 do 2012, xuntámonos todos no salón de actos para conmemorar o centenario do nacemento de "Celso Emilio Ferreiro". Por ciclos, todo o alumnado do cole recitou o poema "DEITADO FRENTE AO MAR".

Como sempre tedes as fotos da xornada na GALERÍA. Tamén podedes ver o VÍDEO. 

Deixámosvos cunha presentación de fotos da celebración.

 

25N: Día mundial contra a violencia de xénero

O 25 N, celébrase en todo o mundo o día contra a vilencia de xénero. Violencia que supón unha violación dos dereitos fundamentais e que por desgracia estase a repetir con demasiada frecuencia.

No noso centro, para tentar concienciar aos mais pequenos deste grave problema, o alumnado representou, nunha obra de teatro, o libro titulado "O libro dos porcos".

Tedes as imaxes da celebración na GALERÍA. Así mesmo podedes ver o vídeo no seguinte enlace: VÍDEO.

Deixámosvos cunha pequena presentación da actuación.

Visita de Leandro Lamas

O pasado venres 23 de novembro recibimos a visita do xenial pintor "LEANDRO LAMAS".

Para agradecer a visita de Leandro en primeiro lugar varios alumnos do centro recitaron o poema sobre Leandro Lamas que escribió "Sechu Sende".

Posteriormente, Leandro nunha entrevista levada a cabo polo alumnado do centro, respondeu as preguntas sobre a súa vida e obra.

Rematamos cun debuxo representando ao "APALPADOR" que Leandro realizou para o cole. Foi un auténtico pracer ver traballar a un pintor da talla de Leandro.

No blog da biblioteca tedes mais información sobre esta xornada: LEANDRO

Grazas Leandro, a partir de agora formas parte deste centro para sempre.

Ata sempre.

Tedes as fotos da xornada na GALERÍA e os vídeos no seguinte enlace: VÍDEOS.

Deixámosvos cunha pequena presentación da visita.

Leandro Lamas on PhotoPeach

Samain 2013

O pasado 31 de marzo, celebramos o SAMAIN, festa de orixe celta cunha gran tradición na nosa zona.

En primeiro lugar o alumnado de infantil recitáronnos unas "poesías de medo".

Despois nenos de primeiro, segundo terceiro e cuarto interpretaron "contos de samain".

O alumnado de 5º curso de primaria interpretaron a obra de teatro "A figueira de Pelostortos".

Rematamos coa canción "Xa chega o samain".

Que meeeeedo.

Esperámosvos o vindeiro ano.

Deixámosvos cunha mostra da xornada, tedes o rsto das fotos na GALERÍA. Tamén tedes os videos no seguinte enlace: VIDEOS.

5ª Festa da Froita Autóctona

 

5ª FESTA DA FROITA AUTOCTONA

 

O pasado mércores 31 de outubro, celebramos no CEIP Plurilingüe de Andrade a 5ª Festa da Froita Autóctona "O magosto".

  • En 1º lugar e trala presentación por parte do alumnado de 6º de primaria, o noso director deunos a benvida a todos os asistentes.
  • Posteriormente cantamos a canción "As froitas".
  • A continuación o alumnado de 1º de primaria propúsonos unhas "adiviñas de outono", os de 2º interpretaron o "rap da froita", 3º e 4º leeron as súas redaccións e os seus acrósticos, 5º e 6º leron unha selección dos seus traballos sobre a froita.
  • O alumnado de sexto (os cociñeiros do cole), presentáronnos o menú degustación elaborado por eles coa axuda das mestras.
  • Todos xuntos cantamos a canción "Ricas froitas".
  • Rematamos coa entrega de preimos:
    • Diplomas aos participantes no certamen de poesia e redaccións. Diplomas entregados polo Xefe Territorial de Educación, D. Indalecio Cabana.
    • Entrega de premios ao concurso de cabazas: Para a mais divertida, a mais fantástica e mais terrorífica.
    • Entrega de premios do concurso de froita autóctona de outono, otorgados pola AGFA (Asociación Galega da Froita Autóctona), para a variedade mais antiga, a variedade en perigo de estinción e a mellor variedade e composición.
  • Pra finalizar este día de festa degustamos os pratos elaborados polo alumnado do 3º ciclo de primaria e as aportacións das familias.

 

Esperamos que vos gostase e moitas a grazas a todos.

Esperámosvos o vindeiro ano.

Deixámosvos cunhas fotos da xornada, coma sempre tedes o resto na GALERÍA. Tamén podedes ver os vídeos no seguinte enlace: VIDEOS.

EXCURSIÓN FINAL DE CURSO OURENSE-OUTOARIZ

Este curso, na excursión de fin de curso, fomos a visitar a cidade de Ourense e as termas de Outariz.

En primeiro lugar fixemos un percorrido pola cidade. Os de Infantil  no tren turístico ata Outariz. Os de primaria visitaron  a cidade vella, a praza maior, a catedral, o belén de Baltar,...

A comida tivo lugar nas temas de outariz onde os nenos tiveron a oprtunidade de tomar un baño nas pozas de auga temal.

Unha xornada moi interesante.

Deixámosvos cunha mostra das imaxes da xornada, como sempre tedes todas as fotos na GALERIA.

Piragüismo 2012

Esta ano, como en anos anteriores, participamos nas xornadas de iniciación ao piragüismo, organizadas polo Concello de Pontedeume en colaboración co Clube de piragüismo FIRRETE. Nesta ocasión, despois dun breve quescemento e explicación teórica, fixemos un roteiro pola ría de Pontedeume, con xogos de orientación e colaborativos. Foi unha xornada estupenda é pasámolo moi ben.

Tedes as fotos na GALERÍA.

Deixámosvos cunha pequena reportaxe da xornada.