Inicio de Sesión

Articles

Visita ao Castelo de Andrade

Este ano estamos a realizar as actividades do centro en torno ao tema "A Idade Media, e por ese motivo realizamos a visita ao Castelo de Andrade. Durante a visita contamos coa colaboración dos responsables do Concello de Pontedeume que explicaron ao alumnado a historia do Castelo e a axuda do persoal de protección civil.

A continuación tedes unhas imaxes da visita, coma sempre tedes todas as imaxes na GALERÍA.

6ª Festa da Froita Autóctona

O pasado mércores 30 de outubro, celebramos a 6ª Festa da Froita Autóctona, tendo como tema central a Idade Media. Comezamos cun torneo de xogos medievais. O alumnado de infantil xogou aos "bolos", os do 1º ciclo fixeron unha "carreira de sacos", so do 2º ciclo xogaron a "morder a mazá" e os do 3º ciclo "tiro da corda".

Despois dun desfile comezou a presentación dos produtos elaborados polos diferentes ciclos:

  • Infantil: marmelada de mazá.
  • 1º ciclo: receitas con froitos secos.
  • 2º ciclo: receitas de cabaza.
  • 3º ciclo: recitas con mazá.

Despois da degustación por parte do alumnado, pasamos a entrega de premios do concurso de Froita Autóctona (organizado pola AGFA do Eume) e de cabazas (premios entregados polo ANPA do cole). Rematamos a festa cunha gran degustación para todo o público asistente.

Deixámosvos cunha pequena presentación da celebración. Tedes todas as fotos na GALERÍA. Tamén podedes ver os VÍDEOS.

Ata o vindeiro ano.

 

 

 

Festa da Froita 2013 on PhotoPeach

CONVIVENCIA FINAL DE CURSO: "PLAYA DE CABANAS"

O pasado xoves día 20 de xuno, realizamos unha xornada de convivencia na Praia de Cabanas. O alumnado tanto de infantil como de primaria, xogaron na praia a diferentes xogos, fixeron castelos de area, etc.

Foi unha xornada moi entretida a pesar do mal tempo.

Tedes as fotos na GALERÍA.

Deixámosvos cunha presentación da xornada.

FIN DE CURSO 2012-2013

O pasado 21 de xuño, no CEIP Plurilingüe de andrade, celebramos a festa de fin de curso e as graduacións do alumnado de 6º de infantil e 6º de primaria.

Comezamos a xornada coa representación, por parte do alumnado do 3º ciclo, da obra de teatro "TOUPORROUTOU DA LÚA E DO SOL" de Roberto Vidal Bolaño.

O alumnado de 6º de infantil bailou, para eles, a banda sonora de "TADEO JONES".

Procedeuse a entrega de diplomas ao alumnado de 6º de infantil e 6º de primaria.

Realizamos o visionado dun vídeo, elaborado por Mila e Isabel Galán, sobre a  traxectoria do alumnado de 6º no noso centro, un momento tremendamente emotivo.

Rematamos todos xuntos bailando e cantando o "RAP DE ANDRADE".

FELIZ VERÁN E ATA SETEMBRO.

Tedes os vídeos e as fotos nos seguintes enlaces. FOTOS   VÍDEOS

Coma sempre deixámosvos cunha pequena mostra fotográfica da xornada.

 

O quebranoces

O pasado día 30 de maio, dentro dos actos programados para celebrar o día das Letras Galegas, contamos no centro coa "Agrupación musical Musicreques" (Loreto e Alma) que representaron, a trates de títeres a obra " O quebranoces" con música de Chaikovski.

Tedes as fotos na Galería e podedes visionar os vídeos.

Deixámosvos cunha pequena presentación dos actos.

Intercambio de Auxiliares

O pasado xoves 23 de maio, fixemos unha actividade de intercambio de auxiliares de conversa co CEIP Couceiro Freijomil. Dominic, o auxiliar do noso cole, baixou ao Couceiro e contoulles aos rapaces como é o lugar onde vive, "Arizona" e un conto titulado "Amelie wants a dog".

Despois Stephanie, a auxiliar do Couceiro, visitou o noso cole e contoulles aos nenos o conto "What would like to be?". Foi unha xornada moi interesante e que fixo moita ilusión ao alumnado.

Tedes as fotos na GALERÍA.

Letras Galegas 2013. Presentación de traballos

O pasado luns día 27 de maio, continuando coa celebración do día das LETRAS GALEGAS, o alumnado dos distintos ciclos presentaron os traballos que realizaron sobre Roberto Vidal Bolaño, autor teatral homenaxeado.

Podedes atopar TODAS as imaxes da xornada na GALERÍA

Ruta en Piragua

O pasado día 23 de maio, realizamos unha ruta pola ría de Pontedeume, organizado polo Concello de Pontedeume e o Clube Firrete. O alumnado do 3º ciclo, disfrutou dunha xornada de iniciación ao piragüismo dunha forma lúdica e divertida, coa realización de diferentes xogos coa piragua.

Podedes ver as fotos na GALERÍA.

 

Letras Galegas 2013. Visita ó Olmo

Este ano, coma en anos anteriores, participamos nas actividades organizadas pola asociación de vecionos "Olmo", co gallo da conmemoración do día das Letras Galegas. O alumnado de Infantil 1º, 3º e 5º tiveron a oportunidade de ver traballar a distintos artesáns: zoqueiros, ferreiros, artesáns do cristal,...

Tedes as fotos da xornada na GALERÍA.

Letras Galegas 2013

Este no adicamos o día das letras Galegas a "Roberto Vidal Bolaño" e para celebralo temos unha serie de actos preparados:

  • O día 15 de maio participamos nos actos organizados pola asociación "O Olmo", onde o noso alumnado estra en contacto con diferentes artesáns (zoquieros, artesáns do vidro,....).
  • O día 16 de maio, celebramos o día das "Letras Gaelgas". Nesta ocasión contamos coa colaboración da escola de música "Xario", que interpretou diferentes cancións e acompañou ao noso alumnadona interpretación de diferentes obras de música típica galega.
  • O día 27 de maio presentaranse os diferentes traballos, elaborados polos nenos sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño.
  • Remataremos o 14 de xuño coa representación da obra "Touporroutou " de Roberto Vidal Bolaño. A representación correrá a cargo do alumndo do 3º ciclo.

Podedes ver as fotos das diferentes xornadas na GALERÍA. T amén tedes a vosa disposición os VÍDEOS.

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación dos diferentes actos levados a cabo.