Inicio de Sesión

Articles

Día da Muller Traballadora

No CEIP Plurilingüe de Andrade, como en anos anteriores, celebramos o día 8 de marzo "Día da muller traballadora". Nesta ocasión aolumnos de 3º., 4º e 5º de primaria representaron o conto coeducativo "CENICIENTO".

Rematamos cantando a canción "No bico un cantar", canción adicada a unha das mulleres mais importantes na historia galega "ROSALÍA DE CASTRO".

Tedes as imaxes na GALERÍA.

Os vídeos podedes na GALERÍA DE VÍDEOS.

Deixámosvos cunha reportaxe da xornada.

Taller de Oralidade

O pasado venres 14 de marzo, organizado pola editorial "Kalandraka", o alumnado do 2º ciclo de primaria realizou un taller de oralidade, dirixido por Alberto Barreiro e coordinado por Xosé Pérez.

O alumnado creou unha canción sobre o "río Eume".

Tedes as imaxes na GALERÍA.

A continuación podedes visionar o resultado final da nosa creacción.

Enterro dos Mecos 2014

O pasado 7 de marzo, venres, enterramos a "Bruxa Curuxa" e ao "Mago Pirado".

En primeiro lugar o alumnado de 6º fixo un pouco de hostoria sobre esta festa, despois de ler o testamento paseamos aos Mecos en procesión ata o lugar onde foron queimados polos males que fixeron.

Podedes ver as imaxes da xornada na GALERÍA.

Tamén tedes o vídeo na GALERÍA DE VÍDEOS.

Deixámosvos cunha presentación da celebración.

)

Entroido 2014

O pasado 28 de febreiro celebramos no centro o festival de Entroido. Nesta ocasión disfrazámosnos de musicais.

Os de Infantil interpretaron o "Twist de Cleopatra".

Os do 1º ciclo de primaria o "Rei león".

Os do 2º ciclo de primaria "Alice in Wonderland".

Os do 3º ciclo de primaria "Sorrisos e bagoas" obra que consta de catro actos: "As notas musicias", "Baile do Tirol", Bals vienés" e "Adeus".

Rematamos coa degustación das larpeiradas aportadas polas familias: freixos, orellas, ....

Coma sempre tedes as fotos na galería no seguinte enlace: FOTOS.

Tamén podedes ver so vídeos das actuacións: VIDEOS.

Ata o próximo ano, deixámosvos cunha presentación do festival.

 

Día de Rosalía 2014

O Luns 24 de febreiro de 2014, celebramos o día de Rosalía. Nesta ocasión eliximos o poema "ALBORADA", que recitamos e cantamos dende Infantil ata 6º de primaria.

Podedes ver as fotos na GALERÍA. Tamén tedes o vídeo da actuación: VÍDEO.

Deixámosvos cunha presentación do acto.

Día da Paz 2014

O pasado xoves 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA PAZ 2014.

En primeiro lugar explicamos por que celebramos este día e o seu significado. Despois unha presentación sobre a vida de "Nelson Mandela", seguida dun cuestionario de preguntas.

Continuamos coa canción africana adicada a Mandela: "Jambo".

Para rematar, cada curso explicounos o seu traballo en torno a unha das frases célebres de Mandela:


3 anos: Despois de escalar unha montaña moi alta descubrimos que hai máis montañas por escalar.
4anosA gloria non está en non caer nunca, senón en levantarse sempre.
5 anos: A Educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo.
1º : Son o dono do meu destino, son o capitán da miña alma.
2º: Se queredes facer as paces co voso enemigo, tedes que traballar co voso enemigo, entonces convírtese no voso compañeiro.
3º: Os valentes que desexen conseguir a PAZ, non terán medo a perdoar.
4º: Todo parece imposible hasta que se fai.
5º: Non hai revelación máis intensa da alma dunha sociedade, que o xeito no que trata aos seus nenos.
6º: Se non hai comida cando se ten fame, se non hai medicamentos cando se está enfermo, se hai ignorancia e non se respetan os dereitos básicos das persoas. A democarcia é unha cáscara baleira, aínda que todos os cidadáns voten e teñan Parlamento. 

Tedes as fotos na GALERÍA. Os vídeos podédelos atopar no seguinte enlace: VÍDEOS.

 

Día do amigo 2014

O vindeiro 14 de febreiro, celebranos no centro o "Día do Amigo", nesta ocasión o alumnado do 1º ciclo de primaria. leeu ao resto do cole o libro "Ser amigo"

Tedes as imaxes na Galería. O vídeo podedes atopalo no seguinte enlace: Vídeo día do amigo.

Coma sempre deixámosvos cunha presentación da celebración.

NADAL 2013

O pasado 20 de decembro, celebramos o festival de Nadal. Este ano, tendo como fio conductor a Idade Media, o alumnado do centro, dende Infantil ata primaria, realizou diferentes actos: Panxoliñas, villancicos, cancións en inglés,...

Tedes as imaxes das actuacións na GALERÍA.

Tamén podedes ver os vídeos no seguinte enlace: NADAL

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación do festival

25 N

Este ano celebramos o 25 N (Día internacional da non vilencia de xénero), en dous xornadas:

O 25 de novembro xuntámonos no recnato dos contos para realizar as seguintes actividades:

    • Ver o vídeo "Because I'm girl", que traducimos ao galego "Porque son unha nena", que foi lido por María de 5º de primaria.
    • Representamos o conto "A historia dos bonobos con lestes". Representación realizada polo alumnado do 2º ciclo de primaria  e de Educación Infantil.
    • Cantamos a canción "Se acabaron las lágrimas" de Huecco.

Unha xornada pra reflexionar e chegar a conclusión de que: " MOITOS SERES PEQUENOS, FACENDO PEQUENAS COUSAS, PODEMOS CAMBIAR O MUNDO".

Tedes mais información no Blogue da Biblioteca: RAIOTECA

 

A TRASTENDA DOS CONTOS: Caxoto contacontos.


O mércores 4 de decembro e organzado polo Concello de Pontedeume, recibimos no centro a visita de Caxoto  Contacontos.

Acudiu ao centro para pasar revisión ao alumnado e detectar e erradicar o Virus Vacilón de Mach..., principal causa da enfermidade do MACHISMO. Recitounos unha pócima que a tosos nos pareceu moi apetecible: "Contos vellos, novos fiais".

Pasamos un rato moi difertido, e dende logo quedamos vacinados contra o machismo.

Deixámosvos o enlace á sçua páxina en facebook: " A trastenda dos contos".

Coma sempre tedes as imaxes das dúas xornadas na Galería: 25 N    A trastesnda dos contos

ACUARIO

pasado venres 22 de novembro o alumnado do 1º ciclo asistiu a un espectáculo teatral organizado pola Editorial Embora en colaboración co Teatro dos Ghazafellos e a escritora María Canosa.

Baseado no libro de poemas "Acuario" de María Canosa presentan un recital dramatizado para que as nenas e nenos se acheguen á poesía e a unha sinxela escenografía. Todo elo con descricións rítmicas sobre os peixes e unha pequena historia ao redor da fauna mariña do noso litoral.


Este espectáculo que tivo lugar na Casa da Cultura de Pontedeume estaba organizado polo Concello de Pontedeume, area de Normalización Lingüística, e a Deputación provincial de A Coruña. 

Tedes todas as imaxes na GALERÍA.