Inicio de Sesión

25 N

Este ano celebramos o 25 N (Día internacional da non vilencia de xénero), en dous xornadas:

O 25 de novembro xuntámonos no recnato dos contos para realizar as seguintes actividades:

    • Ver o vídeo "Because I'm girl", que traducimos ao galego "Porque son unha nena", que foi lido por María de 5º de primaria.
    • Representamos o conto "A historia dos bonobos con lestes". Representación realizada polo alumnado do 2º ciclo de primaria  e de Educación Infantil.
    • Cantamos a canción "Se acabaron las lágrimas" de Huecco.

Unha xornada pra reflexionar e chegar a conclusión de que: " MOITOS SERES PEQUENOS, FACENDO PEQUENAS COUSAS, PODEMOS CAMBIAR O MUNDO".

Tedes mais información no Blogue da Biblioteca: RAIOTECA

 

A TRASTENDA DOS CONTOS: Caxoto contacontos.


O mércores 4 de decembro e organzado polo Concello de Pontedeume, recibimos no centro a visita de Caxoto  Contacontos.

Acudiu ao centro para pasar revisión ao alumnado e detectar e erradicar o Virus Vacilón de Mach..., principal causa da enfermidade do MACHISMO. Recitounos unha pócima que a tosos nos pareceu moi apetecible: "Contos vellos, novos fiais".

Pasamos un rato moi difertido, e dende logo quedamos vacinados contra o machismo.

Deixámosvos o enlace á sçua páxina en facebook: " A trastenda dos contos".

Coma sempre tedes as imaxes das dúas xornadas na Galería: 25 N    A trastesnda dos contos