Inicio de Sesión

Articles

Xornada de piragüismo 2014

Coma en anos anteriores, este ano tamén realizamos unha xornada de iniciación ao piragüismo, organizada polo Concello de Pontedeume en colaboración co club "FIRRETE".

O alumnado de 5º e 6º de primaria realizou un percorrido pola ría de Pontedeume, realizando diferentes xogos, ata chegar a praia de Cabanas, onde o alumnado tivo un anaco de esparcimento.

Podedes ver as fotos na GALERÍA.

Despedímosvos ata o vindeiro ano cunha presentación da xornada. 

Xornada de convivencia en Guitiriz

Este curso celebramos a xornada de Convivencia de todo o centro en Guitiriz, localidade natal do autor homenaxeado no día das Letras Galegas, Xosé María Díaz Castro.

O alumnado visitou a casa onde naceu o poeta nos Vilares e a escola onde estudou de pequeno. Nestes lugares o alumnado leu poemas do autor do seu libro "Nimbos".

Posteriormente na asociación "Xermolos" recibiron unha charla sobre a vida e obra de Díaz Castro.

Para rematar realizaon a ruta da auga ata os "sete muiños".

Tedes as imaxes da xornada na GALERÍA. 

Podedes ver os vídeos no seguinte enlace: VÍDEOS.

Deixámosvos cunha presentación da xornada.

Letras Galegas 2014. OLMO

O pasado mércores 14 de maio, dentro das celebracións das "LETRAS GALEGAS", o alumnado de 5º e 6º de infantil, 1º, 3º e 5º de primaria participaron nas actividades organizadas pola "asociación veciñal OLMO".Nesta ocasión puideron disfrutar do saber facer de diferentes artesáns que agasallaron ao noso alumnado con interesantes explicacións sobre o seu oficio.

Rematamos a xornada comendo un bocadillo que repartiu a Asociación.

Grazas.

Podedes ver as fotos na galería: FOTOS.

Deixámosvos cunha presentación da xornada.

Letras Galegas 2014

Como todos sabedes o 17 de maio commemórase o día das "LETRAS GALEGAS". Este ano adícanse a "Xosé María Díaz Castro"

No CEIP Plurilingüe de Andrade fixemos diferentes actos durante toda a semana para celebrar este día:

O martes 13 o alumnado de sexto presentounos un vídeo coa vida e obra de Xosé Mª Díaz Castro. A continuación o resto do alumnado contestou a unha serie de preguntas sobre a vida e obra do poeta homenaxeado.

O mércores o alumnado ilustrou mediante debuxos a vida e obra do autor. O alumnado do 2º e 3º ciclo visionou un documental sobre o poeta.

O xoves celebramos un concerto conmemorativo do día das letras Galegas. Contamos coa colaboración dos profesores do conservatorio Isabel e Francisco e coa colaboración da aula de música "Xario". Neste día houbo dúas partes, en 1º lugar un concerto do alumnado da aula de música e posteriormente os o alumnos dos diferentes ciclos recitaron diferentes poemas da obra de Xosé Mª "NIMBOS" e cantaron diferentes cancións. Rematamos a xornada cantando todos xuntos a obra realizada polo alumnado do "IES Poeta Díaz Castro" de Guitiriz, "Esa Lus", adicada ao poeta chairego.

Para rematar o venres realizamos unha romaría, onde participou todo o alumnado do centro. Grazas as familias pola súa colaboración.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

Tedes as fotos das celebracións na galería do cole no seguinte enlace: FOTOS.

Do mesmo xeito podedes ver os vídeos: VÍDEOS.

Coma sempre deixámosvos cunha pequena presentación dos actos.

Maios 2014

O pasado mércores, 30 de abril, como en anos anteriores, celebramos os maios, festa con moita tradicción na nosa comarca.

Nesta ocasión o profesorado e o alumnado, coa inestimable colaboración das familias, elaboramos tres maios. Educación Infantil participou cun "PALLEIRO", 1º e 2º ciclo de primaria elaboraron un "CRUCEIRO" e o 3º ciclo "O MONASTERIO DE CAAVEIRO".

Despois da presentación dos maios o alumnado contou cancións tradicionais para conmemorar esta data.

Así mesmo participamos no concurso dos maios organizado polo Concello de Pontedeume e, co maio "Monasterio de Caaveiro", acadamos o 2º puesto.

Tedes as imaxes das diferentes xornadas na galería: Maios Andrade. Maios Pontedeume.

Tamén podedes ver os VÍDEOS

Deixámosvos cunha presentación da xornada.

23 de abril. Día do libro.

O pasado 23 de abril, "Día do libro e dos dereitos de  autor", commemoramos esta data cunha actividade moi especial para nos, "APADRIÑA UN LECTOR". Nesta ocasión o alumnado de 6º, 5º e 4º, apadriñou ao resto do alumos do centro e leulle un libro. Cada padriño tiña unha chapa identificativa e uns marcapáxinas que regalou aos seus afillados.

 

Podedes atopar as imaxes na GALERÍA.

Tedes os vídeos na GALERÍA DE VIDEOS.

Deixámosvos cunha reportaxe da xornada.

FELIZ DÍA DO LIBRO.

Visita Antonio M. Fraga (2º ciclo)

Ao igual que o pasado día 2 de abril, onte venres 25 de abril, recibimos a visita do escritor eumés "Antonio Manuel Fraga Allegue". Neste caso foi o alumnado do 2º ciclo o que compartiu, có poeta eumés, unha xornada inesquecible.

Tedes as fotos na GALERIA.

Deixámosvos cunha reportaxe da xornada.

Visita Antonio M. Fraga

O pasado día 2 de abril, día internacional do libro infantil, visitou o noso centro o escritor Eumés "Antonio Manuel Fraga Allegue", premio Merlín de literatura infantil, co libro "O CASTIÑEIRO DE ABRIL". Unha xornada especial para o alumnado do 3º ciclo participante.

Tedes as fotos na GALERÍA.

Deixámosvos cunha ampla reportaxe da xornada.

Día da poesía

Este curso, como en cursos anteriores, no CEIP Plurilingüe de Andrade celebramos o "Día da Poesía". En primer lugar alumnos de primaria leron o decálogo: "COMO NON LER UN POEMA".

A continuación cada curso explicou a poesía DADA que previamente habían elaborado.

Rematas cantando a canción "María e a Poesía".

Podedes atopar máis información no blogue da biblioteca: RAIOTECA

Coma sempre tedes as imaxes na GALERÍA.

Os vídeos os podedes atopar no seguinte enlace: VÍDEOS.

Rematamos cunha pequena presentación da xornada.

Eumeolimpiadas 2014

Os días 24, 25, 26 e 27 de marzo, o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria, participou nas "Eumeolimpiadas", organizadas polo servizo de deporte do Concello de Pontedeume. Nestas xornadas participan todos os centros do Concello de Pontedeume.

Todo o alumnado participou en probas individuais: "lanzamento de balón", "pentasalto", "circuito de habilidade" e "carreira de relevos" como proba de equipos. Ademais disto participaron nun xogo distinto para cada curso: o alumnado de terceiro xogou ao "Balón torre", os de cuarto xogaron ao "Fútbol", os de quinto a "Balonmán" e os de sexto a "baloncesto". 

Unha xornada de intercambio, convivencia e colaboración con outros rapaces do Concello.

Tedes as imaxes na Galería: TERCEIRO, CUARTO, QUINTO, SEXTO.

Deixámosvos cuoas presentacións das distintas  xornadas.