Inicio de Sesión

Nadal 2012

O pasado 21 de decembro, celebramos no Cole o festival de Nadal, nesta ocasión realizamos as seguintes actividades:

  • Educación Infantil representou a obra "Soño de Nadal" e cantaron "A las doce de la noche".
  • Os de Primeiro de Primaria disfrazados de letras realizaron varios intentos ata chegar a formar as palabras "Paz e Amor"
  •  Segundo de primaria representou a obra "Cardito Caracol".
  • Os de 2º ciclo de Primaria cantaron varias panxoliñas: "Cántolle aos Reis"(recollida por Xurxo), despois cantaron en inglés "Rudolph the red nose reindeer", o alumnado de relixión cantou "Es hora de cambiar", os de terceiro cantaron unha canción argelina e remataron cunha panxoliña recollida por María "Panxoliña de Andrade".
  • O alumnado do 3º ciclo escenificou a obra "Menuda noite de Reis" e remataron con "Jingle Bells Rock". 

Deixámosvos cunha pequena presentación de fotos da xornada. Como sempre podedes atopar o resto das fotgrafías na GALERÍA. Tamén tedes a vosa disposición os VÍDEOS.