Inicio de Sesión

Articles

Xogade. Xornadas de deporte escolar

Boas, un ano máis participamos no programa de "Xogade" organizado pola Consellería de Deporte. Este ano como en anos anteriores xogamos co CEIP Unión Mugardesa, CEIP de Franza e CPI Conde de Fenosa (Ares). Trátase dunha serie de xornadas deportivas non competitivas, cuio obxectivo final non é competir senon participar e divertirse a través do xogo.

Podedes ver todas as fotos das xornadas na Galería de fotos.

Deixámosvos aquí algunhas delas.

 

Entroido 2011: A Idade Media

Este ano o Entroido o adicamos a época medieval, da que é tan rica a nosa zona.

Os distintos cursos representan diferentes actividades desta época.

Os de Infantil escenifican o baile da cosecha, noraboa rapazes.

Os de segundo métense nos problemas da nobreza coa obra "a discusión dos condes de Andrade", obra original de María (alumna de 2º).

Despois os do 2º ciclo nos deleitan cun baile medieval.

Quinto representa a obra "o monxe borracho" de Gonzalo de Berceo, adaptada polos nenos de quinto.

Por último o alumnado de 6º escenifica unha boda da nobreza e os de primeiro, os xoglares, serven de animación.

Rematamos a festa cunha degustación de productos típicos destas datas, aportados polas familias, GRAZAS A TODOS.

Para ver todas as fotos podedes ir a galería o premer no seguinte enlace: FOTOS.

Tamén podedes ver os vídeos das actuación no seguinte enlace: VÍDEOS.

 

 

PAZ 2011

Este ano, como en anos anteriores, commemoraros a morte de Ghandi na celebración do día da Paz. Nesta ocasión co seguinte programa:

  1. En primeiro lugar os diferentes cursos reflexionamos sobre os valores, previamente traballados na aula, necesarios para un mundo mellor.
  2. Visionado do vídeo "sé feliz"
  3. Todos xuntos cantamos "Looking for paradise".
  4. Bailamos e cantamos "la sirigosa".
  5. Rematamos con pan e chocolate.

Podedes atopar as fotografias na galería de fotos así como os vídeos dende a páxina principal. deixámosvos con algunhas fotos.

TREASURE ISLAND

 

O xoves 17 de decembro, todo o alumnado de primaria asistimos a unha representación teatral en inglés, a cargo da compañia "Face to face" , que foi contratada conxuntamente polo CEIP Couceiro Freixomil e o noso colexio. O título da obra "Treasure Island".
Foi unha obra moi divertida, fixemos previamente na clase de inglés moitas actividades relacionadas: xogos, cancións, lecturas... A descarga dos materiais cós que traballamos pódese facer neste enlace:

http://www.face2facetheatre.com/node/1258711


Aquí deixamos unha pequena reportaxe:

NADAL 2010

O pasado mércores 22 de decembro, no CEIP de Andrade, celebramos o Nadal. Nesta ocasión realcionamos a nosa obra co proxecto "O lugar onde vivimos". Nesta obra, escrita e dirixida pola mestra Ánxeles, participaron todos os nenos e nenas do centro. Eles mesmos elixiron o seu personaxe. Previamente o alumnado recolleu personaxes coñecidos por todos do seu concello, alcaldes, perruqueiras, pesqueiras, mecánicos, floristas,... Lembremos que o noso centro recolle nenos de catro concellos: Pontedeume, Miño, Vilarmaior e Monfero. Cada neno representou o seu papel facendo unha visita ao portal de Belén para deixar agasallos ao neno, todo isto amenizado cun coro que cantou paixoliñas tradicionais.

OS NOSOS PARABÉNS A TODOS, ACTORES, ACTRICES E A DIRECTORA E GUIONISTA "ÁNXELES"

A continuación podedes ver unha mostra das fotografías o resto podedes velo na GALERÍA. Tamén tedes dispoñibles os VÍDEOS

 

VISITA EUME-MOECHE

A través da asociación euroeume, realizamos unha saída para visitar a zona eume- castelo de Moeche.

O alumnado de infantil e 1º ciclo de primaria visitou o Museo Etnográfico da Capela, a Casa do  Mel de Goente e viron un muiño de trigo en funcionamento.

Os do 2º e 3º ciclo tamén visitaron o Museo Etnográfico da Capela, dende alí comezaron unha ruta a pé que os levaría ata os muiños do Parque tnográfico de Sasín, para rematar a xornada cunha visita ao Castelo de Moeche, co visionado dun curtometraxe no que se rememora a revolta irmandiña.

Tedes todas as fotos da xornada na GALERÍA

 

3ª FESTA DA FROITA

O pasado 29 de outubro, celebramos a 3ª Festa de Exlatación da Froita Autóctona (O MAGOSTO), en colaboración coa AGFA (Asociación Galega da Froita Autóctona do Eume).

Coma o ano pasado tivemos un concurso de cestas de froita autóctona con importantes premios, concecidos pala AGFA.

Tamén tivemos concurso de debuxos e redaccións, cun agasallo para todos os participantes, e por fín a degustación das receitas elaboradas polo alumnado do 3º ciclo e tamén das aportadas polas familias e pola AGFA.

Grazas a todos por participar con nos desta data tan importante e especialmente a Xefa territorial de Educación (Mª Teresa Villaverde) e o Inspector Xefe (José Antonio Gay), por acudir a esta cita e coñecer o traballo do centro.

Deíxovos aquí algunhas fotos o resto podedes velas na GALERIA. Tamén podedes ver os vídeos das actuacións: VIDEOS.

 

 

Samain 2010

SAMAIN 2010

Este ano, aproveitando que realizamos a 3º festa da froita o día 29 de novembro, tamén celebramos o samain. Este ano, no recanto dos contos, o alumnado de Infantil e 1º Ciclo de Primaria cóntannos os seus conxuros. A continuación os do 2º e 3º ciclo de Primaria retan aos máis pequenos cunhas adiviñas monstruosas. Despois continuamos co desfile das cabazas, continuando coa tradicción celta de acender luces nas caveiras dos seus inimigos. Rematamos a festa coa celebración dun ritual celta.

Podedes ver as fotos na GALERÍA, e os VÍDEOS, das actuacións dos pequenos.

 

3ª FESTA DA FROITA AUTÓCTONA " O MAGOSTO"

Benvidos a nosa "3ª Festa da Froita Autóctona de Outono" (O Magosto). Podedes consultar as actividades premendo no seguinte enlace: PROGRAMA.

De novo este ano é en colaboración coa AGFA (Asociación Galega da Froita autóctona), realizaremos o 2º concurso de froita autóctona. Podedes consultar as bases e os anexos nos seguintes enlaces: CONCURSO FROITA. ANEXO IANEXO II. Animámosvos a todos a que presentedes os vosos lotes de froita.

Así mesmo realizaremos unha exposición de Debuxos e Redaccións, elaborados polo alumnado do centro, con agasallos para todos os participantes.

Coma en anos anteriores remataremos a festa coa degustación de productos elaborados polo alumnado e pola AGFA a base de froita autóctona a que estades todos (pais, nais, avós,...) convidados. Este ano como novidade solicitamos a colaboración das familias, as que o desexen poden participar aportando algunha receita elaborada con froita autóctona.

Si tedes algunha dúbida podedes chamar ao centro.

Esperamos contar coa vosa presenza que o pasedes ben e disfrutedes da nosa festa.

Letras Galegas 2010

Bo día a todos e todas.

Benvidos a celebración da festa do día das Letras Galegas. Como xa sabedes todos os 17 de maio, conmemórase o día da nosa lingua, xa que nesa data, fai moitos anos pubricáronse "Cantares Gallegos", de Rosalia de Castro.

Este ano adicámoslle este día ao Poeta do Courel: Uxio Novoneyra.  Por iso o alumnado do 3º ciclo de Primaria fomos visitar esas fermosas terras.

Comezaremos a nosa festa cantando todos o himno galego e continuaremos cos seguintes actos:

  • En primeiro lugar o alumnado de 4º de Primaria represéntanos unha pequena obra teatral, escrita por eles mesmos, titulada: "A granxa dos Andrade".
  • Despois continuamos cos nosos poetas mais pequenos, toda unha variedade de árbores do Courel,  aos que Uxio cantou no seu poema: Bidueiro.
  • Os maiores de Educación Infantil, vannos deleitar coa música e a interpretación do poema: Devesa.
  • Galicia: que palabra tan fermosa, chea de amor, de homes e mulleres que loitan cada día para que a nosa terra sexa grande, grande, grande. Isto nolo van a escinificar e recitar o alumnado do 1º Ciclo. Adiante loitadores!!!
  • Aa continuación representaremos a obra "Orellas de bolboreta", que xa foi representada polo noso alumnado no festival "Tiralle da Lingua".
  • O 2º Ciclo de Primaria vainos deleitar coa canción "Cuco Cuqueiro", poema que o poeta Manuel María, adicoulle ao seu bo amigo Uxio Novoneyra.
  • O alumnado do 3º ciclo, mostranos o percorrido que fixeron polas terras do Courel, onde fixemos unha camiñata pola "Devesa da Rogueira". Visitando en "Parada" a casa de Uxio Novoneyra.
  • Unha rapaza de 5º, resumiunos a vida de Uxio coa axuda dunha presentación que podedes ver no seguinte enlace: VIDA DE UXIO.
  • A alumnado do 3º ciclo recitounos os "Eidos", poemas de Uxio.
  • Cantamos todos xuntos: "Caen as follas" de Emilio Cao, sobre un poema de Uxio.
  • Para rematar a festa cantemos e defendamos a nosa lingua que é a mais fermosa do mundo. Cántemos o "RAP DA LINGUA".

Podedes ver as fotos e os vídeos das actuación premendo nos seguintes enlaces: FOTOS.   VIDEOS.

Deixámosvos con algunhas fotos do festival.

Ata o próximo ano.