Inicio de Sesión

Articles

LETRAS GALEGAS

Podedes saaber mais sobre a nosa celebración  do día das Letras Galegas, clicando nos seguintes enlaces:

Eumeolimpiadas

Este ano, como xa ven sendo habitual nos últimos anos, participamos nas "Eumeolimpiadas". Xornadas de deporte organizadas polo Concello de Pontedeume.

As actividades se realizan en dous días, un participa 5º e outro día 6º. son dous xornadas de convivencia, a través do deporte, co resto de centros do Concello.

 

Deporte na escola

Cool Slideshows

 

É unha actividade polideportiva-cultural, organizada pola Consellería de Cultura e Deporte (Dirección Xeral para o Deporte) en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación universitaria. é unha actividade totalmente gratuita para o alumnado e para o centro.

Esta actividade divídese, no que respecta o noso centro, en dúas categorías:

  • Categoría A: Equipos mixtos co alumnado de 3º e 4º de Primaria.
  • Categoría B: equipos mixtos co alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Participamos en diversas probas como son: Badminton, Baloncesto, balonmán, futbol sala e un xogo cultural (con sinxelas preguntas culturais adaptadas as idades do alumnado). Ademais haberá unha xornada de atletismo e natación e unha xornada de clausura con xogos populares (zancos, chapas, a rá, bolos), batuca, esgrima, tiro con arco, baile,...

Educación Física

Dporte 

 DEPORTE NA ESCOLA 2008/2009

TERCEIRO CICLO

Un ano mais participamos no programa "Deporte na Escola" que como sabedes e unha  actividade polideportiva organizada pola Consellería de Cultura e Deporte en colaboración coa Consellería de Educación.

O pasado 6 de novembro comezamos a nosa participación no terceiro ciclo de Primaria (categoría B), en Mugardos contra o CEIP Santiago Apostolo de Franza.

Na galería podedes ver todas as fotos da actividade, aquí podedes ver soamente alugunha mostra delas.

 

 

SEGUNDO CICLO

O alumnado do 2º ciclo comezou a súa participación no programa "Deporte na Escola" o pasado 28 de novembro, no pabillçon "A Casqueira" de Pontedeume, xogando co CEIP Santiago Apostolo de Franza, Mugardos.

Aquí tedes algunhas das fotos da xornada. Na Galería tedes o resto.

Create Your Own  

 

 

O CEIP de Andrade participa, como complemento a asignatura de Educación Física, en diversas actividades deportivas:

TEATRO INTERACTIVO EN INGLÉS

  Obra titulada: "The Legend of King Arthur". É un storytelling, na que os actores da compañia FACE 2 FACE, fixéronnos participar activamente; algúns nenos e nenas incluso subiron ao escenario para representar algunhas personaxes, os que non subimos ao escenario tamén participamos con xestos, sonidos e sobre todo con cancións, que previamente preparamos na clase. Foi moi divertido!!!!. Aquí tedes algunhas fotos.

TEATRO INTERACTIVO EN INGLÉS

Letras Galegas

Este ano adicamos o día das Letras Galegas a "XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ". No centro fixemos unha serie de murais que podedes ver na seguinte presentación.

 

 

Ademais para celebrar o día das Letras Galegas, representamos no centro todos os venres do mes de maio unhas obras de teatro en galego. Para ver todas as fotos premede no seguinte enlace: LETRAS GALEGAS

 

Nadal 08

Estas son algunhas  das fotos das actuacións para celebrar a festividade do Nadal.   

Os Maios

XA CHEGOU O MAIO FLORIDO E GALÁN ...

"OS MAIOS" significan na súa orixe o triunfo e a chegada da Primavera.
É un rito Celta para asegura-las boas colleitas, e a protección do "Espíritu da Natureza".
Antigamente un neno cuberto de follas, propias da zona, saía acompañado por outros a percorrer as rúas de cidades e vilas no comezo do mes de MAIO.
Os nenos/as e as flores son os protagonistas desta celebración que data da Compostela Medieval.
Na actualidade faise un Maio figurativo(en vez do Neno Maio)de diversas formas: de pirámide, de cabazo, de barca, de cruceiro...
As nenas e nenos do cole de Andrade tamén queremos sumarnos, un ano máis, a esta celebración facendo os nosos MAIOS e cantando algunha cantiga.

Seguindo o costume,
Do ano pasado
Eiquí vimos todos
A cantalo MAIO.

Estas fotos que podes ver a continuación recollen o proceso de elaboración dos nosos MAIOS, nel participamos todos os nenos e nenas, E.Infantil e 1º Ciclo, fixeron "O PALLEIRO" e ademáis unhas coroas e uns ramos moi vistosos.
o 2º Ciclo fixo "O CRUCEIRO" e o 3º ciclo "OS ARCOS"  
 

Xa para rematar a celebración dos MAIOS fixemos o desfile e cantamos as cantigas:
E Infantil e 1º Ciclo "Anxeliños somos"
2º Ciclo: "Santa Cruz de MAIO"
3º Ciclo: "MAIO,MAIO florido"

 

Libro Xigante "María Mariño"

O día 17 de maio celébrase o día das Letras Galegas, este ano adicadas a "María Mariño Carou". Unha das actividades destacadas foi a confección do "Libro Xigante María Mariño Carou". Neste libro participou todo o alumnado do centro, dende Infantil ata 6º de Primaria. Despois elaboramos unha presentación, que podedes ver a continuación.