Inicio de Sesión

Deporte na escola

Cool Slideshows

 

É unha actividade polideportiva-cultural, organizada pola Consellería de Cultura e Deporte (Dirección Xeral para o Deporte) en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación universitaria. é unha actividade totalmente gratuita para o alumnado e para o centro.

Esta actividade divídese, no que respecta o noso centro, en dúas categorías:

  • Categoría A: Equipos mixtos co alumnado de 3º e 4º de Primaria.
  • Categoría B: equipos mixtos co alumnado de 5º e 6º de Primaria.

Participamos en diversas probas como son: Badminton, Baloncesto, balonmán, futbol sala e un xogo cultural (con sinxelas preguntas culturais adaptadas as idades do alumnado). Ademais haberá unha xornada de atletismo e natación e unha xornada de clausura con xogos populares (zancos, chapas, a rá, bolos), batuca, esgrima, tiro con arco, baile,...