Inicio de Sesión

Articles

Nadal 1º Ciclo

O NADAL EN ÁFRICA

Agora damos un salto e nos vamos as cálidas terras de África, coa nosa tribú "Bantú" de 1º e 2º.

Impresionante este mundo africano tan descoñecido para nós e tan agradecido a nosa Nai Terra.

 

Nadal 3º ciclo

O NADAL EN EUROPA, AMÉRICA E AUSTRALIA.

Agora voltamos ao noso continente. Comezamos o percorrido polos Paises Baixos, Alemania,... Para eles os Reis Magos non son tan coñecidos, alí é mais famoso o nos primeiro convidado: San Nicolás, que se celebra o 6 de decembro, que nas Illas Británicas e noutros lugares é coñecido como Papa Noel.

Temos tamén outros pesonaxes menos coñecidos por todos nós coma: Sultomten nos Países Escandinavos ou a Bruxa Befana en Italia.

Cruzamos o Atlántico ata chegar ao continente Americano.

En América celébrase o Nadal con Santa Claus, tradicción que se extendeu tamén a Australia, aínda que alí o nadal celébrase en verán.

Rematamos a actuación do 3º ciclo coa canció en inglés: "The twelve dags os christmas".

FESTA DA FROITA DE OUTONO

Festa da froita de outono

Este ano celebramos o magosto dunha forma un pouco diferente, ademais das típicas castañas, en colaboración coa Asociación da Froita Autóctona do Eume, realizamos unha festa que rematamos coa degustación de receitas feitas con mazás autóctonas do Eume.

Estas receitas foron elaboradas polo alumnado de 6º de primaria e polos socios da Asociación.

Tamén contamos coa colaboración de dona Dolores Furelos dos laboratorios "Sanitary", que ofreceu aos asistentes unha charla sobre "Alimentación sana".

Rematamos a festa coas actuacións dos nenos e a degustación das receitas.

A continuación podedes ver os videos da festa.

BENVIDA

Benvida a "Festa da Froita do Outono"

 

ACTUACIÓNS

Actuacións do alumnado do CEIP de Andrade.

 

CHARLA

Charla de Dona Dolores Furelos: "Alimentación sana"

 

DEGUSTACIÓN

Degustación de receitas.

Letras Galegas 2008

O 17 de maio celébrase o día das letras Galegas, este ano adicadas a Xosé Mª Álvarez Blazquez. Todo o alumnado do centro partipou na confección do libro adicado ao citado autor. Aquí tedes o resultado.

Letras Galegas 2008. 3º ciclo

Actuacións do alumnado do terceiro ciclo de Primaria para commemorar o día das Letras Galegas no CEIP de Andrade.

Letras Galegas 08 2º ciclo

Actuacións do 2º ciclo de primaria do CEIP de Andrade para celebrar o día das letras galegas.