Festa da froita de outono
Este ano celebramos o magosto dunha forma un pouco diferente, ademais das típicas castañas, en colaboración coa Asociación da Froita Autóctona do Eume, realizamos unha festa que rematamos coa degustación de receitas feitas con mazás autóctonas do Eume.
Estas receitas foron elaboradas polo alumnado de 6º de primaria e polos socios da Asociación.
Tamén contamos coa colaboración de dona Dolores Furelos dos laboratorios "Sanitary", que ofreceu aos asistentes unha charla sobre "Alimentación sana".
Rematamos a festa coas actuacións dos nenos e a degustación das receitas.
A continuación podedes ver os videos da festa.