Inicio de Sesión

ENTROIDO 2010

Este ano, coma en anos anteriores, temén celebramos o Entroido, nesta ocasión co tema "O CIRCO".

En primeiro lugar actuaron os nenos e nenas de Educación Infantil formando unha comparsa diferente, diverida, alegre, chea de cores, de animación e maxía. Deste xeito chega a comparsa "OS PALLASOS".

A continuación a maravillosa, a única a fantástica banda marchosa do noso CIRCO, formada polas nenas e nenos de primeiro e segundo de Primaria, acompañados pola súa mestra. Interpretarán "HABÍA UNHA VEZ UN CIRCO".

Continuamos coa actuación do alumnado do 2º Ciclo de Primaria, que forman a comparsa "OS SALTIMBANQUIS". Como as cordas, barras, trapecios e outros exercicios circenses están moi vistos, eles preséntanse bailando para nós unha bonita danza: "A DANZA DOS ACROBÁTICOS".

Chegan para rematar este espectáculo circense os artístas do 3º Ciclo de Primaria. Variedade, señoras e señores, maxia, malabarismos, e moitas cousas máis para animarnos nesta festa.