Deporte en Idade Escolar.
Un ano máis comezamos no primeiro trimestre do curso a nosa participación no programa "XOGADE" (Deporte en Idade escolar), organizado pola Secrataría Xeral para o Deporte en colaboración coa Consellería de Educación.
Como en anos anteriores participamos co alumnado do 2º e do 3º ciclo de primaria, competindo co "CPI Conde de Fenosa "de Ares o "CEIP Santiago Apóstolo" de Franza e o "CEIP Unión Mugardesa" de Mugardos.
O alumnado participará nos seguintes deportes: Futbol-sala, baloncesto, balonmán e boleivol.
A idea destas xornadas non é tanto competitiva coma de relación e de intercambio de experiencias cos centros do noso entorno.
Aquí tedes algunhas imaxes da primeira xornada en Mugardos, onde o noso alumnado de 5º de primaria se enfrentou aos nenos do CEIP Santiago Apostolo de Franza.
O resto das imaxes as podedes ver na nosa galería ou premendo no seguinte enlace: FOTOS