DÍA MUNDIAL DA RADIO

Queridos e queridas colegas, hoxe queremos celebrar con vós o Día Mundial da Radio que a UNESCO dedica á temática da RADIO e a PAZ. Para elo, Radio CristiNuna aproveitou o poder das ondas para preparar unhas actividades moi fermosas sobre a paz e a armonía.

A primeira delas, xirou arredor dos "Sons da Paz", unha tertulia na que @s nos@s xornalistas organizaron un coloquio no que participou José Carbia, antigo mestre de educación musical do centro e integrante do grupo de rock "Os John Deere" da Estrada (Pontevedra). Abordaron o tema da paz desde un punto de vista musical e con algúns exemplos de cancións que tratan sobre os dereitos das persoas ou o bullying. Descargade o audio nos arquivos adxuntos!

A segunda actividade foi máis lúdica e igual de apetecible: "O Rosco da Paz". O alumnado de 5º e 6º nivel de primaria participou neste xogo, no que imitando ao clásico Pasapalabra, intentaba averiguar os conceptos a partires da letra inicial. Que ben o fixeron!

Por último, e tendo en conta que a temática do proxecto deste curso xira arredor da saúde, @s xornalistas estruturaron unha entrevista arredor do deporte e dos hábitos de vida saudables. O entrevistado foi o noso mestre de educación física, Suso. O programa, baixo o título de "Xogo Limpo", permitiu coñecer algo máis sobre o que nos aporta o deporte e a importancia de practicar calquera tipo de actividade física. Descargade o arquivo para escoitar a entrevista!

 

 

EXHIBICIÓN CINOLÓXICA

Impresionante a exhibición de hoxe a cargo do equipo cinolóxico do exército! Pero que ben adestran aos cans!

O alumnado do noso centro disfrutou dunha demostración con media ducia de cans (Bond, Alí, Skull, Delta, Scapi e Loco) especialistas en seguridade e combate, detección de explosivos ou de drogas e estupefacientes, procedentes de Parga, Asturias, Astorga e Burgos.

Pincha AQUÍ  para acceder á nova na prensa.

 

OS MANDADIÑOS DO MECO

Preparados para o Entroido? O Meco xa pensou nos seus mandados. Aquí volos deixamos!

 

ENTROIDO

O 17 de febreiro celebraremos no noso centro o Entroido, cun desfile de disfraces e unha degustación de produtos típicos desta época de festexos. 

 

Con todo… Que coñecemos do noso entroido? Celébrase igual en todas as partes de Galicia? 

 

Ao longo deste post descubrirás un pouco máis sobre a nosa historia, indagando nos diversos Entroidos de Galicia. Para os máis peques contamos coa axuda dos Bolechas, que nos guiarán nesta aventura. 

 

Ademais, dende o equipo de EDLG deixámosvos varias propostas de actividades: dende traballar a descrición dos disfraces de cada localidade ata un memori para imprimir e poñer a proba os vosos procesos cognitivos básicos como son a atención, a percepción e a memoria.

 

Con este pequeno post queremos recalcar a importancia do noso proxecto “Medrando en saúde na Cristina” xa que o Entroido pódese celebrar seguindo a nosa tradición de bailes ao aire libre, compartindo risas e momentos divertidos con amig@s e familia.

 

Un saúdo e esperamos que vos guste!

 

 
 
 

PATIOS DINÁMICOS

O noso centro vén de propoñer unhas novas dinámicas para o tempo de lecer. Como non tod@s somos iguais nin a tod@s nos gustan os mesmos xogos, deseñamos actividades lúdicas que fomentan a cohesión de grupo, a cooperación e a creatividade. 

Partimos da metodoloxía visual para chegar tamén a tod@s aquel@s que len por imaxes.

 

 

RECREOS ACTIVOS. ADESTRAMENTOS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR.

gif corredores

Ola a tod@s!

De cara a preparar o Campionato Provincial  de campo a través que se celebrará o próximo 17 de Marzo en Ferrol, comezamos o próximo mércores 1 de Febreiro os adestramentos.

Aqueles nenos/as que queiran  adestrar voluntariamente, poden achegarse nos recreos ao ximnasio, sempre que as condicións metereolóxicas o permitan.
 
Adestraremos  todos  os martes, mércores e xoves.

Anímate!

VENRES ARTÍSTICOS EN INFANTIL

A educación artística é un dos recursos fundamentais para a aprendizaxe. A través dela, os máis pequenos/as son capaces de comunicarse, de expresar as súas emocións, as súas preocupacións e de liberar os seus sentimentos xa que se traballan distintas linguaxes comunicativas.

AS CORES DA PAZ

Ao longo de toda a semana anterior estivemos traballando sobre os distintos tonos de pel, facendo autorretratos para comprobalo. Estas son as nosas cores, as cores do noso centro, as CORES DA CRISTINA!

 

 

 

 

 

COR CARNE

O mar ten moitos tonos de azul. E se non existe unha única cor carne? 

Esta pregunta é a que nos plantexamos despois da lectura do libro "Color Carne" de Desirée Bela-Lobedde. A autora propón unha entrañable historia que nos fai reflexionar sobre os mil e un tonos de pel e sobre a importancia de ser tolerantes e celebrar que tod@s somos igualmente diferentes.

"Color carne" será o punto dende o cal estruturaremos as actividades a desenvolver para conmemorar o Día Escolar da Paz e da Non Violencia o vindeiro 30 de xaneiro.

Para ir quentando motores, a coordinadora do EDLG propón un genially titulado "Cor de Pel". Pinchade AQUÍ ou na imaxe para comezar!!


Visita a Domus polo alumnado de 1º ciclo

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitou a Domus o Venres 13 de Xaneiro. No museo interactivo aprenderon sobre:

- Bocados: Unha exposición sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU, que nos comprometen para actuar a favor de cambios globais e integrados que permitan poñerlles fin á fame e á malnutrición antes de 2030.

- Xogo de neuronas: Pezas da intelixencia humana é unha exposición na que se exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro. O seu elemento máis emblemático é unha colorida rede neural elaborada con neuronas creadas por escolares galegos.

- Xenética: Investiga que é a enxeñaría xenética, reflexiona por que nos parecemos aos nosos pais ou indaga sobre os produtos transxénicos. Ademais, descubre o código da vida nas maquetas do ADN da planta baixa da Domus. Unha exposición dedicada á xenética que busca responder as curiosidades das persoas visitantes arredor dun tema científico de continua actualidade.

- Evolución: Descubre se os trazos dos que tanto presumimos son exclusivos da especie humana e verás que non somos o embigo do mundo. A Domus e as persoas investigadoras de Atapuerca presentan un enfoque diferente da evolución da familia humanana exposición Homínidos e Homínidas. A familia fachendosa. Cando deixamos de ser caníbales? Era capaz de falar o home de Neandertal? Quen foi o primeiro europeo? Como vivían os nosos antepasados? Somos tan exclusivos como cremos?

- Dando a luz:  imaxes de dous nacementos. É un momento único no que se mesturan a dor, a alegría e a emoción. A experiencia varía dunha muller a outra, dependendo da sensibilidade, as expectativas e a contorna que a rodea. Para o/a bebé, o propio nacemento é un acontecemento dunha intensidade extraordinaria. O choque de adrenalina contrarresta a falta de osíxeno na etapa final e prepara a/o bebé para o cambio repentino á respiración cos seus pulmóns.

Ademáis, o noso alumnado disfrutou da súa merenda nun comedor cunhas vistas espectaculares ó mar. 

 

Sen dúbida repetiremos! 

 

DESFRUTA COAS FROITAS E OS LÁCTEOS!

O noso centro participa no "Programa Escolar de Consumo de Froitas, Hortalizas e Leite" da Unión Europea, amparado pola Consellería do Medio Rural e o Fondo Galego de Garantía Agraria. Este iniciativa anima a consumir produtos lácteos e fomenta a dieta equilibrada, ademais do establecemento de hábitos alimenticios saudables.

Hoxe comezou o primeiro reparto de leite líquida  co selo "Galega 100%" entre a rapazada, colleitando un éxito rotundo!

 

 

RELACIÓN DE CLASIFICADOS/AS PARA O CAMPIONATO PROVINCIAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

Clasificaciones Archivos - Página 3 de 15 - Golf Costa Azahar Castellon

 

 A Federación Galega de Atletismo acaba de publicar as clasificacións dos centros educativos que participaron no Campionato Intercomarcal  de campo a través escolar, e podemos dicir, que estamos de noraboa, xa que,  trece nenos/as do noso centro conseguiron clasificarse para o Campionato Provincial , que se celebrará o próximo venres 17 de Marzo en Ferrol.

Noraboa a todos/as!

CLASIFICACIÓN INDIVIDUAL 

HUGO CASTRO LADO (5º Benxamín masculino)

               XURXO PEREIRO MÉNDEZ (7º Benxamín masculino)

                                                                                      NOA LEMA FERNÁNDEZ (2ª Benxamín feminino)

MARA GARCÍA SUÁREZ (7ª Benxamín feminino)

JULIA GARCÍA REMUIÑÁN (1ª Alevín feminino)

LUNA LORENZO ANTELO (7ª Alevín feminino)

NURIA CASTRO GARCÍA (4ª Infantil feminino)

 

                                                  *CLASIFICAN OS/AS 10 PRIMEIROS/AS ATLETAS DE CADA CATEGORÍA.


EQUIPO INFANTIL MASCULINO

2º CLASIFICADO

HUGO GARCÍA CASTRO

NICOLÁS LEMA FERNÁNDEZ

MAURO FIGUEIRA QUEIRO

ROMÁN RAMA MARTÍNEZ

RODRIGO RAMA MALLO

MANUEL POMBO MIRA

 

                                * CLASIFICAN OS DOUS MELLORES EQUIPOS DE CADA CATEGORÍA.

A CONQUISTA DOS CORREDORES

Por mor da Alerta Laranxa e as condicións climatolóxicas adversas, hoxe non saímos ao patio pero non nos fixo falla xa que disfrutamos de momentos moi especiais á caloriña.

Velaquí un vídeo onde pode observarse ao alumnado de infantil practicando o xogo simbólico, aproveitando os amplos corredores do centro.

GRAN PAPEL DOS NOSO/AS ATLETAS NO CAMPIONATO INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS ESCOLAR

De moi boa se pode calificar a participación dos/as atletas do noso colexio no Campionato Intercomarcal de campo a través celebrado esta mañá no parque de Acea da Má(Culleredo), xa que, agardando a que Deporte Escolar publique as clasificacións definitivas, teremos unha nutrida representación no Campionato Provincial que se celebrará o vindeiro 17 de Marzo  en Ferrol.
 
Destacar o excelente comportamento dos nenos/as, e do apoio incondicional de todos os pais e nais que se achegaron ata o circuito para animar aos nenos/as.
 
Moitas Grazas! 
 
Noraboa a     todos/as polo voso esforzo!!!!
FOTO DE TODO O EQUIPO

 EQUIPO BENXAMÍN FEMININO

 EQUIPO BENXAMÍN MASCULINO
 

EQUIPO ALEVÍN FEMININO

 
UXÍA E NURIA INFANTIL FEMININO
 

EQUIPO INFANTIL MASCULINO

 

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA NO IES MONTE NEME PARA O CURSO 2023/24

Ábrese o prazo para reservar praza no IES Monte Neme dirixido ao alumnado de 6º de primaria. Este abrangue dende o día 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro.

As familias poderedes cumplimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (serán entregadas ao alumnado) ou a través da aplicación "Solicitudes > Reserva > Crear" no seguinte enlace.

Dita solicitude deberase presentar no noso centro educativo ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para a que se precisará de Chave365 ou certificado dixital no prazo enriba indicado. 

Se non se desexa solicitar praza no IES adscrito, non se deberá cubrir dita solicitude. 

Adxúntanse os modelos en galego e castelán, así coma un resume das distintas opcións de presentación.

Distribuir contido