Actividades

REVISTA AS BRAÑAS 23-24

Para despedir o curso, convidámosvos a botarlle unha ollada a nosa revista escolar!!!

 

O noso alumnado creou moitísimas produccións das que poderedes gozar neste post, así como sentirvos dentro das nosas aulas coa vida de aula de diferentes cursos. 

 

ANIMADEVOS!! MOITAS GRAZAS POR FACELO POSIBLE!!!!

 

  

Intercambio de presentacións co CEIP Bergantiños

Dende o EDLG estamos a traballar con varios centros con intercambios de debuxos, presentacións e postais. 

 

O alumnado do centro esta aprendendo sobre nenos e nenas doutros colexios, unha actividade, colaborativa, enriquecedora e relacionada co noso proxecto de centro "EmocionArte". 

Esta vez, da man da excompañeira e profe Paula, que dende o seu novo centro, quixo colaborar con nós! 

Incríbles debuxos, os nenos de nenas do centro están moi contentos de ter recibido as vosas creacións! Só temos palabras de agradecemento a todos os centros colaboradores!

 

SEN VÓS, ISTO NON SERÍA POSIBLE! 

Excursión a Marcelle Natureza

O alumnado de 1º ciclo, foi onte martes 11 de xuño a visitar o espazo de Marccelle Natureza. 

O equipo de conservación da fauna explicaron as tristes historias de como os osos, lobos, emús ou wallabies acabaron neste espazo e a súa labor de coidado e readaptación dos animais o medio natural. 

Os nenos e nenas tiveron a opoirtunidade de pasear e ver de cerca a moítimos animais doutros continentes, sempre dende o respeto e cunha escoita moi activa. APRENDERON UN MONTÓN!!

Deixamos un pequeno video sobre a nosa xornada, foi unha convivencia moi enriquecedora entre os nenos de 1º e 2º de EP. 

Recomendámos ir de visita!!!

Teatro na aula

O alumnado de 2º de Educación Primaria, traballou neste final de curso o teatro, aprenderon sobre a redacción dunha obra, sobre os personaxes e o narrador.

Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o fixeron os nosos artistas.

 

BRAVO!! 

Intercambio co CRA A Tarandeira

O alumnado de 2º de Educación Primaria está a realizar un intercambio cos compañeiros e compañeiras do CRA A Tarandeira, baseados no proxecto "Emocionarte".

 

Os nenos e nenas do cole  elaboraron unhas pequenas descricións para presentarse o alumando do CRA e fixeron uns debuxos baseados nas pinturas de Frida Kahlo, cheos de flores plantas e animais. 

O alumnado do CRA mandou unha foto dos nosos debuxos na súas escoliñas. Aquí podedes ver o fantástico resultado!!!!!

Estamos desexosos de ver as súas presentacións e creacións para coñecelos un pouco mellor.

 

GRAZAS POR COLABORAR CON NÓS! 

VII CARREIRA POLA LINGUA

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, hoxe celebramos na pista polideportiva do noso colexio, a "VII Carreira pola Lingua do Ceip. A Cristina",na que participou todo o alumnado do centro para reivindicar a defensa da nosa lingua e fomentar os hábitos saudables.

Parabéns para o equipo de dinamización  da Lingua Galega do noso centro, en especial para a súa coordinadora Irene, polo seu traballo e bo facer na organización da xornada.

 

 

Letras Galegas 2024: Luísa Villalta

Os días 16 e 21 de maio, ccelebramos no noso centro o día das Letras Galegas.

Este ano, os nenos de infantil, de 1º de 2º e de 4º de EP aprenderon sobre a vida de Luísa Villalta. Fixeron uns libriños e unhas fichas moi interesantes. Deixámosvos por aquí unha mostra. 

Tamén, o alumando de educación infantil, participou nunha pequena foliada, con obradoiros didácticos sobre o canto e o baile tradicional galego. FOI UNHA PASADA! Cantaron e bailaron o son da gaita e da pandeireta!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Para finalizar esta época de festexos, deixamos por aquí unha canción composta por outro centro sobre a vida de Luísa Villalta:


Aprendemos sobre as lendas

O alumnado de 4º de educación primaria estivo a traballar sobre as lendas, e que mellor forma de traballar as emocións e a cultura galega que escribir as súas propias lendas?

 

Ides alucinar cos tremendos escritores e escritoras que temos neste cole... Todas elas acompañadas duns debuxos alucinantes!!

 

Esperamos que vos guste! 

 

 

Intercambio de cartas co CEIP de Mosteiro de Bembrive

O alumnado de 1º de educación primaria está a realizar un intercambio de postais co CEIP Mosteiro de Bembrive de Vigo. 

Os nosos alumnos e alumnas son uns verdadeiros artistas!! Escribiron e debuxaron estas incíbles postais para coñecer o alumnado do outro cole. Con esta experiencia aprenden a traballar en equipo, a redactar postais e a coñecer xente nova. 

Esta é a incríble resposta dos nosos compañeiros e compañeiras de Vigo! 

 

 

GRAZAS profe por esta actividade tan interesante!!

SÓ UN CAPÍTULO MÁIS!

Os nenos e nenas de 4º de EP decoraron a porta da aula coas súas lecturas favoritas!!! 

 

Fantásticos os marcapáxinas que elaboraron os/as alumnos/as de segundo para conmemorar o Día do Libro! 

 

No noso cole as actividades ao longo da Semana do Libro foron moi variadas. Os/as nenos/as de sexto de primaria e tres anos organizaron un acompañamento lector. 

Mentres, os nosos compañeiros e compañeiras do segundo ciclo e de quinto de primaria acudiron á biblioteca Rego da Balsa a unha sesión de contacontos. Tamén visitaron a exposición de materiais elaborados polos diferentes coles da contorna.

 Os compañeiros e compañeiras de 6º de educación infantil tamén se animaron a ir á Biblioteca Rego da Balsa. Daba xenio velos disfrutando da sesión de contacontos e da exposición!

VISITA DE PERE TOBARUELA

No día de hoxe recibimos a visita de Pere Tobaruela, autor do libro "Formigas: misión Camiño de Santiago". Nunha sesión moi amena debatimos sobre as lendas e como as historias de transmisión oral poden ser utilizadas na historia en beneficio duns ou doutros.

Tamén comentamos aqueles aspectos que nos resultaron máis chamativos á hora de repasar o camiño que os discípulos do apóstolo percorreron para traer os seus restos a Compostela.

O ambiente foi moi distendido e agradecemos a Pere a súa simpatía e atención.

Excursión o Aquarium Finisterrae

O último día antes das vacacións de Semana Santa, o alumnado de 1º e 2º de primaria visitaron o Aquarium Finisterrae en A Coruña. 

Foi un día cheo de diversión! 

Ver como alimentaban o tiburón Gastón e as focas, aprender sobre o dano que fai o lixo nas nosas praias, ver peixes exóticos, medusas e polbos! 

Aprenderon un montón e disfrutaron todos xuntos!! 

 

 

TELEXORNAL MIÚDO NA CRISTINA

Se de todo o que pasa no cole vos queredes enterar, o programa de radio da rapazada de primeiro tedes que escoitar!

Así comeza o "Telexornal Miúdo, Miúdo", un informativo que inclúe todo tipo de seccións: lectura, natureza, actualidade, deportes... elaborado polos máis reputados xornalistas da contorna. Se pinchades AQUÍ accederedes á retransmisión.

Noraboa por este traballo a estes alumnos e alumnas tan profesionais e a súa mestra, Carolina, por un podcast tan orixinal e unha montaxe extraordinaria!

 

CONMEMORANDO O 8M

Non hai mellor forma que conmemorar unha data tan significativa como o 8M (Día Internacional da Muller Traballadora) que convidando ás mamás do centro a que nos conten en que consiste o traballo que desenvolven. 

Neste eido, Yolanda, a mamá de Lucía e Leo, é técnica auxiliar de enfermería en partos nun hospital. Tróuxonos a indumentaria que emprega no seu día a día cando ten que axudar a traer un bebé ao mundo.

Susana, a mamá de Carmen, estudou Xeografía e Historia. Ademais de comentarnos como fora a súa experiencia estudando en Santiago e os motivos que a levaron a escoller esa carreira, falounos dunha etapa da arte moi chamativa para ela: o postimpresionismo. Fíxonos un repaso pola vida do pintor Vincent Van Gogh e convidounos a representar en tres dimensións unha réplica do cadro "La silla vacía".

Marta, a nai de Xiao, é mestra no centro. Ensínalle a ler, a escribir e a falar aos nenos e nenas. Tamén é xefa de estudos e axúdanos moito a tódolos profes e ao resto do persoal do cole. Pero o que máis lle gusta a Marta é... Contar contos! E sabedes que conto lles contou aos nenos e nenas de 3 anos? Nin máis nin menos que "El monstruo de las emociones va al cole".

 

Pili, nai de Paula, é costureira en Inditex. A súa nai tamén era costureira e de aí aprendeu o oficio. Confecciona prototipos para que logo outros profesionais decidan se se poñen á venta ou non. Ten que prestar moita atención e ser milimétrica á hora de coser unha prenda. Puidemos comprobar que o seu traballo require de paciencia e moita precisión, poñéndonos nós mesmos e nós mesmas a coser!

Raquel, a mamá de Leo, é profe de francés na Escola Oficial de Idiomas. Explicounos onde está Francia, onde se atopan os países de fala francesa e vocabulario en francés: as froitas. Xogamos a adiviñar a froita cos ollos pechados e a dicir o seu nome en francés. Tamén nos convidou a degustar uns bombóns tipicamente galos. Mon dieu, quelle richesse!

 

Laura, a nai de Carmela, traballa nunha empresa de construción facendo proxectos de obra. E... a que non sabedes que? Estache a voltas cun proxecto moi interesante que é o proxecto do parque de Razo!!

Ana Belén Varela, mamá de Ana, é contable nunha empresa e tamén dirixe unha explotación agraria familiar. Seguro que nos axuda co horto cando comecemos a plantar na primavera!

MOITAS GRAZAS A TODAS POLA VOSA VISITA!

Así mesmo, e como as actividades deben ser diversas e variadas, os nenos e nenas de 6º de primaria empregaron o material dos Polos Creativos "Coñecendo as estrelas" neste 8M. Consistiu en facer cubos quebracabezas con imaxes de mulleres importantes no mundo da ciencia, das artes... facendo un pequeno repaso sobre a biografía de cada muller. 

 

 

 

 

Día de Rosalía

Esta semana continuamos coas celebracións do Día de Rosalía, seguindo a proposta da Asociación Galega de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. 

O alumnado de Infantil elaborou os seus propios debuxos baseados no seguinte poema de Rosalía: 

Que feira, rapaza,
si cantas faremos...!
Festiña por fóra,
festiña por dentro. (...)

Así mo pediron
na beira do mar,
ao pé das ondiñas
que veñen e van.

Así mo pediron
na beira do río
que corre antre as herbas
do campo frorido.

Cantaban os grilos,
os galos cantaban,
o vento antre as follas
runxindo pasaba.

Campaban os prados,
manaban as fontes
antre herbas e viñas,
figueiras e robres.

 

Aquí podedes ver o marabilloso proceso de creación dos nosos artistas:

 

 

O alumando de 2º EP investigou sobre a vida de Rosalía:

 

 

O alumnado de 3º e 4º foi convidado a unha actividade organizada polo Concello de Carballo no parque de Rosalía, que inaguramos xuntos o curso pasado:

 

O alumnado de 4º tamén animouse a redactar un anaco de "Adeus ríos, adeus fontes" e elaborou este mural:

 

O alumnado de 3º, 4º,5º e 6º elaboraron un podcast que podedes escoitar neste enlace á páxina web da  biblio do cole:

http://ceipacristinabiblioteca.blogspot.com/2024/02/dia-de-rosalia.html 

 

Quedou incríble! Estes nenos e nenas son todos uns artistas!!!

 

 

 

Distribuir contido