Actividades
Xa nos estamos a preparar para celebrar o Día de Rosalía. Mais, para ir quentando motores, o equipo TIC do cole elaborou estas actividades ás que podedes acceder pinchando na imaxe ou AQUÍ e AQUÍ.
Son actividades para tod@s, de carácter inclusivo, variadas e dinámicas e, sobre todo, serven para que nos acheguemos á vida dunha figura tan importante na nosa literatura como é Rosalía de Castro. Os equipos de 1º e 2º de primaria prepararon uns murais arredor da súa figura, ilustrando os versos dos seus poemas.
"Cantaban os prados, manaban as fontes antre herbas e viñas, figueiras e robres."
"Na beira do mar, ao pé das ondiñas. Na beira do río, que corre entre as herbas do campo florido."
|
|||
O CEIP Plurilingüe A Cristina celebra con outros centros o Día Mundial da Radio 2024 que este ano cadra a martes de Entroido. A nosa aportación consistiu nunha homenaxe a Carlos "O Xestal", figura clave no noso patrimonio e coñecido por ser un humorista, músico e activista galego. Fíxose popular narrando contos e historias, as cales tiñan tintes reivindicativos contra o caciquismo. Traballou tamén por dignificar e visibilizar a música e a lingua galega. Se pinchades enriba da imaxe, accederedes directamente ao audio. Neste podcast, faise un breve repaso biográfico para pasar despois a unha interpretación dun dos seus contos. Ollade que ben o fai a nosa montaxista, Maica, e os nosos/as locutores/as! Este é o enlace á páxina de Ponte nas Ondas (pincha AQUÍ): https://escolasnasondas.com/ Este é o enlace ao noso podcast en Ponte nas Ondas (pincha AQUÍ): https://escolasnasondas.com/ceip-plurilingue-a-cristina-carballo-para-o-dia-mundial-da-radio-2024/
|
|||
Aínda que o tempo non acompañou, o pasado venres día 9 celebramos o Entroido no centro. A temática xirou en torno ao sétimo arte e as emocións que nos provocan as películas. O alumnado de infantil disfrazouse de pintores e pintoras.
O alumnado de primeiro ciclo de emoticonos.
O alumnado de segundo e terceiro ciclo de personaxes da película "O Rei León".
Despois do desfile, compartimos a merenda cos produtos que nos trouxeron as familias. Desfrutamos un montón! |
|||
É tempo de ENTROIDO, de festa, de máscaras, de filloas, de cocido... É tempo de coñecer un pouquiño máis sobre esta longa tradición que en Galicia non deixou nunca de celebrarse.
Sempre convén ir disfrazado... do que sexa! Aquí o que se valora é o espíritu participativo e as ganas de pasalo ben. Dependendo de onde nos atopemos, sen disfraz corremos o perigo de sufrir uns golpes de fusta; de que nos boten fariña ou formigas vivas; ou de ter que convidar a unha ronda. É a lei!
Como o Entroido vívese de forma diferente nos distintos lugares de Galicia, a nosa compañeira Irene, titora de 2º de primaria, elaborou unha presentación do máis interesante sobre as pantallas, os cigarróns, os peliqueiros...
Que traballazo!
Por enriba, é unha gran artista! Mirade as plantillas que fixo para que poidamos decoralas a nosa maneira. Son xeniais!
|
|||
O alumnado de educación infantil e 1º ciclo de primaria centrou os seus traballos para a paz na figura do pintor Pablo Picasso, imitando e reproducindo algunhas das súas obras máis emblemáticas.
O alumnado de 5 anos experimentou coa luz para facer a súa pomba.
Ollade tamén como traballaron a figura de Picasso os nenos e nenas de 2º de primaria. Fixeron a súa propia interpretación do "Guernica" e dos autorretratos. As obras quedaron espectaculares!
O alumnado de 3 anos participou tamén na actividade coa súa visión da pomba da paz.
|
|||
Xa chegou o Entroido un ano máis e, con el, os Mandadiños do Meco. O venres día 9 celebraremos un desfile na pista exterior e disfrutaremos dunha merenda exquisita pero antes debedes botarlle unha ollada ao cartaz para saber como temos que vestirnos do luns 5 de febreiro ao xoves 8. |
|||
Comezamos o 2024 amosándovos "O cofre dos desexos" do alumnado de 2º de Educación Primaria, que estiveron a traballar baixo o lema do proxecto de centro "Emocionarte".
Os nenos e nenas traballaron a empatía con desexos para todos os membros da comunidade educativa.
Desexamos que os nosos desexos e os vosos se cumpran no 2024! |
|||
Que mellor maneira de comezar este 2024 que retomando a rolda de entrevistas radiofónicas ás integrantes do equipo directivo do centro. A través das sempre incisivas preguntas dos entrevistadores coñeceremos algo máis sobre o traballo destas mulleriñas. Sabedes cal é a tarefa que máis satisfacción lle produce a Marta, a xefa de estudos? Dende logo, non ten nada que ver con cubrir horarios! E... a todo esto, quen se encarga da xestión económica do colexio? Que coordinou Carolina antes de asumir a secretaría? A resposta a todas estas e outras preguntas acharédela aquí. Pinchade en ENTREVISTA A MARTA, XEFA DE ESTUDOS ou ENTREVISTA A CAROLINA, SECRETARIA. |
|||
Boa tarde! Estas últimas semanas de cole, como xa temmos moitas ganas de vacacións, os nenos e nenas estiveron a mellorar o seu vocabulario en galego cun material elaborado pola mestra Irene. Tarxetas autocorrectoras para aprendernovos vocablos, realización de oracións con tarxetas de vocabulario e creación de historias sobre o Nadal. Deixámosvos algunhas fotos do traballo nas aulas. Seguimos aprendendo!
|
|||
Bo día a todos, dende o EDLG queremos compartir as nosas propostas para as cartas do Nadal. Como estamos a traballar baixo a metodoloxia DUA, temos diferntes propostas que se axusten ós diferentes ritmos de aprendizaxe. As dúas primeiras son creación completa por parte do EDLG e a última unha adaptación atopada en internet. As dúas primeiras serían para imprimir en tamaño A4 e a última en A3 para que teñan suficiente espazo apra imprimir e facer o sobre. Podedes encontrar os arquivos en PDF adxuntos a este post.
Esperamos que vos gusten! BO NADAL DENDE O EDLG |
|||
O 25N é unha data moi marcada no noso calendario. Estes días máis ca nunca, a comunidade educativa do CEIP Plurilingüe A Cristina di: "NON a seguir sumando vítimas" "NON ás agresións sexistas" "NON a normalizar actitudes que non son normais" "NON a pasar de largo ante comportamentos violentos" En definitiva, NON á violencia de xénero! Este ano, a bolboreta é o noso símbolo para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A bolboreta morada e o seu voo. Voemos xuntas! Voemos escapando de mans que aprisionan. Voemos cara a liberdade!
O alumnado do noso centro tamén participou na elaboración dun vídeo versionando a canción "Yo sólo quiero bailar".
A mensaxe que transmitimos é o máis importante! |
|||
Velaiquí uns recursos que o equipo TIC recopilou para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Entre eles, atopamos a proposta de actividades da UNESCO. Pinchade na imaxe para ir á páxina. Así mesmo, o programa Coeducando en Red propón reflexionar sobre certos estereotipos de xénero a partires do visionado de pequenas curtametraxes, pero tamén sobre a crudeza desta forma de violencia contra a muller. SARA Y LAS GOLEADORAS
EL CHUBASQUERO DE AURORA Adxuntamos tamén unha guía didáctica que nos pode dar ideas sobre como plantexar este tema na aula.
|
|||
O venres pasado os nos@s alumn@s de educación infantil visitaron as instalacións do Eco Museo Forno do Forte en Buño. Ademais de portarse de maravilla, pasárono xenial traballando o barro! |
|||
O xoves pasado os regueifeiros Lupe Blanco e Josinho da Teixeira pasaron a mañá botando unhas coplas na Cristina. Axudáronnos a facer uns versiños ben xeitosos,mentres que practicabamos a rima e coñecíamos algo máis sobre a arte de improvisar de forma melódica e, por suposto, con retranca.
UNHA BREVE VIAXE COA REGUEIFA POLO MUNDO GRAZAS POR UNHA MAÑÁ TAN LÍRICA E DIVERTIDA!!
|
|||
GAÑADOR@S!!!! O XXII Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís xa ten aos seus gañadores. O noso centro foi o CAMPIÓN da 1º categoría coa obra "Cataventos e Cía" do grupo "Os Cristinatreiros" formado por Roque, Carmen, Paula, Victoria, Ana, Iria, Luna e Lucía de 5º de primaria. Noraboa aos nos@s compañeir@s!! Amosaron unha gran capacidade de improvisación, ademais dunha coordinación, un ritmo e unha entoación perfectas. Sodes incribles! Boísimo traballo e moitas grazas a Maica, coordinadora da biblioteca e da radio, por asesorarnos sempre sacando o mellor de nós e a tódolos docentes por deixarnos ensaiar. Pinchade AQUÍ para acceder ao enlace na prensa.
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »