XOGAMOS A ORIENTARNOS PARA REMATAR O CURSO

 

Para rematar o curso, o alumnado de cuarto, quinto e sexto  de E. Primaria desfrutou ao longo de toda a mañá   dunha actividade de introdución á disciplina de orientación, realizando unha carreira de orientación no entorno do parque do Anllóns.

 

Con esta actividade lúdica de iniciación o que se buscou foi que o alumnado desfrutara dun último día de clase dunha maneira lúdica e cooperativa.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 

COLABORANDO XUNTOS NO ACOMPAÑAMENTO ENTRE IGUAIS

O alumnado de 5º de primaria e 5º de educación infantil elaborou conxuntamente unha maqueta dos arredores do centro comercial de Carballo. Escribiron os nomes dos lugares máis emblemáticos, pintaron e distribuíron os espazos. Tamén fixeron figuras en plastilina. Esta tarefa atopábase dentro da iniciativa Acompañamento Entre Iguais, tratando de construír cousas xuntos.

 

HOMENAXEANDO A PIET MONDRIAN

Piet Mondrian foi un pintor holandés que entendía que a arte debería ser representada a través de liñas rectas e cores puras. Quixemos entón imitar a este artista vangardista cunhas pequenas obras de animais feitas en branco e con fondo negro, combinando azuis, vermellos e amarelos.

 

SORPRESA PARA OS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS DO RECUNCHO DE NUNO

Que sorpresa recibiron os nosos voluntarios e voluntarias da biblio "O recuncho de Nuno". As integrantes da equipa da biblio tíñanlles preparad@s un pequeno obsequio por tanto traballo e tanta dedicación á biblioteca do centro. Este espazo mellorou grazas ao bo facer de todos el@s! 

Esperamos contar con todos vós o próximo ano! GRAZAS!!

 

NOVA XORNADA DE ACOMPAÑAMENTO ENTRE IGUAIS

O alumnado de segundo e cuarto de primaria celebrou durante o tempo de lecer de hoxe unha nova xornada do programa Acompañamento Entre Iguais. Esta vez mesturáronse para xogar xuntos a diferentes xogos de mesa: parchís, xadrez, oca, bingo...

Pasárono de marabilla!

 

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE SOCORRISMO E SALVAMENTO CON SYSCA

No día de hoxe visitáronnos os deportistas do Clube de Salvamento e Socorrismo de Carballo (SYSCA). Grazas a eles puidemos coñecer de primeira man en que consiste este deporte, que goza de gran aceptación lonxe das nosas fronteiras en países como Australia, Nova Zelanda ou Sudáfrica.

Trouxeron con eles algún material acuático como o floppi ou brazo de rescate, unha táboa, unhas aletas e dous maniquís.

Moitas grazas! Sodes os mellores!

 

PERCORRIDO POLOS MURAIS DE DERRUBANDO MUROS CON PINTURA.

No día de onte, os alumnos e alumnas de 5º nivel de educación primaria fixeron un percorrido por algúns dos murais que forman parte da iniciativa "Derrubando muros" en Carballo.

Luna e Ross prepararon un itinerario e convidaron aos seus compañeiros e compañeiras a realizar un roteiro onde lles ían explicando algúns datos curiosos sobre as obras.

A primeira parada foi "Morriña". Esta obra representa un sentimento moi arraigado á nosa patria. Obśervase unha combinación de cores grises.

A segunda parada foi "O lapis do grafiteiro". 

Se vos fixades as figuras que están a maior altura empregan cordas e as que están colgadas a menor altura usan ferramentas.

Despois dirixímonos a ver "A orixe II".

 

Este mural chámase así porque o mesmo autor pintara antes outro mural dun buzo. Predominan as cores azuis.

As últimas obras que visitamos foron "O músico" e "Fina de Carballo, a muller Nitromón".

"O músico" representa a unha figura que chama ao espíritu xove e libre e crea un ambiente máxico no seu entorno.

No último mural, aparece representada unha señora cunha variante da pataca de Carballo, unha pataca fina. Simula á figura de Obélix coa pedra cargada ás costas.

 

 

 
 
 
 

Intercambio de presentacións co CEIP Bergantiños

Dende o EDLG estamos a traballar con varios centros con intercambios de debuxos, presentacións e postais. 

 

O alumnado do centro esta aprendendo sobre nenos e nenas doutros colexios, unha actividade, colaborativa, enriquecedora e relacionada co noso proxecto de centro "EmocionArte". 

Esta vez, da man da excompañeira e profe Paula, que dende o seu novo centro, quixo colaborar con nós! 

Incríbles debuxos, os nenos de nenas do centro están moi contentos de ter recibido as vosas creacións! Só temos palabras de agradecemento a todos os centros colaboradores!

 

SEN VÓS, ISTO NON SERÍA POSIBLE! 

A CÁPSULA DAS EMOCIÓNS

A comezos de setembro, o alumnado de 5º elaborou unha pequena entrevista sobre as emocións, reflexionando sobre como eles e elas esperaban o transcorrer do ano académico. Meteron o portfolio nunha cápsula do tempo que acabaron de abrir esta semana. Que sorpresas!

 

 

 
 



VISITA DO ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL A CORAX FAUNA

Canto disfrutaron os nosos nenos e nenas de educación infantil da visita a Corax Fauna! Nunca estiveron tan preto de felinos e tartarugas, entre outros animais salvaxes.

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2024/25

O alumnado que obtivo praza para o vindeiro curso 2024/25 ten que formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño entregando a seguinte documentación:

  • Impreso de matrícula debidamente cuberto e asinado (a recoller en secretaría ou descargar a documentación en adxuntos).
  • Enquisa sociolingüística cuberta (a recoller en secretaría ou descargar a documentación en adxuntos).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (orixinal e copia).
  • Fotocopia do calendario de vacinación (orixinal e copia).
  • Dúas fotos tamaño carné.
  • Informe médico no que consten ou non enfermidades ou alerxias que deban coñecerse.
  • No caso de separación ou divorcio, copia de sentenza xudicial.

Excursión a Marcelle Natureza

O alumnado de 1º ciclo, foi onte martes 11 de xuño a visitar o espazo de Marccelle Natureza. 

O equipo de conservación da fauna explicaron as tristes historias de como os osos, lobos, emús ou wallabies acabaron neste espazo e a súa labor de coidado e readaptación dos animais o medio natural. 

Os nenos e nenas tiveron a opoirtunidade de pasear e ver de cerca a moítimos animais doutros continentes, sempre dende o respeto e cunha escoita moi activa. APRENDERON UN MONTÓN!!

Deixamos un pequeno video sobre a nosa xornada, foi unha convivencia moi enriquecedora entre os nenos de 1º e 2º de EP. 

Recomendámos ir de visita!!!

Teatro na aula

O alumnado de 2º de Educación Primaria, traballou neste final de curso o teatro, aprenderon sobre a redacción dunha obra, sobre os personaxes e o narrador.

Aquí tedes unha pequena mostra do ben que o fixeron os nosos artistas.

 

BRAVO!! 

QUINTO PREMIO PARA O NOSO CENTRO NO CERTAME "O VELLO DOS CONTOS"

 

Merecidísimo quinto premio do noso alumnado no certame de podcast "O vello dos contos"!!!! Bravo por Adrián, Raúl, Xián, Julia e Carla. Unha posición moi meritoria tendo en conta que éramos case principiantes neste concurso. 

Foi unha entrega de premios moi emotiva, desprazándonos ata o IES Rosalía de Castro en Santiago de Compostela para asistir á gala.

O noso agradecemento a Maica, coordinadora de Radio na Biblio, pola súa incrible labor na montaxe do podcast.

 Pincha AQUÍ para acceder ao enlace online da noticia.

DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE

O pasado mércores día 5 de xuño o alumnado do noso centro celebrou o Día do Medioambiente desprazándose ata a Praza do Concello para dar e recibir milleiros de apertas. Coloreou as apertas en papel e logo colocounas arredor das árbores, ás que hai que coidar moito.

Tamén desfrutaron dun concerto divertidísimo!

 

Distribuir contido