ACOMPAÑAMENTO ENTRE IGUAIS

O vindeiro luns iniciamos o programa "Acompañamento entre iguais". Esta iniciativa pretende que o alumnado comparta 20 minutos semanais con outros iguais do centro, realizando actividades conxuntas. Ao longo do primeiro trimestre, primarán as parellas e os grupos de tres por ciclos. Deste xeito, o alumnado de primeiro, que ademais acaba de iniciarse na etapa, desfrutará da compaña do alumnado de segundo e así sucesivamente. Ditas reunións pretenden crear e fortalecer un vínculo.

A primeria actividade versa sobre coñecer os gustos e afeccións do outro/a, afondando así na súa personalidade. Para elo, realizaranlle unha entrevista a súa parella. Logo, poderán resolver sudokus e sopas de letras onde atopar algunhas das emocións que imos a traballar ao longo deste curso.

Botádelle unha ollada ás nosas actividades para infantil e primaria nos arquivos adxuntos.


 

NA PROCURA DO OUTONO

O outono enche as fragas de cores marróns, vermellas e laranxas. Chegan as castañas, as cabazas, os cogumelos... As nenas e nenos de 5 anos deron unha volta pola contorna na procura dos elementos do outono.

A ARTE DE CONTAR UN CONTO

O feito de contar un conto non é un mero entretemento infantil, realmente é moito máis.

A través do conto regalámoslle aos nenos/as un universo desde o que interpretar e comprender a realidade que os arrodea, e tamén a chave para comprenderse e interpretarse a sí mesmos/as.

No día de hoxe, @s nen@s de 5 anos disfrutaron dunha agradable sesión de contacontos con Laura, logopeda en "O meu gabinete". O conto escollido foi "O coelliño branco" de Xosé Ballesteros.

 

A historia do coelliño branco reivindica a amizade e a coraxe como proba de que a valentía non é cuestión de tamaños xa que o protagonista atopa a súa casa ocupada por unha enorme cabra, despois de ir recoller coles á horta.

Na busca de axuda atópase con diversos animais que rexeitan enfrontarse á cabra e só a formiga é capaz de facer xustiza.

Grazas Laura, por introducir na aula as cuestións enriba mencionadas e por non esquecer o papel do antagonista que fixo reflexionar aos nen@s sobre as boas e malas accións formulando preguntas como: a cabra pórtase ben? Está ben ocupar a casa de alguén? a formiga bota da casa de boas maneiras á cabra? poderíase solucionar doutra forma?

REUNIÓNS COAS FAMILIAS SETEMBRO 2023

 

Para a vindeira semana celebraranse as seguintes reunións das titoras coas familias:

 

MÉRCORES día 6 de setembro: reunión das familias de 5º de primaria coas titoras Carme Regueira e Patricia Rodríguez ás 10:00 h.

 

MÉRCORES día 6 de setembro: reunión das familias de 6º de primaria coa titora Carmen Rama ás 12:00 h.

 

XOVES día 7 de setembro: reunión das familias de 2º de primaria coa titora Irene Yáñez Leiro ás 11:00 h.

 

XOVES día 7 de setembro: reunión das familias de 5º de infantil (4 anos) coa titora Berta Suárez ás 11:30 h.

 

XOVES día 7 de setembro: reunión das familias de 6º de infantil (5 anos) coa titora Raquel Martínez ás 11:00 h.

 

XOVES día 7 de setembro: reunión das familias de 4º de infantil (3 anos) coa titora Raquel Mato Cotelo ás 11:00 h.

 

XOVES día 7 de setembro: reunión das familias de 1º de primaria coa titora Carolina Carreira Pacoret ás 12:00 h.

 

BENVIDOS AO NOVO CURSO 2023/24

ESTAMOS DE VOLTA!!!

ÉNCHENOS DE LEDICIA ABRIR AS AULAS PARA RECUPERAR AMIZADES, APRENDIZAXES E PROXECTOS, ACOMPAÑANDO AO NOSO ALUMNADO NO SEU CRECEMENTO PERSOAL E FAMILIAR.

Adxuntamos un pdf cos horarios de entrada e saída.

Tamén lle podedes botar unha ollada á asignación de titorías pinchando AQUÍ.

ATENCIÓN AOS ADMINISTRADOS/AS

A partires desta data, e durante o mes de agosto, o centro permanecerá pechado. Para facilitar a atención a aquelas persoas que a demanden, a dirección deste centro entende cómo medio factible de contacto o correo electrónico do mesmo: ceip.acristina@edu.xunta.gal

Moitas grazas.

BO VERÁN A TODAS E TODOS!

 

Hoxe finalizamos o curso escolar 2022-2023 e desde a Comunidade educativa do Ceip.Plurilingüe A Cristina dirixímonos a todas as familias para desexarvos unhas boas vacacións de verán.

Non queremos deixar pasar o momento de agradecer o esforzo e dedicación dos nosos alumnos/as,dos mestres/as, e aos pais e nais por depositar a vosa confianza en nós.

Bo verán! Vémonos de novo o 11 de setembro.

Revista As Brañas 22-23

Outro ano máis, convidamosvos a botar unha ollada a nosa revista anual " As Brañas" na que se recollen algiunhas das actividades levadas a cabo este curso. Grazas a profesorado e alumnado pola vosa participación. 
 
Esperamos que vos guste! 
 
 
 
 

OBRADOIROS DE LIBRE CIRCULACIÓN

O vindeiro martes día 19 organizamos uns Obradoiros de Libre Circulación no centro dirixidos ao alumnado de infantil e de primaria.

Que entendemos por Obradoiros de Libre Circulación?

No contexto de Libre Circulación o profesorado non impón ideas, senón que elabora propostas que supoñen un reto para o alumnado que lles permiten desenvolver tanto habilidades como coñecementos. 

A libre circulación conta con diversas vantaxes:

  • Ofrécelle ao alumnado a oportunidade de estar en diferentes espazos.
  • Desenvolve a autonomía do alumno/a xa que lle permite traballar a toma de decisións.
  • Aumenta o interese e a motivación.
  • Permite o desprazamento do alumnado libremente dun espazo a outro, contando co apoio do profesorado.
  • Respecta os diferentes ritmos o que conleva a finalización da tarefa por parte de tod@s.

PASEANDO POLO RÍO ANLLÓNS

Aproveitando o día tan maravilloso que facía onte, os/as alumnos/as de 5 anos deron un pequeno paseo polas marxes do río Anllóns. Alí puideron escoitar o canto dos paxariños e practicar xogos ao aire libre. Fantástico!

 

XORNADAS DE SOCORRISMO E SALVAMENTO

No día de onte o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria disfrutou dunhas xornadas de sensibilización sobre socorrismo e salvamento a cargo SYSCA Carballo. Membros do clube achegáronse ao centro para difundir a labor do/a socorrista, amosándonos algunhas prácticas en praias e piscinas e materiais de salvamento deportivo.

LUCÍA E MANUEL CAMPIÓNS DO VIII TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

Lucía e Manuel proclamáronse campións das finais de quinto e sexto curso  de E. Primaria do VIII Torneo de Bádminton da Cristina , que se disputou durante os  meses de maio e xuño.

Na final de quinto curso, Lucía  gañou por dous sets a cero a Adrián ( 21-14 e 21-13).

En sexto curso, Manuel logrou a victoria por dous sets a un ante  Rodrigo (21-11,16-21 e 21-12).

Ao final do partidos, os  finalistas recibiron sendos trofeos, e o  resto dos participantes de  cada curso, unha medalla de recordo.


Noraboa a tod@s!

 

 

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA PARA O CURSO 2023/24

O alumnado que obtivo praza para o vindeiro curso 2023/24 ten que formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño entregando a seguinte documentación:

  • Impreso de matrícula debidamente cuberto e asinado (a recoller en secretaría ou descargar documento adxunto).
  • Enquisa sociolingüística cuberta (a recoller en secretaría ou descargar documento adxunto).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria (orixinal e copia).
  • Fotocopia do calendario de vacinación (orixinal e copia).
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Informe médico no que consten ou non enfermidades ou alerxias que deban coñecerse.
  • No caso de separación ou divorcio, copia da sentenza xudicial (orixinal e copia).

ORIENTACIÓN NA ESCOLA

O alumnado de sexto curso de E.Primaria desenvolveu hoxe unha actividade de introdución á disciplina de orientación, realizando unha carreira de orientación no entorno do parque do Anllóns.

Con esta actividade lúdica de iniciación o que se pretende é facilitar a inmersión do alumnado nesta modalidade deportiva de maneira lúdica e cooperativa, buscando como obxectivos:

-Ofrecerlles  unha alternativa máis para o uso e gozo do seu tempo libre.

-Desenvolver diferentes aprendizaxes que poidan extrapolarse posteriormente para poder ser empregadas en diferentes situacións cotiás.

-Conciencialos da necesidade de coidar e manter os espazos naturais.

-Fomentar a colaboración entre eles/elas e a capacidade de traballo en grupo.

-Aprender a interpretar diferentes tipos de planos. 

 

FINALISTAS DO VIII TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA 2023

Lucía,Adrián, Manuel e Rodrigo , clasificáronse para as  finais de 5º e 6º de E.Primaria do VIII Torneo de Bádminton da Cristina 2023.

Os resultados dos partidos de semifinais foron os seguintes:
 
  • Irina & Adrián  : 19-21,14-21.
  • Lucía & Abel: 14-21, 21-19, 21-17.
  • Judith & Manuel: 16-21, 21-11,20-22.
  • Uxía & Rodrigo: 21-19, 11-21,20-22.
O martes e xoves da  semana que vén terán lugar as dúas finais.
 
Moita sorte para todos/as!

 

Distribuir contido