A ARTE DE CONTAR UN CONTO

O feito de contar un conto non é un mero entretemento infantil, realmente é moito máis.

A través do conto regalámoslle aos nenos/as un universo desde o que interpretar e comprender a realidade que os arrodea, e tamén a chave para comprenderse e interpretarse a sí mesmos/as.

No día de hoxe, @s nen@s de 5 anos disfrutaron dunha agradable sesión de contacontos con Laura, logopeda en "O meu gabinete". O conto escollido foi "O coelliño branco" de Xosé Ballesteros.

 

A historia do coelliño branco reivindica a amizade e a coraxe como proba de que a valentía non é cuestión de tamaños xa que o protagonista atopa a súa casa ocupada por unha enorme cabra, despois de ir recoller coles á horta.

Na busca de axuda atópase con diversos animais que rexeitan enfrontarse á cabra e só a formiga é capaz de facer xustiza.

Grazas Laura, por introducir na aula as cuestións enriba mencionadas e por non esquecer o papel do antagonista que fixo reflexionar aos nen@s sobre as boas e malas accións formulando preguntas como: a cabra pórtase ben? Está ben ocupar a casa de alguén? a formiga bota da casa de boas maneiras á cabra? poderíase solucionar doutra forma?