E SEGUIMOS SURFEANDO!

Onte e hoxe foron os/as alumnos/as de segundo e terceiro de educación primaria os que disfrutaron dunha xornada de surfing na praia de Razo. Ollade que ben o pasaron!

BECAS NEAE

O 26 de abril publicouse a convocatoria para solicitar as axudas para o alumnado con Necesidade Específica de Apoio Educativo. O prazo abrangue dende o 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023.

A documentación a presentar é a que segue:

-Solicitude de beca cuberta e firmada.

-Fotocopia do DNI dos membros que compoñen a unidade familiar.

-Informe médico actualizado.

-Orzamento do gabinete (psicolóxico, psicopedagóxico e/ou logopédico) ao que acudirá o alumno/a.

Todo o proceso de solicitude da beca realízase pola Sede Electrónica do Ministerio de Educación e Formación Profesional. Unha vez cuberto, hai que imprimir o formulario de solicitude (PDF) e presentalo no centro educativo de non ter certificado electrónico.

https://sede.educacion.gob.es/portada.html

 

APRENDE A TRAVÉS DO SURFING NA PRAIA

Hoxe  comezaron na praia de Razo as actividades de surf na praia englobadas no proxecto "Aprende a través do Surfing". 

O alumnado de primeiro de E.Primaria participou ao longo de toda a mañá dunha xornada de convivencia, onde os nenos/as tiveron a oportunidade de desfrutar do surf, coñecer a cultura oceánica  e experimentar todos os valores do surfing.

As proximas sesións, se as condicións metereolóxicas e das mareas o permiten, serán nas datas seguintes:

 

  • Luns 8 de Maio: 2º E. Primaria.
  • Martes 9 de Maio: 3º E. Primaria.
  • Mércores 10 de Maio: 4º E. Primaria.
  • Xoves 11 de Maio: 5º E. Primaria.
  • Venres 12 de Maio: 6º E. Primaria. 

VIII TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

Os alumnos/as de 5º e 6º de E.Primaria comezaron hoxe  o VIII Torneo de Bádminton da Cristina. 

Ao longo das próximas semanas celebraranse todos os partidos durante os recreos.

Moita sorte a todos/as!

ANDAINA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

A rapazada do CEIP Plurilingüe A Cristina botouse hoxe á rúa para protestar contra o Acoso Escolar, co obxectivo de concienciar sobre esta forma de violencia que a sociedade non logra erradicar. 

Erguendo ben altas as nosas pancartas, chegamos ata a Praza do Concello. Alí reunímonos para entoar os nosos cánticos de protesta e, despois, fomos merendar ao parque.

De volta, os/as nenos/as de Educación Infantil continuaron polo Paseo do Anllóns, collendo flores como fermoso broche final para este día.

Ollade o vídeo resume!

 

 

 

DÍAS NON LECTIVOS

Lembrámosvos que o vindeiro LUNS, 1 DE MAIO(festivo nacional) e  MARTES, 2 DE MAIO (día non lectivo escollido polo centro)  son  DÍAS NON LECTIVOS, polo que o centro educativo estará pechado ambos días.

As clases reiniciaranse o MÉRCORES, 3  DE MAIO no seu horario habitual.

Un saúdo.

A MAXIA DA LUZ

Fixádevos que obras de arte tan maravillosas se poden crear co retroproxector! Este aparello ten moitísimas aplicacións e resulta moi inspirador.

CONMEMORACIÓN DA SEMANA DO LIBRO

No CEIP Plurilingüe A Cristina estamos que non paramos celebrando a Semana do Libro. O luns recibimos a visita de Pere Tobaruela (Barcelona, 1965) para falar da súa obra "Formigas. Misión Rosalía", publicado pola Editorial Xerais. E a que non sabedes? Os alumnos/as de 5º e 6º fixeron unha tertulia literaria dende a Radio Escolar comentando os aspectos máis destacados libro. Para escoitala só tedes que descargar o arquivo de audio nos documentos adxuntos.

Pero esto non fica aquí! Mañá acompañaranos a escritora nacida en Cee María Canosa para falar do seu libro "As pombas de Bastián". O programa "Recomendacións Lectoras" da Radio Escolar fixo unha breve sinopse da obra, ademais de incidir no que máis lle gustou e noutras ideas que se podían mellorar. Descargádeo nos arquivos adxuntos!

 

SEMANA DO LIBRO E A LECTURA

Do 24 ao 28 de abril celebrarase a Semana do Libro e a Lectura.


O Concello de Carballo oferta actividades moi interesantes para tódolos cativ@s. Descargade o tríptico e a volantina nos arquivos adxuntos onde veredes o programa de actividades. 

O CEIP Plurilingüe A Cristina tamén colaborou na exposición. Se subides á primeira planta da Biblioteca Rego da Balsa atoparédesvos cun impresionante recuncho onde se atopan algúns dos traballos do noso alumnado. Lembrade que se as familias desexades ver a exposición polas tardes debedes poñervos en contacto coa Biblioteca Rego da Balsa para reservar.

 O noso alumnado asistirá ás seguintes actividades a vindeira semana:

  • Martes 25: o alumnado de 1º nivel de educación primaria asistirá ao espectáculo "Rockeando con Ramona Pequena" de Pakolas e en horario de 12:00 h a 13:00h.
  • Mércores 26: o alumnado de 6º nivel de educación infantil asistirá ao espectáculo "E a ti... que che chontaban?" de Vero Rilo en horario de 11:30 h a 12:30 h.
  • Venres 28: o alumnado de 5º nivel de educación primaria asistirá ao espectáculo "A ovella e o lobo e o año e a ovella" de Celso Fernández Sanmartín de 10:00 h a 11:00 h. Neste mesmo día, o alumnado de 3º nivel de educación primaria asistirá ao espectáculo "Aprende maxia" de Mago Marco tamén no mesmo horario. 

 

SAÍDA AO MELGA

O pasado venres o alumnado de 3º e 4º nivel de educación primaria visitou o Museo Etnolúdico de Galicia (MELGA) da man de Ricardo Pérez y Verdes, home polifacético onde os haxa, antigo seleccionador de voleibol, mestre do INEF e apaixoado do estudo da evolución histórica do xogo e do deporte a través dos tempos e das civilizacións antigas.

 

EASTER SCAVENGER HUNT

Sonia, a profe de inglés, e Kate, a auxiliar de conversa, puxeron en marcha a "Easter Scavenger Hunt", típica actividade dos países de fala inglesa que consiste en buscar ovos de Pascua que están agochados.

 

 

APRENDE A TRAVÉS DO SURFING 2023 PARTE 1

Onte remataron as sesións da primeira parte do proxecto " Aprende a través do Surfing" que se desenvolveron no noso colexio ao longo do martes, mércores e  xoves desta semana.

Quero agradecer a  Martín e Paco, a súa absoluta disponibildade e a maneira de transmitir con tanta ilusión e entusiasmo a súa forma de vida.

Moitas grazas!

APRENDE A TRAVÉS DO SURFING

O noso centro participará de novo durante este curso no proxecto "Aprende a través do Surfing".

O martes, mércores e xoves desta semana, dous monitores de surf, Paco e Martín Varela(director da escola de surf "Boaola"), desenvolverán  unhas sesións de iniciación ao surfing aos alumnos/as de todos os cursos de Educación Primaria.
 
Estas sesións terán continuidade cunhas xornadas de convivencia no mes de maio na praia de Razo onde os nenos/as terán a oportunidade de desfrutar dun bautismo de surf, coñecer a cultura oceánica  e experimentar todos os valores do surfing.

AXUDAS DE ESTUDOS PARA ALUMNADO DO 2º CICLO DE E. INFANTIL E CONSERVATORIO DE MÚSICA

Dende o Concello de Carballo desexan comunicarlle ás familias que hoxe abriu o prazo para presentar as solicitudes das Axudas de Estudos para alumnado de 2º ciclo de Educación Infantil e estudos de Grao Elemental ou Profesional no Conservatorio Profesional de Música de Carballo para o curso 2022/23 ata o 4 de maio. Xúntanse as bases da convocatoria e o modelo normalizado de solicitude (dispoñible na páxina web www.carballo.gal). As solicitudes poden presentarse a través da sede electrónica https://sede.carballo.gal/ou nos rexistros do Concello de Carballo ata o 04 de maio de 2023.

O horario de atención ao público, nas oficinas da Concellaría de Cultura, para recibir a información que precisen sobre esta convocatoria será de luns a venres de 11.00 a 12.30 h.

XOGOS POPULARES

Vivan os recreos activos!

Hai que ver como disfrutou o alumnado de 1º e 2º nivel de primaria cun obradoiro de xogos tradicionais.

Participaron en:

  • Carreiras de sacos

  • Pelexas de chapas: onde tiñan que intentar sacar do círculo as chapas dos compañeiros/as.

  • Encestar pelotas nunha tina.

 

  • Catro en liña, tres en raia...

 

Distribuir contido