LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023/24

No arquivo adxunto podedes consultar os libros de texto para o curso 202324. Lembrámosvos que este documento está a vosa disposición no hall do centro.

A HORTA DA CRISTINA

Ollade para aquí! Comezamos a recoller os froitos da nosa horta e con eles os nenos e nenas de catro anos elaboraron unha apetitosa ensalada.

Uuummmm!!! Riquísima!!

Noraboa a estes pequen@s cociñeir@s!

 

 

DÍA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE

O pasado luns día 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente en torno á temática "Esculturas que salvan o planeta". Os/as nenos/as e as súas familias realizaron incribles figuras con materiais de refugallo, reutilizando gran parte destes residuos. 

Esta actividade, ademais de resultar tremendamente creativa, lémbranos que toda acción que coma cidadáns adoptemos contra a contaminación SUMA ao movemento mundial.

Nesta liña, The Washed Ashore Project é un interesante proxecto que busca concienciar do impacto ambiental dos plásticos a través da construcción de grandes esculturas precisamente voltando a empregar moitos deles.

MOITÍSIMAS GRAZAS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN!

"O máis pequeno acto de amabilidade vale máis cá grande intención".

Óscar Wilde

CONTACONTOS CON VIKI

O pasado luns tivemos a sorte de ter entre nós a Viki! É unha actriz que nos enviou a Editorial Santillana para alongar un pouquiño máis, e sobre todo divertirnos, o libro que estivemos a ler este curso en 3º e 4º de primaria, "El ataque polilla" de Ledicia Costas.

Foi moi entretido porque puidemos descubrir canto sabíamos dos personaxes do libro, como era o seu carácter, a súa forma de falar e de moverse... E grazas a Viki, interpretalos de forma teatral!

Pasámolo xenial!

 

ACTIVIDADES NA NATUREZA

O alumnado de 3º e 4º de primaria disfrutou dunha xornada multiaventura na Fervenza do Toxa (Silleda). Fixemos escalada, tirolina, tiro con arco... e todo dentro dun entorno privilexiado. Bótalle un ollo!

Do mesmo xeito, uns días atrás quixemos practicar surf na praia de Razo. Antes de zambullirnos na auga, e durante a primeira parte da mañá, realizamos unha búsqueda e unha clasificación de residuos. 

Logo, pasamos directamente á acción meténdonos na auga!

NAVEGA CON RUMBO

O alumnado de 5º e 6º de primaria recibiu unha charla sobre seguridade e uso responsable da Internet. Dita actividade está encadrada dentro do Plan "Navega con Rumbo polo Ciberespazo", do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia.

A Internet ofrece un mundo de posibilidades, pero tamén supón unha serie de riscos, polo que cómpre darlles todos os consellos e recomendacións que poidamos.

SAÍDA Á GRANXA CONVENTINA

Hai que ver que ben o pasaron os pequen@s de infantil na Granxa Escola Coventina no Concello de Carral!!

Montaron a cabalo, peinaron ponis, abrazaron coelliños... Ollade este vídeo!!

 

EXCURSIÓN DO ALUMNADO DE TERCEIRO CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA A POBO AVENTURA

O alumnado de terceiro ciclo de Educación Primaria desfrutou ao longo do día de hoxe dunha excursión a Pobo Aventura (Teixeiro), onde aprenderon a importancia da conservación dos espazos naturais a través de diversas actividades na natureza.

Nas actividades que levaron a cabo, coñeceron os recursos naturais e etnográficos dos pequenos pobos do interior de Galicia.

 

 

COÑECE O MEU CLUB:ESCOLAS BALONMÁN XIRIA.

Durante esta semana estiveron no noso centro dous adestradores das Escolas Balonmán Xiria,Jorge e Zarra,para facer unha presentación práctica e lúdica do seu deporte, explicar o funcionamento do club (localización, horarios de adestramento, competicións…)

Con este programa de Xogade ( Xogos deportivos en idade escolar) preténdese que os escolares do noso centro coñezan os recursos deportivos dispoñibles en Carballo. Ofrecéndolles así unha alternativa de ocupación para o seu tempo libre e fomentándose a práctica da actividade física entre a nosa poboación escolar. Con esta actividade desde o centro buscamos poñer en mans do noso alumnado a maior cantidade de recursos posibles, que lles axuden a conseguir uns hábitos cada vez máis activos e saudables, creando así un vínculo importante entre o centro e os clubs da nosa localidade.

 

Esta actividade terá continuidade o próximo martes.

 

 

A CAIXA DE CARTÓN COMO ELEMENTO DE XOGO

A caixa de cartón é un material moi versátil que se pode transformar moi facilmente, recortándoo, pintándoo ou complementándoo con outros materiais ou xoguetes.

 

Aos máis pequen@s gustaralles moito esconderse e reaparecer e usarán a caixa coma elemento de psicomotricidade, entrando fisicamente dentro dela.

 

Os máis maiores usarana coma xogo simbólico, transformándoa nun barco, nun avión, nunha casa, nun coche... En tódalas idades é posible incorporar á caixa de elementos e materiais artísticos, como teas ou pinturas. As posibilidades son infinitas.

AMOSÁMOSVOS O NOSO HORTO

Hai que ver como cuidamos a nosa hortiña e o satisfeit@s que estamos de ver como os produtos que cultivamos medran e medran. 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO 23/24

Vén de publicarse no Diario Oficial de Galicia a participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e Axudas para a Adquisición de Libros de Texto e de Material Escolar. 


As solicitudes tramitaranse cubrindo o impreso adxunto, o cal tamén estará á vosa disposición na conserxería do centro, ou de forma telemática para tod@s aquel@s que dispoñades de certificado electrónico na Sede Electrónica da Xunta.

 

  • Forma de presentación electrónicahttps://sede.xunta.gal/portada
  • Forma de presentación presencial pero con asistencia da aplicación: cubrir os datos na apliación, imprimir os Anexos I e II producidos e presentar no centro educativo.
  • Forma de presentación presencial manual: empregar os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presentalos no centro.

Deberán cubrirse os Anexos I e II, así como achegar copia do libro de familia. En caso de separación ou divorcio requírese copia da sentenza xudicial ou do convenio regulador, onde se especifique a garda e custodia do menor. Terase en conta a renda do ano 2021 e o número de membros computables da unidade familiar con data do 31/12/2021.


As solicitudes serán únicas, no caso de ser presenciais, para tod@s os/as fill@s matriculados no centro. No caso de que as solicitudes se tramiten de xeito telemático serán unha por cada fillo/a.


O prazo de presentación de solicitudes abrangue dende hoxe sábado día 20 de maio ata o vindeiro mércores 21 de xuño de 2023, coincidindo co remate do presente curso académico.


As solicitudes para os niveis de 5º e 6º de educación primaria tramitaranse só para a adquisición do material escolar por ser cursos E-DIXGAL.


O alumnado que non estea admitido/a nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2023/24, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2022/23.


O alumnado que curse a día de hoxe 6º nivel de educación primaria e estea admitido/a no IES para o vindeiro curso, presentará a solicitude no Instituto de Educación Secundaria.


Máis información nos arquivos adxuntos e na páxina da Consellería: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

 

 

VI CARREIRA POLA LINGUA DA CRISTINA

Para conmemorar o Día das Letras Galegas, hoxe celebramos na pista polideportiva do noso colexio, a "VI Carreira pola Lingua do Ceip. A Cristina",na que participou todo o alumnado do centro, para reivindicar a defensa da nosa lingua e fomentar os hábitos saudables.Este ano contamos coa actuación de dous músicos que nos deleitaron co seu bo facer.  

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 
 
 

LISTAXE DEFINITIVA DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 2023/24

O pasado martes día 9 publicamos as listaxes definitivas de admitidos e non admitidos para o vindeiro curso 2023/24 no hall do centro. 

Foron admitidas todas as solicitudes presentadas en prazo para 4º nivel de educación infantil e para 5º nivel de educación primaria. No resto dos cursos as solicitudes presentadas non foron admitidas por non haber vacantes.

O prazo para formalizar a matrícula é do 20 ao 30 de xuño de 2023.

 

SPRING IS HERE

No CEIP Plurilingüe A Cristina a primavera está no aire e quixemos crear nos corredores un ambiente moi fermoso. 

Cando fai bo, encantános saír a merendar fóra.

 

Distribuir contido