ORIENTACIÓN NA ESCOLA

O alumnado de sexto curso de E.Primaria desenvolveu hoxe unha actividade de introdución á disciplina de orientación, realizando unha carreira de orientación no entorno do parque do Anllóns.

Con esta actividade lúdica de iniciación o que se pretende é facilitar a inmersión do alumnado nesta modalidade deportiva de maneira lúdica e cooperativa, buscando como obxectivos:

-Ofrecerlles  unha alternativa máis para o uso e gozo do seu tempo libre.

-Desenvolver diferentes aprendizaxes que poidan extrapolarse posteriormente para poder ser empregadas en diferentes situacións cotiás.

-Conciencialos da necesidade de coidar e manter os espazos naturais.

-Fomentar a colaboración entre eles/elas e a capacidade de traballo en grupo.

-Aprender a interpretar diferentes tipos de planos.