Visita a Domus polo alumnado de 1º ciclo

O alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria visitou a Domus o Venres 13 de Xaneiro. No museo interactivo aprenderon sobre:

- Bocados: Unha exposición sobre a nutrición e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU, que nos comprometen para actuar a favor de cambios globais e integrados que permitan poñerlles fin á fame e á malnutrición antes de 2030.

- Xogo de neuronas: Pezas da intelixencia humana é unha exposición na que se exploran a anatomía e o funcionamento do cerebro. O seu elemento máis emblemático é unha colorida rede neural elaborada con neuronas creadas por escolares galegos.

- Xenética: Investiga que é a enxeñaría xenética, reflexiona por que nos parecemos aos nosos pais ou indaga sobre os produtos transxénicos. Ademais, descubre o código da vida nas maquetas do ADN da planta baixa da Domus. Unha exposición dedicada á xenética que busca responder as curiosidades das persoas visitantes arredor dun tema científico de continua actualidade.

- Evolución: Descubre se os trazos dos que tanto presumimos son exclusivos da especie humana e verás que non somos o embigo do mundo. A Domus e as persoas investigadoras de Atapuerca presentan un enfoque diferente da evolución da familia humanana exposición Homínidos e Homínidas. A familia fachendosa. Cando deixamos de ser caníbales? Era capaz de falar o home de Neandertal? Quen foi o primeiro europeo? Como vivían os nosos antepasados? Somos tan exclusivos como cremos?

- Dando a luz:  imaxes de dous nacementos. É un momento único no que se mesturan a dor, a alegría e a emoción. A experiencia varía dunha muller a outra, dependendo da sensibilidade, as expectativas e a contorna que a rodea. Para o/a bebé, o propio nacemento é un acontecemento dunha intensidade extraordinaria. O choque de adrenalina contrarresta a falta de osíxeno na etapa final e prepara a/o bebé para o cambio repentino á respiración cos seus pulmóns.

Ademáis, o noso alumnado disfrutou da súa merenda nun comedor cunhas vistas espectaculares ó mar. 

 

Sen dúbida repetiremos!