DÍA MUNDIAL DA RADIO

Queridos e queridas colegas, hoxe queremos celebrar con vós o Día Mundial da Radio que a UNESCO dedica á temática da RADIO e a PAZ. Para elo, Radio CristiNuna aproveitou o poder das ondas para preparar unhas actividades moi fermosas sobre a paz e a armonía.

A primeira delas, xirou arredor dos "Sons da Paz", unha tertulia na que @s nos@s xornalistas organizaron un coloquio no que participou José Carbia, antigo mestre de educación musical do centro e integrante do grupo de rock "Os John Deere" da Estrada (Pontevedra). Abordaron o tema da paz desde un punto de vista musical e con algúns exemplos de cancións que tratan sobre os dereitos das persoas ou o bullying. Descargade o audio nos arquivos adxuntos!

A segunda actividade foi máis lúdica e igual de apetecible: "O Rosco da Paz". O alumnado de 5º e 6º nivel de primaria participou neste xogo, no que imitando ao clásico Pasapalabra, intentaba averiguar os conceptos a partires da letra inicial. Que ben o fixeron!

Por último, e tendo en conta que a temática do proxecto deste curso xira arredor da saúde, @s xornalistas estruturaron unha entrevista arredor do deporte e dos hábitos de vida saudables. O entrevistado foi o noso mestre de educación física, Suso. O programa, baixo o título de "Xogo Limpo", permitiu coñecer algo máis sobre o que nos aporta o deporte e a importancia de practicar calquera tipo de actividade física. Descargade o arquivo para escoitar a entrevista!

 

 

AdxuntoTamaño
XOGO LIMPO CON MÚSICA.mp311.9 MB
ROSCO POLA PAZ.mp315.05 MB
OS SONS DA PAZ.mp319.47 MB