VÍDEO PRESENTACIÓN DO PROFESORADO CURSO 2022-2023

O profesorado que forma parte neste curso 2022-2023 do Ceip. Plurilingüe A Cristina quere darvos a benvida con este vídeo de presentación para que os coñezades un pouco máis.

Benvidos ao curso 2022-2023!

 

 

SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

A Semana Europea da Mobilidade celébrase todos os anos do 16 ao 22 de setembro, e ao longo destes sete días desenvolveranse no concello de Carballo diferentes iniciativas.

Un ano máis haberá andainas, rutas en bicicleta, xornadas lúdicas, chequeo da accesibilidade e promoción da mobilidade sostible para accións tan cotiáns como ir traballar ou mercar á feira.

Tamén conta coa implicación dos centros escolares, que este ano serán escenarios da presentación do xogo Cicl-Ando Carballo, que conta con taboleiro, fichas, cartas e manual de instrucións para que os nenos e as nenas aprendan a moverse con máis seguridade polas rúas ao tempo que avanzan polo taboleiro de xogo.

INFORMACIÓN NA WEB DO CONCELLO DE CARBALLO

 

RECOMENDACIÓNS PARA A PREVENCIÓN DA COVID-19.

A Consellería de Educación vén de facer públicas no día de hoxe unhas recomendacións xerais para a xestión da Covid-19 (Instrucións conxuntas do 5 de setembro).

En canto á ventilación dos espazos, realizaranse tarefas de ventilación cruzada durante 15 minutos ao inicio da xornada, ao remate, durante o tempo de lecer e durante as clases sempre que as condicións climatolóxicas o permitan.

Polo que respecta á hixiene de mans, debe promoverse o seu lavado antes e despois de comer, despois de ir ao baño e despois do tempo de lecer.

En relación ao uso da máscara, é obrigatoria no transporte escolar (saídas), por decisión persoal ou ante a presenza de sintomatoloxía compabible coa COVID-19.

No seguinte adxunto podedes consultar dito documento.

Grazas de antemán.

COMEZO DAS CLASES CURSO 2022-2023

bn_landing-vuelta-al-cole - copia

 

Todos/as os que formamos parte do Ceip Plurilingüe A Cristina queremos darvos a benvida a todas as familias que neste curso entrades a formar parte da nosa comunidade educativa e, por suposto, ás que xa formaban parte dela.

Informámoslles que as clases para o curso escolar 2022-2023 comezarán o xoves, 8 de setembro. 

O horario  será o habitual  (agás 4º de E. Infantil que estará co período de adaptación) tendo en conta as seguintes consideracións especiais relativas á organización deste curso escolar no que:

As entradas e saídas durante o curso escolar  realizaranse de forma escalonada. 

 

Nas entradas o alumnado non formará filas para entrar senón que, segundo vaia chegando ao centro, entrará directamente nas clases, tendo en conta a seguinte marxe horaria:

 

     - Alumnado de E. Primaria: entrará só no centro entre as 8:55 (4º,5º e 6º E. Primaria) e as 9 h(1º,2º e 3º E. Primaria)

 

     - Alumnado de E. Infantil: Entrará no centro, acompañado dun só familiar  ás 9:05 h.     

As saídas realizaranse escalonadas entre as 13:55 (E. Infantil) e as 14:05 h ( E. Primaria) Cada curso terá unha hora e unha porta específica de saída. 

Premendo no seguinte enlace recóllese unha síntese destas entradas e saídas por cursos, así como as portas utilizadas.

ENTRADAS E SAÍDAS AO COLEXIO

REUNIÓNS INICIAIS COAS FAMILIAS DOS CURSOS DE EDUCACIÓN PRIMARIA.

 

O próximo Martes 6 de Setembro terán lugar as reunións iniciais das titoras dos cursos de  Educación Primaria coas familias.

Os horarios das reunións serán os seguintes:

  • 11 horas: 1º,5º e 6º de E.Primaria.
  • 12 horas: 3º e 4º de E.Primaria.

A reunión coa titora de 2º de E.Primaria celebrarase o luns 12 de setembro ás 16 horas.

Un saúdo.

 

REUNIÓNS INICIAIS COAS FAMILIAS DOS CURSOS DE EDUCACIÓN INFANTIL.

 

O próximo Martes  6 de Setembro terán lugar  no ximnasio do colexio as reunións iniciais das titoras dos tres cursos de Educación Infantil coas familias.

Os horarios das reunións serán os seguintes:

  • 11 horas:      4º E.Infantil.
  • 12 horas:      5º E.Infantil.
  • 12.30 horas: 6º E.Infantil.

Un saúdo.

PRESENTACIÓN DO NOVO EQUIPO DIRECTIVO DO CENTRO

Equipo directivo - C.E.I.P. Princesa Sofía

 

Queremos informarvos do nomeamento dun novo equipo directivo do centro. O equipo  é o seguinte:

  • DIRECTORA:  PATRICIA RODRÍGUEZ BARDANCA (Mestra de Educación Primaria).
  • SECRETARIA: RAQUEL MATO COTELO (Mestra de Educación Infantil).
  • XEFE DE  ESTUDOS: JESÚS MANUEL PENA NÚÑEZ( Mestre de Educación Física)

Queremos  agradecer a labor da nosa compañeira Paula ao fronte da dirección do centro  durante este último curso  e a axuda brindada no cambio de responsabilidades.

Saúdos cordiais.

BENVIDOS/AS AO CURSO 2022-2023

Todos/as os que formamos parte do Ceip Plurilingüe A Cristina queremos darvos a benvida a todas as familias que neste curso entrades a formar parte da nosa comunidade educativa e, por suposto, ás que xa formaban parte dela.

O xoves 8 de setembro comezarán as clases no seu horario habitual de 9.05 a 14.05 horas.

Esperámosvos!

TRÍPTICO INFORMATIVO CURSO 2022-2023

ATENCIÓN AOS ADMINISTRADOS DURANTE O MES DE AGOSTO

Durante o mes de agosto, e para facilitar a atención a aquelas persoas que a demanden, a dirección deste centro entende cómo medio factible de contacto o correo electrónico do mesmo: ceip.acristina@edu.xunta.gal

Moitas grazas.

HORARIO DA SECRETARÍA DURANTE O MES DE XULLO

Horario Secretaría – Colegio Santa María – Marianistas

 

A secretaría do centro permanecerá aberta:

 

XULLO: do 1 ao 15 de xullo

 

HORARIO: de 10:00 a 13:00 horas

  

Para calquer consulta ou aviso importante estará operativa ata finais do mes de xullo  a dirección de correo electrónico: 

ceip.acristina@edu.xunta.gal

 

Esperamos que desfrutedes do verán.

 Un saúdo. 

 

 

*Durante o mes de agosto o centro permanecerá pechado.

 

Publicación da listaxe definitiva do fondo de libros para o curso 2022-23.

Xa está colgada no hall do centro a listaxe definitiva de fondo de libros para o curso 2022-23. As familias poderán pasar a retirar os cheques en horario de 10:00 h a 13:00 h a partires de mañá.

LISTAXE PROVISIONAL DE FONDO LIBROS PARA O CURSO 22/23

Xa está xerada a listaxe provisional de fondo libros. A información está publicada no hall do centro. Lémbrase que a esta listaxe provisional pode facerse reclamación durante os dous días posteriores ao día de publicación.

BO VERÁN A TODAS E TODOS!

Hoxe finalizamos o curso escolar 2021-2022 e desde a Comunidade educativa do Ceip. Plurilingüe A Cristina dirixímonos a todas as familias para desexarvos unhas boas vacacións de verán.

Non queremos deixar pasar o momento de agradecer o esforzo e dedicación dos nosos alumnos/as, dos mestres/as, e aos pais e nais por depositar a vosa confianza en nós.

Bo verán! Vémonos de novo o 8 de setembro.

 

Graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria.

O pasado luns día 20 o alumnado de 6º nivel de educación primaria celebrou nas instalacións do Pazo da Cultura o seu acto de graduación. Foi unha cita moi emotiva, chea de momentos inesquecibles.

En primeiro lugar, os/as nenos/as interpretaron unha obra de teatro que levaba por título "Se quere ser curado, veña documentado". Logo, as titoras e as alumnas Noa e Lucía realizaron un discurso de despedida. Despois, tivo lugar a entrega de diplomas e, por último, os/as alumnos/as interpretaron "Terra" das Tanxugueiras. 

Os/as alumnos/as interpretando a obra de teatro "Se quere ser curado, veña documentado".


Para acceder ao enlace do vídeo conmemorativo, pulsade aquí ou descargádeo clicando aquí

TALLER DE BECHOS

O alumnado de infantil asistiu a un obradoiro de bechos que se chama "Toca, Toca" e impartido por Miguel Santamaría, que nos trouxo unha pequena parte da sua colección de bechos e explicounos as súas características, onde viven e moitas cousas máis, pero o mellor foi poder velos tan de cerca e aprender que temos que respetar todos os bechos da natureza.

Aquí vos deixamos un video con algunhas fotos e unha noticia da prensa na que fala o protagonista.

 

 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2022/04/30/miguel-santamaria-probe-llevar-bichos-vivos-colegios-respuesta-me-asombro/00031651295428844750213.htm

Distribuir contido