PREPARACIÓN E DEGUSTACIÓN DE GALLETAS

Neste segundo trimestre, as nenas e nenos de 4 anos dedican algún tempo a cociñar. Dada as datas nas que estabamos, o Entroido, fixeron galletas de mantequilla! Esta actividade permitiulles traballar coas medidas, pois tivemos que pesar os ingredientes; o conteo e a grafía, tivemos que apuntar os alimentos; e moitas outras cousas como as quendas, a coordinación óculo-manual, o vocabulario, etc.

Unha vez está todo preparado... MANS Á OBRAAAAAAAAAAAAA!!!!!

                                      

 

                                                                        

                                                                                                                    

SOLICITUDES DE ADMISIÓN PARA O VINDEIRO CURSO

Tal e como establece a lexislación vixente, unha vez recibidas todas as solicitudes de admisión de alumnado e debido a que o número de solicitudes foi superior ao número de postos ofertados, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, entre o 24 de marzo e o 6 de abril (ambos incluídos), para presentar, de forma presencial no centro, a documentación xustificativa dos criterios xerais de admisión alegados pola persoa solicitante.

 

O horario de secretaría para traer a documentación será:

LUNS: 09:05 - 09:55 horas

MARTES: 10:45 - 11:30 horas

MÉRCORES: 12:30 - 14:05 horas

XOVES: 13:15 - 14:05 horas

VENRES: 12:30 - 13:15 horas

Retirada das máscaras no patio do recreo

O pasado venres 18 de marzo as Consellarías de Sanidade e de Educación publicaron o seguinte comunicado:

“O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.

O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España.”

Tendo esto en conta, dende hoxe (Luns 21 de marzo) todo o alumnado do centro poderá quitar a máscara ao aire libre durante o recreo.

RULETA DE ALIMENTOS

Seguindo coa temática da alimentación saudable, o alumnado de 4 anos estudia os alimentos e a súa orixe, clasificándoos segundo sexan de orixe animal ou vexetal.

A primeira actividade consistía en xirar a ruleta na cal había alimentos de toda clase e debían clasificalo en alimentos de orixe animal ou vexetal e poñelos no lugar correspondente, na mesa de experimentación. Ao día seguinte, trouxeron da casa diferentes alimentos e tivemos que volver a clasificalos. Agora xa sabemos diferenciar entre un alimento de orixe animal ou vexetal.

 

                                                                                                                                                                    

O ALUMNADO DE 3º DE E.PRIMARIA REALIZOU UNHA VISITA ESCOLAR Á CASA DO CONCELLO

 

O alumnado  de 3º de E.Primaria do noso centro  visitou  esta mañá a Casa do Concello.

No seu percorrido, a primeira parada foi no salón de sesións, onde mantiveron unha xuntanza co alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas. 

Despois visitaron a oficina de tramitación do DNI e o pasaporte e as dependencias da Policía Local.

 

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA-CARBALLO

NOTICIA NA WEB DO CONCELLO DE CARBALLO

 

O alumnado de infantil e os xogos de mesa

O alumnado de Educación Infantil iníciase nas aprendizaxes a través dos xogos de mesa, participando así no CPInnova que está a desenvolver o noso centro.


A través dos xogos de mesa adquiren contidos matemáticos, lingüísticos e tamén todo tipo de valores e aprendizaxes como respeto aos demais, normas de convivencia,etc. Tamén facilitan o desenvolvemento de capacidades motoras, mentais e sensoriais: a concentración, a memoria, a imaxinación...

ARCIMBOLDO

Os nenos e nenas da Clase de Elmer de 4 anos traballamos no primeiro trimestre un pintor italiano, ARCIMBOLDO. É coñecido polas súas pinturas do rostro con froitas e alimentos… é por iso que, para intentar copiar as súas produccións, nós tamén fixemos o mesmo. Primeiro, sacamos as fotos das nosas caras e imprimímolas; logo, pegámoslle pegatinas de alimentos, en especial de froitas, e velaí os resultados!!

 

                                                                                                       

Proxecto Edu Innova

Ao longo deste curso estamos a participar, dentro dos Contratos Programa, na modalidade EduInnova (ou CPInnova). Este proxecto consiste en traballar as competencias do currículo, concretamente a matemática e a lingüística a través de metodoloxías activas. O noso centro decidiu participar levando a cabo Aprendizaxes Basados no Xogo (ABJ), polo que coa dotación económica do proxecto, adquirimos diferentes xogos de mesa tanto para educación infantil como para educación primaria.

Aquí vos deixamos unha mostra dalgúns dos xogos adquiridos!

XOGOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL

XOGOS PARA EDUCACIÓN PRIMARIA

 

Ao alumnado encántalle esta iniciativa, xa que dunha forma lúdica, están repasando e aprendendo conceptos da materia de matemáticas ou das de lingua, disfrutando e ao mesmo tempo adquirindo todo tipo de coñecementos e valores.

Vos recomendamos adquirir xogos deste tipo para o voso tempo libre na casa!! 

RECREOS ACTIVOS. III LIGA DE BALONCESTO ESCOLAR 3X3.

 
 
 
Mañá comezará no noso centro a III Liga escolar de baloncesto 3x3, que se desenvolverá ata finais do mes de maio nos recreos dos xoves.

Esta  iniciativa  está organizada polo Basket Xiria, coa intención de facer uns recreos máis saudables e entretidos.

Nela participará o alumnado de 3º e 4º de E.Primaria.

8 de marzo: Día internacional da muller

Esta semana o alumnado está investigando sobre mulleres importantes relacionadas co mundo da arte. Aquí vos deixamos un podcast sobre a cantante Luz Casal que fixo o alumnado de 1º de E.Primaria e o enlace a un video que fixo o alumnado de 3º de E.Primaria sobre María Casares.

 

https://www.youtube.com/watch?v=1WiNtCF5NrQ

 

 

Foron moitos os traballos realizados sobre mulleres do mundo da arte de moitos lugares do mundo:

 

 

Por último queremos agradecer as familias que participaron enviándonos un video sobre traballos que tradicionalmente están considerados como masculinos....

 

 

MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS!!

 

CONCURSO DO DESEÑO DO CARTEL DO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER 8M

Un ano máis o noso centro participou no concurso convocado conxuntamente pola  Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e a Secretaría Xeral da Igualdade  para o deseño do cartel do día 8 de marzo con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.

A través deste concurso preténdese fomentar a promoción da igualdade e dar visibiliddade a contribución das mulleres nos distintos ámbitos así como promover a reflexión sobre os estereotipos de xénero que aínda existen na sociedade e as causas e a orixe da discriminación de xénero.

Todo o alumnado de primaria participou e elaborou distintas propostas grazas a mestra de educación artística: Malena. De todas as propostas só se podían escoller dúas (unha para cada categoría). Nos carteis elaborados intentouse transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.

No seguinte vídeo, amenizado coa canción das Tanxugueiras: "Que non mo neguen", queremos compartir con vós todos os carteis elaborados polo noso alumnado de educación primaria.

ENTROIDO 2022

O venres celebramos o Entroido no cole e fixemos un desfile para lucir os nosos disfraces relacionados coa temática da arte. Grazas a todas as familias pola vosa participación, e sobre todo aos nenos e nenas por facer isto posible e adaptarse tan ben a situación actual.

 

Os pitufos de 4º de E.I

Brancaneves e os seus ananitos de 5º de E.I

A abella Maia en 6º de E.I

Os pintores de 1º e 2º de E.P

As obras de arte de 3º e 4º de E.P

Os músicos rockeiros de 5º, 6ºA e 6º B de E.P

ACTIVIDADE PARA O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER (8 DE MARZO)

PROCESO DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022-2023

   

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN das solicitudes:

Do 1 ao 21 de marzo de 2022 (ambos incluídos) en sede electrónica ou de xeito presencial no centro escolar.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • SOLICITUDE DE ADMISIÓN ANEXO II (ED550B), debidamente cumprimentado e asinado. Poderase cubrir e xestionar dos seguintes xeitos:

- Cumprimentarse de forma manual recollendo o anexo II no centro educativo (Tamén se pode descargar nos arquivos adxuntos e cumprimentalo de xeito manual na casa para posteriormente entregalo no centro.)

- Cubrilo dende a seguinte ligazón:  https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/

- Desde a Sede Electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED550B

  • DOCUMENTO ACREDITATIVO DO REQUISITO DE IDADE DO/A ALUMNO/A ( libro de familia e fotocopia do mesmo ou DNI do alumno/a)
  • SÓ en caso de cambio de centro: Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa.
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, SE É O CASO.

Se se denega a consulta por parte da administración dos datos alegados, deberase traer documentación xustificativa dos mesmos e fotocopias (incluído o DNI).

 

HORARIO DE SECRETARÍA do 3 ao 21 de marzo:

LUNS: 09:05 - 09:55 horas

MARTES: 10:45 - 11:30 horas

MÉRCORES: 12:30 - 14:05 horas

XOVES: 13:15 - 14:05 horas

VENRES: 12:30 - 13:15 horas

(No caso de ter impedimentos para acudir ao centro neste horario, prégase que se poñan en contacto con nós para buscar unha solución.)

Toda a documentación e normativa deste procedemento pode consultarse nos arquivos adxuntos (ao final deste texto), así como nos taboleiros do centro.

 

CALENDARIO DE DATAS

o   Data do sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo. Sorteo celebrado o mércores 23 de febreiro, ás 10h. Conforme ao resultado do sorteo, as letras e prioridade que afectan ao primeiro apelido son as letras V e U; así mesmo, afectan ao segundo apelido, as letras A e Z.

o   Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

o   Presentación da solicitude de admisión: do 1 ao 21 de marzo. Poderán acudir ao centro a solicitar un formulario ou facerse vía telemática.

o   Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 10 días hábiles contados a partires dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

o   Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas: antes do 25 de abril.

o   Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: antes do 15 de maio.

o  Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.

 

 

As familias poderán consultar o estado da tramitación das súas solicitudes a través da aplicación informática  "admisiónalumnado" https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

A notificación electrónica ás familias a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia NOtific@ realizarase sempre que se elixira esta modalidade como medio de comunicación.

O Equipo Directivo

 

 

 

ROSALÍA DE CASTRO #SementandoPensamentos

O día 23 de febreiro celébrase o nacemento dunha das nosas figuras máis importantes da nosa cultura: ROSALÍA DE CASTRO.

Ao longo destas semanas todo o alumnado do noso centro estivo traballando sobre a autora seguindo as propostas da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Como a flor favorita de Rosalía de Castro eran os pensamentos as propostas consistiron en:

- O alumnado de educación infantil, 1º e 2º ciclo de primaria pintaron e recortaron os pétalos dos pensamentos e pegáronnos ao redor do rostro de Rosalía de Castro. En cada pétalo escribiron unha palabra dalgún dos seus poemas ou algunha que lles gustara especialmente.

- O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria tamén pintaron e recortaron os pétalos dos pensamentos e pegáronnos ao redor do rostro de Rosalía de Castro pero en cada pétalo escribiron un verso de Rosalía de Castro. Ademais o alumnado de 3º e 4º de educación primaria recitaron poemas da autora, o alumnado de 5º e 6ºA de educación primaria elaboraron uns HAIKUS e o alumnado de 6ºB escribiron e interpretaron un RAP.

Queremos compartir con todos vós este fantástico traballo. Para acceder pinchade nas imaxes que aparecen a continuación:

- VÍDEO DOS PENSAMENTOS acompañado DO RAP ELABORADO POLO ALUMNADO DE 6ºB:

- ALUMNADO DE 3º E 4º EP RECITANDO A ROSALÍA:

 

 

 - HAIKUS ALUMNADO DE 5ºEP:

 

 - HAIKUS ALUMNADO DE 6ºA

 - RAP DO ALUMNADO DE 6ºB:

Distribuir contido