XERMOLIÑO

OBRADOIROS DE SAÚDE BUCODENTAL

No día de onte o alumnado de educación infantil e primeiro e segundo de educación primaria asistiu a un obradoiro con directrices moi concretas e precisas sobre o éxito dun bó cepillado de dentes. Esta charla corriu a cargo da odontóloga María Gómez Lamas e forma parte dunha iniciativa do Concello de Carballo coa que se pretende motivar unha hixiene bucodental correcta.

 

VISITA Á FÁBRICA DE PATACAS "BONILLA" E Á CETÁREA DE CAIÓN

No día de onte o alumnado de 3º e 4º nivel de primaria visitou á fábrica de patacas fritas de "Bonilla a la vista" en Arteixo. Poidemos coñecer, de primeira man, os distintos pasos que segue o tubérculo dende que chega ata o seu almacén procedente da terra ata que remata ben frixido nunha bolsa.

Nun primeiro momento, tivemos que cumprir co protocolo e vestir unha bata branca.

Logo, visitamos as diferentes estancias da fábrica.

Por último, puxemos rumbo a Caión para coñecer os moluscos e bivalvos da cetárea. Vimos exemplares de lubrigantes, bois, centolas, nécoras...

 

 

BROCHETAS DE FROITA

Pero que brochetas de froita máis ricas fixeron os nosos nenos e nenas de 4 anos!! Deliciosas!! E, sobre todo, moi saudables!

Primeiro, realizaron o seu propio deseño do "Pincho de froitas" con lapis e papel.

 

Despois, era a quenda de lavala froita.

Cortala...

E insertala no pincho!

E a comerrrr!!!

CONTANDO CA FROITA

Aproveitando o programa de distribución de froita do FOGGA, a profe Carlota realizou co alumnado de 6º nivel de educación infantil unhas actividades de conteo dirixidas ao desenvolvemento da lóxica-matemática.

Os/as nenos/as clasifican e asocian número e grafía partindo de materiais de uso cotiá (alimentos neste caso).

Noraboa!

FAI CLIC AO TEU BOCATA

"Fai clic ao teu bocata" é un programa creado pola Consellería do Mar co dobre obxectivo de facilitar o coñecemento e o consumo de produtos en conserva do mar de Galicia entre os nenos e nenas e de incidir e equilibrar as súas dietas alimentarias.

As conservas son unha forma san e cómoda de gozar dos produtos do mar xa que podemos saborealos sempre que nos apeteza, en calquera momento e en calquera lugar, un bocata no recreo, unha ensalada na comida, en tortilla para levar de excursión...

Ademais de asistir a unha charla informativo/formativa, tivemos tempo a facer un puzzle sobre as conservas en grupos.

Por último, degustamos un delicioso bocata feito de sardiña, tomate, queixo e leituga. UUUMMMMM! Riquísimo!!

 

 

VISITA O TEU SÚPER

No día de hoxe o alumnado de 4º de primaria visitou o Supermercado Familia da rúa Vázquez de Parga. Antes de achegarnos a el, asistimos a unha charla informativo/formativa na aula onde Eva, a nosa guía, explicounos os principais grupos de nutrientes e as súas funcións. 

Unha vez nas instalacións, Eva  e as capitanas do Súper ensináronnos como funcionaban as diversas seccións: peixaría, froitaría, carnizaría...

Descubrimos o que son os EPIS (Equipos de Protección Individual) e como protexen aos carniceiros e carniceiras. Grazas a nosa visita, tamén sabemos diferenciar o peixe azul do peixe branco e en que consiste o traballo dos/as repoñedores/as. 

Para rematar, as capitanas tíñannos preparada unha "súper merenda" a base de distintas froitas.

Por último, xogamos ás adiviñas intentando averiguar que froita era a través dos sentidos do gusto e do tacto.

Que mañá tan divertida! Que tanto nos fixeron disfrutar Eva e as capitanas! Moitas grazas pola visita, o petisco e o regalo!

 

Masterchef na Cristina

Os/as chefs de quinto e sexto prepararon unhas deliciosas galletas de chocolate. Que pintaza!

Samaín saudable

Botádelle un ollo á receita que van preparar os nosos chefs de quinto e sexto de primaria o vindeiro luns. Para chuparse os dedos!

Aprendendo a coidarnos

Seguindo coas actividades enmarcadas dentro do proxecto "Medrando en saúde na Cristina" e incluídas no "Plan para a promoción dun estilo de vida saudable" este venres o alumnado de primaria recibiu a visita de Roi, un antigo alumno do centro que exerce como nutricionista na actualidade.

Roi explicounos como foron modificándose os hábitos alimenticios ao longo da historia, as diferentes alternativas que hai para elaborar almorzos saudables e os catro grandes grupos de macronutrientes. Ademais, puidemos comprobar a cantidade de azucre que teñen algunhas bebidas.

BATIDOS SALUDABLES

Aproveitando a nosa participación no programa Aliméntate ben, preparamos unha actividade saludable para todo o alumnado de Educación Infantil: BATIDOS DE FROITA

Entre  todos elaboramos deliciosos batidos cos seguintes ingredientes:

- Plátanos

- Fresa e piña conxelada, para darlle o toque smoothie.

- Leite

- Mel ou azúcar moreno, para endulzar un pouquiño.

Aos nenos e nenas encantoulles, agora é o momento de que o fagades nas vosas casas!!!

 

 

PIZZA CASEIRA

O alumnado de 5º de Educación Infantil animouse hoxe a facer na clase unha ESTUPENDÍSIMA E RIQUÍSIMA pizza de xamón e queixo. 

 

Amasaron, cortaron, fornearon e... ÑAAAAAAAAAAAAM!!!!!!!     CansoCanso

 

   

   

                                                                              

        

 

                        

PROFESIÓNS E ESTABLECEMENTOS RELACIONADOS COA ALIMENTACIÓN

Hoxe na aula de 3 anos, estivemos traballando as distintas profesións que existen relacionadas coa temática da alimentación: pescadeiro/a, carniceiro/a, froiteiro/a, agricultor/a, panadeiro/a...

Estivemos traballando qué se vende en cada establecemento, o nome de cada un destes espazos e as persoas que neles traballan. Adquirimos así novo vocabulario relacionado coa alimentación e a importancia dos alimentos para o mantemento dunha boa saúde.

 

                                                                     

                                                                                            

                                                                                             

COMPRA SALUDABLE

Na aula de 6º de Infantil aprendemos a facer unha compra saludable xogando coa nosa ruleta de alimentos. A todos e todas nos encantaría encher os nosos carros con alimentos pouco saludables (galletas, pizzas, hamburguesas, chocolate...), pero hoxe aprendemos qué alimentos se poden consumir diariamente e cales de vez en cando. O xogo consistía en xirar a ruleta, e dependendo do que tocara decidíamos metelo no noso carriño da compra, ou deixalo.

 

 

  

Despois cada neno/nena elexiu os seus catro alimentos saludables favoritos!

Agora toca facelo na tenda coas familias....

        

 

BISCOITO DE IOGUR

Hoxe o alumnado de 4º de Educación Infantil, preparou na clase un delicioso biscoito de iogur. Primeiro, prepararon e anotaron todos os ingredientes necesarios para a súa elaboración, iniciándose así na lectoescritura (nome dos ingredientes) e na lóxica-matemática (cantidades, peso...), fornearon, lavaron os utensilios empregados e finalmente, degustaron a receita nun picnic improvisado na zona do patio. 

                                                                      

                                                                     

                                                                 

 

MMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMMM... DELICIOOOOOSOOOOOO!!!!!!!

ALIMENTOS

O alumnado de 5º de EP traballou en Ciencias da Natureza sobre os diversos tipos de alimentos. Para esta actividade buscaron información sobre como se clasifican os nutrientes e tamén buscaron imaxes deos diversos alimentos en folletos de publicidade. Coas imaxes fixeron un pequeño mural e tamén fixeron unha exposición por grupos das características principais dos alimentos que lle correspondían.

                                                                          

                                                                           

                                                                       

GRUPO I. Alimentos derivados dos cereais, as patacas e o azúcre. Teñen alto contido en hidratos de carbono.

GRUPO II. Aceite e graxas. Aportan ao corpo as graxas que necesita.

GRUPO III. Carne, peixe, ovos, legumes e froitos secos. Son os que nos aportan proteínas.

GRUPO IV. Produtos lácetos e os seus derivados. Aportan calcio e proteínas.

GRUPO V. Hortalizas e verduras. Alimentos que aportan vitaminas e minerais.

GRUPO VI. Froitas. Aportan ao corpo vitaminas e minerais.

Atendendo á función dos alimentos no organismo diferenciamos entre.

ALIMENTOS ENERXÉTICOS. Os do grupo I e grupo II. Aportan o “combustible” que necesitamos para realizar as nosas actividades diarias.

ALIMENTOS FORMADORES. Os do grupo III e grupo IV. Son os que contribúen ao crecemento, desenvolvemento e mantemento das estruturas do noso corpo, coma os músculos e os osos.

ALIMENTOS REGULADORES. Os do grupo V e grupo VI. Serven para que o noso corpo utilice de forma correcta o resto dos alimentos.

E como elemento fundamental está a AUGA que debemos beber con regularidade para manternos sans.

                                                           

 

 

Distribuir contido