LISTAXE PROVISIONAIS DE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E VALES PARA MATERIAL ESCOLAR.

Dende hoxe poderanse consultar no taboleiro de anuncios do centro (diante de conserxería) a relación de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario de libros de texto, das axudas para a adquisición de libros de texto e dos vales de material escolar.

 

Para estas listas provisionais ábrese un prazo de reclamación de dous días seguintes á publicación das mesmas:mércores 30 e xoves 1 de xullo.

 

 

DESPEDIDA DAS ALUMNAS E ALUMNOS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

As nosas alumnas e os nosos alumnos de 6º de educación primaria finalizaron o seu paso polo noso centro e poden seguir a súa andaina camiño do instituto. Estamos tristes por non volver a estar con eles despois de tantos momentos e aventuras compartidas pero tamén estamos moi contentos e inmensamente orgullosos deles e delas!!!!!

ESTRAÑARÉMOSVOS MOITO e SEMPRE ESTAREDES NOS NOSOS CORAZÓNS!!!!

Deixámosvos con estas fotografías e a gravación que fixeron na radio da biblio para despedirse (pulsade na foto para escoitala).

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA DO VERÁN

Bo día! Xa non queda nada para que remate o curso, e dende o Recuncho de Nuno desexámosvos un feliz verán no que non esquezades a lectura. Para axudarvos un pouquiño a elexir, deixámosvos esta presentación coas nosas recomendacións lectoras para todas as idades: 

 

LIBROS DE TEXTO 2021-2022

Poden consultar nos arquivos adxuntos a relación de libros de texto de cada nivel para o próximo curso escolar 2021 - 2022.

Lembrámoslles que en 5º e 6º de E.P., o alumnado non empregará libros de texto impresos, xa que o centro forma parte da Rede de Centros  E-DIXGAL.

DÍA DO MEDIO AMBIENTE: 5 DE XUÑO

 

NA CRISTINA SALVAMOS O PLANETA, E TI…?

 

Hoxe día 5 de xuño, celébrase o día do medio ambiente e dende o colexio de A Cristina propuxémonos salvar o medio ambiente e o noso planeta Terra porque crecemos e vivimos nel. Non só basta con amala e respectala senón que temos que coidala e poñernos mans a obra pero....como podemos axudar ao noso planeta Terra e polo tanto ao medio ambiente?

Pinchade na imaxe e accederedes a uns sinxelos consellos que todos e todas podemos seguir. Ademais poderedes ver as actividades que realizamos participando nas actividades que se organizaron dentro do programa "Aprende a través do Surfing" para o alumnado de educación primaria e, para o alumnado de educación infantil  contamos coa colaboración das mariscadoras de Baldaio.

REMATOU O VI TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

 
Mario, Sabela,Sofía e Mateo Figueiras proclamáronse campións das finais feminina e masculina do VI Torneo de Bádminton da Cristina de 5º e 6º de E.Primaria, que se celebrou durante os meses de Maio e Xuño.
 
Os catro finalistas recibiron sendos trofeos, e o  resto dos participantes unha medalla de recordo.

Noraboa a todos/as polo voso esforzo e comportamento.
 
Podes consultar os resultados do torneo e toda a información en: DESFRUTAMOS MOVÉNDONOS
 

A NOVA BIBLIOTECA E PROXECTO SOBRE PLUTÓN

Fai xa unhas semanas publicábamos a chegada de novos mobles, mobles cos que buscábamos unha biblioteca máis dinámica que permitise adaptar o espazo a diferentes actividades. Hoxe mostramos ese cambio.

A colocación das mesas permite a consulta de libros:

 

E outro día pudo transformarse no "escenario dun roubo" e ofrecer un gran espazo para realizar todo tipo de actividades: investigación, análise de pegadas, manchas de sangue, pegadas de zapatos, análise de fibras con microscopio,....

Esta actividade relizouse dentro da participación do alumnado de 1º e 2º de educación primaria en GALICIENCIA.

Por certo, nas primeiras imaxes vemos ao alumnado de 1º consultando libros sobre o espazo, xa que investigaron sobre Plutón para presentar un proxecto a Galiciencia. O noso proxecto foi un dos seleccionados entre todos os presentados. Agora está en marcha unha votación para que a xente vote o proxecto que máis lle.guste. Compartimos o enlace para que poidades ver o resultado deste proxecto e votar con 5 estreliñas quen queira!:

AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, DE MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022

 A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou o 20 de maio a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de textos e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centro docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22 (código do procedemento ED330B).


O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES É DO 21 DE MAIO ATA O 22 DE XUÑO (incluídos)

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean  admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22, e nela especificarase o nivel  de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en  centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros. No caso de que a solicitude se  tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.

LUGAR DE PRESENTACIÓN :

Tal e como establece a orde no artigo 9.3 as solicitudes presentaranse preferiblemente accedendo á aplicación Fondolibros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (para realizar dito trámite é obrigatorio dispoñer de chave 365, certificado electrónico ou DNI electrónico).

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Os ANEXOS I e II poderán recollerse impresos no centro solicitándoos na conserxería.

Nos arquivos adxuntos poderedes acceder á información para os diferentes cursos, á ORDE do 6 de maio e aos ANEXOS I e II

Para ser recibido no horario de atención e evitar aglomeracións solicitarase cita previa para entregar as solicitudes. Moitas grazas de antemán.

Horario de secretaría:

LUNS: 12:30 - 13:15 horas

MARTES: 9:55 - 11:30 horas

MÉRCORES: 9:05- 9:55 horas

XOVES: 13:15- 14:05 horas

VENRES: 10:45 - 11:30 horas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS: AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN E A CARREIRA POLA LINGUA 2021

"AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN": Ao longo desta semana as familias foron convidadas a compartir as súas lecturas de textos de autores galegos dende as súas casas ou dende a biblioteca do colexio. Coma sempre que facemos propostas a resposta pola vosa parte é marabillosa e agradecemos moitísimos poder contar con vós. Para ver eses fantásticos vídeos podedes pinchar no seguinte enlace que vos levará ao blog da biblioteca do colexio:O Recuncho de Nuno.

Este curso estamos moi contentos porque puidemos volver celebrar a nosa CARREIRA POLA LINGUA!!!! Nin o mal tempo nin a chuvia nos impediu conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS por todo o alto!!!

Tivemos que facer todas as adaptacións necesarias para adaptarnos á situación climatolóxica e ao protocolo COVID pero conseguimos celebralo!!!!

Este ano os distintos cursos de educación primaria tiñan que conseguir todas as pezas dun poema de XELA ARIAS e despois organizalo correctamente para gañar a carreira. O alumnado de educación infantil fixo o mesmo pero co nome e unha fotografía/ilustración da autora homenaxeada.

Compartimos con vós o vídeo resumo deste día.

FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS!!!!!

RECITANDO XELA ARIAS E ACTIVIDADES DA SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

A continuación compartimos con vós un vídeo que recompila o recitado dos poemas de Xela Arias que traballaron o alumnado do centro e outro vídeo onde podedes ver as distintas actividades que se levaron a cabo estes días: elaboración dun mural conxunto, elaboración de trípticos, realización de actividades sobre a autora homenaxeada,...

Esperamos que desfrutedes tanto véndoos como nós o fixemos levándoas a cabo.

TRÍPTICO SOBRE XELA ARIAS

O alumnado de 3º de educación primaria estivo elaborando trípticos sobre a vida e obra de XELA ARIAS. Queremos compartir con vós o elixido entre todos os realizados. Os demais poderedes velos nos vídeos que subiremos sobre os traballos realizados durante todos estos días.

Tríptico de Lucía Lois Cousillas

  

LETRAS GALEGAS 2021: ACTIVIDADES SOBRE XELA ARIAS

Esta semana estamos celebrando a semana DAS LETRAS GALEGAS no noso centro. Para coñecer máis sobre a autora homenaxeada deste ano XELA ARIAS deixámosvos uns recursos de diferentes webs (seminario Galán, Primavera en Letras,...).

Estes días estade atentos porque tamén publicaremos todas as actividades que estamos a desenvolver no centro.

Esperamos que aprendades moito sobre Xela Arias e as nosas letras.

Pinchade neste enlace para coñecer a biografía de Xela Arias.

A continuación pinchanda na imaxe poderedes acceder ás actividades de Primavera das Letras da Real Academia Galega.

 

DÍA CONTRA AO ACOSO ESCOLAR

Ao longo da semana pasada e esta semana levamos a cabo no centro actividades centradas en denunciar o acoso escolar. Para iso é necesario implicar a toda a comunidade educativa. Para combatelo hai que recoñecelo en todas as súas formar e tomar as medidas necesarias para erradicalo. 

Grazas a asociación COGAMI, que nos facilitou material para desenvolver dinámicas co noso alumnado,  realizamos actividades que nos permitiron tomar maior conciencia do que é e reflexionar sobre como poder acabar con esta lacra. Nos vindeiros días publicaremos o resultado deste traballo.

Hoxe queremos presentarvos un vídeo que recompila unha das actividades que programou o Equipo de Convivencia do centro para o Día Contra o Acoso Escolar.

NO CEIP PLURILINGÜE A CRISTINA TODAS E TODOS DICIMOS NON AO ACOSO ESCOLAR!!!!!!!!

 

 

 

VI TORNEO DE BÁDMINTON DA CRISTINA

 

Os alumnos/as de 5º e 6º de E.Primaria comezarán esta semana o VI Torneo de Bádminton da Cristina. Ao longo das próximas semanas celebraranse os partidos nas clases de educación física e nos recreos.

Moita sorte a todos/as!

SEMANA DO LIBRO. DÍA DO LIBRO 23 DE ABRIL

Ao longo de toda esta semana estivemos desenvolvendo fantásticas actividades para celebrar o día do libro. Invitámosvos a que visitedes o noso blog da biblioteca: O RECUNCHO de NUNO para ver o resultado:

- Memorias dun  neno labrego

- Celebración do día do libro

- As familias contan

SOÑA, VIAXA, APRENDE, DESFRUTA, EMOCIÓNATE...:LE!


Distribuir contido