SEMANA DO LIBRO

Bos días a todas e todos,
 
O vindeiro xoves 23 de Abril celébrase o Día Mundial do Libro  e queremos celebralo xuntos! Propoñémosvos que participedes dende a casa a través da lectura, en vídeo ou audio, dun dos libros que máis vos gusten ou que teñades na casa.
 
Xa sabemos que aínda faltan uns días....pero así temos tempo para practicalos antes de gravalos.
 
Animádevos e compartídeos con nós antes do 22 de abril a través do noso correo: ceipacristinabiblioteca@gmail.com Tamén podedes subilo á vosa conta de Google Drive, se tedes un correo de Gmail, e compartir o enlace co correo de Nuno.
 
Aproveitamos tamén para lembrarvos que no blog da biblioteca: O recuncho de NUNO podedes atopar os vídeos e actividades que comparten as familias e os mestres dende as súas casas e propostas de lectura.
 
Moitas grazas!!!!

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO PARA A SEMANA DO 14 AO 17 DE ABRIL

 

Mañá, martes 14 de abril, comeza o terceiro trimestre pero seguimos coa suspensión das clases presenciais por prolongarse o estado de alarma. Nos arquivos adxuntos (organizados por cada curso) poderedes acceder ás propostas de actividades elaboradas polo profesorado do centro para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios na vindeira semana (do 14 ao 17 abril).

 

As actividades que aparecen en formato pdf, poderanse imprimir para realizar as tarefas ou copialas e realizalas no caderno. Só se debe copiar das tarefas as preguntas e escribir as respostas (non o resto do documento). No caso de ser unha actividade onde haxa que seleccionar o/a alumno/a pódeo facer oralmente visionando o documento e contando co apoio dun familiar.

 

Hoxe a consellería publicou un comunicado (Comunicado do 13 de abril de 2020, dirixido ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre as medidas a adoptar en relación co inicio do terceiro trimestre). No punto 2 deste comunicado infórmase de que: "Unha vez teña lugar a xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril, na que participan o Ministerio de Educación e Formación Profesional e as Comunidades Autónomas, coa finalidade de coordinar as medidas concretas a adoptar para o desenvolvemento do terceiro trimestre e final do curso 2019/2020, ditaranse as instrucións que procedan." Polo tanto, esperamos que ao longo desta semana poidamos informarvos das medidas e instrucións que nos achegue a Consellería para poder desenvolver este terceiro trimestre.

 

Para solucionar dúbidas respecto ás tarefas, poderedes poñervos en contacto co centro a través do correo electrónico: , o teléfono 881880400 e a aplicación abalarMóbil (comunicación directa co/a titor/a).

 

Sobre todo seguimos desexando que todos e todas esteades ben e mandámosvos moito ánimo e moita forza .

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DA 2º AVALIACIÓN

Prezadas familias:

Seguindo as instrucións da Consellería de Educación do 27 de marzo,  realizamos a avaliación do alumnado do centro deste 2º trimestre, tendo en conta  exclusivamente os datos dos que dispoñiamos ata o 12 de marzo. Todas as tarefas realizadas despois desta data non se tiveron en conta de cara a avaliación.

As notas publicaranse a través da aplicación abalarMóbil o venres 3 de abril ás 10:00h da mañá. Poderedes contactar cos mestres e mestras a través desta aplicación (abalarMóbil), do correo ou teléfono do centro  para resolver calquera dúbida.

Continuamos a desexarvos moita forza e moito ánimo. Ademais lembrade que aínda que non esteamos presentes fisicamente, continuamos a estar a vosa disposición para todo o que precisedes.

Un afectuoso saúdo.

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA A SEMANA DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

Tal e como se establece nas instrucións do 13 de marzo de 2020 no seu artigo 3.3, nos arquivos adxuntos (organizados por cada curso) poderedes acceder ás propostas de actividades elaboradas polo profesorado do centro para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios na vindeira semana ao prolongarse o estado de alarma ata o día 11 de abril. As actividades propostas non terán carácter de avaliables.

As actividades que aparecen en formato pdf, poderanse imprimir para realizar as tarefas ou copialas e realizalas no caderno. Só se debe copiar das tarefas as preguntas e escribir as respostas (non o resto do documento). No caso de ser unha actividade onde haxa que seleccionar o/a alumno/a pódeo facer oralmente visionando o documento e contando co apoio dun familiar.

Para solucionar dúbidas respecto ás tarefas, poderedes poñervos en contacto co centro a través do correo electrónico: , o teléfono 881880400 e a aplicación abalarMóbil (comunicación directa co/a titor/a).

Agardamos que todos e todas esteades ben e aproveitamos para mandarvos moito ánimo e moita forza .

ABALARMÓBIL

Prezadas familias,

Queremos aconsellarvos que descarguedes no voso móbil a aplicación abalarMóbil para poder estar informados inmediatamente da calquera información que se publique na páxina web do centro e tamén para poder comunicarvos co profesorado do centro.

Se vos encontrades con algunha dificultade para instalar a aplicación, por favor, poñédevos en contacto con nós e axudarémosvos a solucionalo.

Aproveitamos para informarvos de que a través do blog da biblioteca do centro podedes seguir participando en varias iniciativas: receitas de cociña, cancións, ... 

Moitas grazas e moito ánimo.

21 DE MARZO: DÍA DA POESÍA

Hoxe é o día 21 de marzo: Feliz día da poesía a todos e a todas!!! Hoxe tamén se celebra o día da árbore  ou día  internacional dos bosques e o día da Síndrome de Down.

Hoxe publicamos no noso blog da biblioteca todos os poemas que nos foron enviados (alumnado e profesorado).

Moitas grazas por participar!!!

Deixámosvos unha mostra aquí de todo o que poderedes ver a maiores no blog: O Recuncho de Nuno.

CELEBRACIÓN DÍA DA POESÍA

Queremos informarvos de que xa temos no blog da biblioteca o primeiro vídeo para compartir con todos e todas nós un conto e uns debuxos.Moitas gracias familia por participar e facernos a cuarentena máis entretida!!!
Se máis alumnos, alumnas e familias  queredes compartir algunha das vosas experiencias lembrade que podedes mandalas a través do correo ceipacristinabiblioteca@gmail.com.  No caso de que teñades algún  problema para subir os arquivos adxuntos enviade un correo informándonos para que poidamos buscar outra alternativa.

Aproveitamos tamén para lembrarvos que o día 21 de marzo é o Día da poesía e no colexio tiñamos planificado varias actividades para celebralo pero debido aos acontecementos que estamos vivindo non se van poder levar a cabo. Aínda así gustaríanos seguir celebrando esta data contando coa vosa colaboración dende as casas.

Que como podedes colaborar? 

Pois moi doado! Gravádevos recitando algunha poesía: podedes facelo en familia, empregando disfraces, bonecos ou títeres...  deixámovolo a vosa elección!

Logo, enviade o vídeo ao correo da biblio: ceipacristinabiblioteca@gmail.com (ou mandáde unha mensaxe se  é moi longo e non o deixa adxuntar) e o domingo poderemos vernos todos e todas de novo a través deste blog.

Non faltedes á cita, algúns mestres e mestras que tamén pasan pola nosa biblioteca a miúdo queren unirse a nós!

Moitas grazas de antemán por colaborar!!!

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES

Prezadas familias,

Queremos compartir con vós estes retos sinxelos enviados polo mestre de Educación Física para fomentar o exercicio físico durante estes 14 días.

Tamén queremos recomendarvos que visitedes o blog da nosa biblioteca escolar: O RECUNCHO DE NUNO onde poderedes atopar, por unha parte,  unha serie de recursos co fin de explicar aos máis pequenos dunha forma sinxela e clara que é un virus, como xestionar as súas emocións así como hábitos de hixiene que hoxe máis que nunca debemos empregar para frear a súa transmisión; e por outra, subirase cada día un videoconto para que se siga mantendo a hora de ler e para que desfrutedes pequenos e grandes dende os vosos fogares.

Aproveitamos tamén para animarvos a participar na iniciativa proposta dende a biblioteca escolar que consiste en que se vós queredes contar os vosos contos preferidos e compartilos con todos e todas nós, podedes pedir axuda aos vosos maiores para que vos axuden a facelo gravándoo en vídeo e mandándoo á seguinte dirección de correo : ceipacristinabiblioteca@gmail.com , así como tamén podedes facer debuxos sobre os contos que vedes cada día, mandárnolos co voso nome e publicarémolos ao día seguinte. ANIMÁDEVOS!

 

PROPOSTAS DE ACTIVIDADES PARA O ALUMNADO

Tal e como se establece nas instrucións do 13 de marzo de 2020 no seu artigo 3.3, nos arquivos adxuntos (organizados por cada curso) poderedes acceder ás propostas de actividades elaboradas polo profesorado do centro para que o alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios durante os vindeiros 14 días. As actividades propostas non terán carácter de avaliables.

As actividades que aparecen en formato pdf, poderanse imprimir para realizar as tarefas ou copialas e realizalas no caderno. Só se debe copiar das tarefas as preguntas e escribir as respostas (non o resto do documento). No caso de ser unha actividade onde haxa que seleccionar o/a alumno/a pódeo facer oralmente visionando o documento e contando co apoio dun familiar.

Para solucionar dúbidas respecto ás tarefas, poderedes poñervos en contacto co centro a través do correo electrónico:

PLAN DE CONTINXENCIA

Protocolos OFICIALES establecidos para la prevención del contagio por COVID- 19 en el sector educativo | Noticia -

ORGANIGRAMA

equipo directivo

REVISTA ESCOLAR 2019/2020

Como cada fin de curso, aínda que este fose dun xeito diferente, non queremos irnos sen antes deixarvos un pouquiño do traballo realizado por todos os alumnos

alumnas do CEIP Plurilingüe A Cristina.

 

Así, a través da "REVISTA AS BRAÑAS 2019/2020" poderedes ver algunhas das actividades que se realizaron nos diferentes cursos. Creemos

importanteindicar, que pese a toda a situación derivada do Covid-19, conseguimos recoller grandes momentos vividos ao longo do curso (algúns dos cales a través

de actividades realizadas durante o confinamento), onde cada neno e nena puxo o seu gran de area para dar como resultado unha gran revista escolar para

compartir con todos vós.

 

Sen máis, agradecervos o voso esforzo e traballo durante todo este curso e máis durante estes últimos meses.

 

Na seguinte imaxe podedes acceder á revista. Desexamos que vos guste e que desfrutedes moito recordando cada un dos momentos vividos.

 

 

Activities Mother's Day

 

Here we leave you some very fun activities to surprise your mom on Mother's Day, which will be soon. You can send us photos of the results!

 

Aquí deixámosvos unhas actividades moi divertidas para darlle unha sorpresa á vosa mamá no Día da nai (3 de maio), que vai ser deica pouco. Podedes mandarnos fotos dos resultados!

 

 

More Roopa's activities

Hello everyone !

Here we leave you more activities that Roopa has provided us to work our English.

Thank you, Roopa!

 

 

Ola a todas e a todos!

Aquí deixámosvos máis actividades que nos proporcionou  Roopa para traballar o noso inglés.

Moitas grazas, Roopa!

English games !

Hello everyone !

Roopa, our conversation assistant, has developed a few games for each course so that you can continue practicing your English. They are very fun, be encouraged to do them and tell us how they went.

 

Ola a todos e a todas !

Roopa, a nosa auxiliar de conversa, elaborou uns xogos para cada curso para que poidades seguir mellorando o voso inglés. Son moi divertidos, animádevos a facelos e contádesnos que tal vos foron.

 

Distribuir contido