AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO, DE MATERIAL ESCOLAR E FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2021-2022

 A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou o 20 de maio a Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo de libros de texto e se convocan as axudas para adquirir libros de textos e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centro docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22 (código do procedemento ED330B).


O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES É DO 21 DE MAIO ATA O 22 DE XUÑO (incluídos)

A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados, que estean  admitidos no mesmo centro docente para o curso 2021/22, e nela especificarase o nivel  de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en  centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros. No caso de que a solicitude se  tramite por vía electrónica empregando a aplicación fondolibros será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.

LUGAR DE PRESENTACIÓN :

Tal e como establece a orde no artigo 9.3 as solicitudes presentaranse preferiblemente accedendo á aplicación Fondolibros, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (para realizar dito trámite é obrigatorio dispoñer de chave 365, certificado electrónico ou DNI electrónico).

Opcionalmente poderanse presentar as solicitudes de xeito presencial no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Os ANEXOS I e II poderán recollerse impresos no centro solicitándoos na conserxería.

Nos arquivos adxuntos poderedes acceder á información para os diferentes cursos, á ORDE do 6 de maio e aos ANEXOS I e II

Para ser recibido no horario de atención e evitar aglomeracións solicitarase cita previa para entregar as solicitudes. Moitas grazas de antemán.

Horario de secretaría:

LUNS: 12:30 - 13:15 horas

MARTES: 9:55 - 11:30 horas

MÉRCORES: 9:05- 9:55 horas

XOVES: 13:15- 14:05 horas

VENRES: 10:45 - 11:30 horas

AdxuntoTamaño
ORDE do 6 de maio de 2021.pdf1.2 MB
AXUDAS LIBROS DE TEXTO 1º e 2º PARA O CURSO 2021-2022.pdf80.2 KB
FONDO LIBROS E AXUDA MATERIAL 3º e 4ºEP PARA O CURSO 2021-2022.pdf81.44 KB
AXUDA MATERIAL 5º e 6ºEP PARA O CURSO 2021-2022.pdf58.37 KB
FONDO LIBROS E AXUDA MATERIAL 1ºESO PARA O CURSO 2021-2022.pdf81.49 KB
ANEXO I e II.pdf1.79 MB