OS CRISTINATREIROS FINALISTAS DO XX CONCURSO ESCOLAR DE TEATRO LIDO “XOSÉ MANUEL EIRÍS”.

 

O grupo os Cristinatreiros(integrado por alumnos/as de 3º de E.Primaria) do noso centro foi seleccionado como finalista do XX Concurso escolar de teatro lido “Xosé Manuel Eirís”.

Onte estiveron nas instalacións de Radio Voz gravando a súa obra " O conto dos sete medos"

O próximo xoves 11 de Novembro poderedes escoitalos ás 13.45 horas en Radio Voz- Bergantiños.

Non volo perdades!

Nos próximos días o xurado  reunirase de novo para seleccionar a orde dos premiados, patrocinados pola Libraría Brañas, que serán entregados o domingo 14 de novembro ás 18 horas no auditorio do pazo da Cultura.

Neste acto, os/as gañadores/as volverán a realizar a lectura dramatizada da súa obra para todo o público asistente.

Parabéns a Carmen, Paula,Lucía, Luna, Julia,Ana, Ross,Roque e a súa titora Maica, polo premio e o voso excelente traballo.

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA-BERGANTIÑOS

PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS DO SECTOR DE NAIS,PAIS E TITORES AO CONSELLO ESCOLAR

CANDIDATURAS AL CONSEJO ESCOLAR Colegio Nazaret Oviedo

 

Dende mañá día 4 de Novembro e ata o día 11 de Novembro, pódense presentar as candidaturas ao sector de nais,pais e titores do Consello Escolar.

Animádevos familias e presentade a vosa candidatura!

EXPOSICIÓN VIRTUAL SAMAÍN

Prezadas familias,

Temos o pracer de compartir con todas e todos vós o vídeo que realizamos coas vosas "manualidades" de Samaín. Aproveitamos para felicitarvos polo fantástico traballo levado a cabo!

Esta exposición, grazas a vosa colaboración, aínda que non poidamos realizala de xeito presencial por mor desta situación na que estamos inmersos, si podemos levala a cabo de xeito virtual.

Moitas grazas pola vosa participación!!! Sen a vosa axuda non sería posible!!!

Esperamos que desfrutedes da exposición virtual!!!

 

URBANO LUGRÍS E SERES MITOLÓXICOS

Durante estas semanas estivemos coñecendo o pintor Urbano Lugrís. Coñecemos datos sobre a súa vida e as súas obras e serviunos de inspiración para reproducir os seus cadros e para crear os nosos propios seres mitolóxicos para celebrar o Samaín. Todas estas creacións decoran os corredores do noso centro. Deixámosvos un vídeo onde poderedes velas todas.

ACTIVIDADES PARA SAMAÍN

Queremos compartir con vós estes recursos encontrados na web para aprender máis sobre a festa do Samaín e ao mesmo tempo pasalo ben!!!

Para educación primaria:

 

 Para educación infantil:

PODCASTS PARA O SAMAÍN

Como xa sabedes, este ano no centro estivemos traballando lendas e seres mitolóxicos galegos que inspiraron ao pintor Urbano Lugrís. Os alumnos e alumnas de 6º de educación primaria gravaron na radio varios destas historias para dar comezo á celebración do Samaín.

Fixérono xenial!!!! Esperamos que vos guste. Pinchade na foto para escoitalos!!!

RENOVACIÓN DO CONSELLO ESCOLAR

1

 

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL  

 

De conformidade co establecido na Resolución do 20 de setembro do 2021 realizarase próximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.

 

 A organización e supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:

  • O Director do centro
  • Un profesor ou profesora
  • Un pai ou nai ou titor legal
  • Un representante do persoal de administración e servizos.

 

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto  92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do decreto 324/1996 do 26 de xullo (DOG 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebraráse neste centro o próximo día 27, mércores, as 13:15 horas.

 

Aqueles membros da Comunidade Educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instruccións que figurarán nas distintas convocatorias que próximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.

 

Carballo, 25 de outubro do 2021.

 

A Directora do centro

SAMAÍN E MAGOSTO 2021

 Este curso seguimos contando con restricións por mor da COVID-19 polo que debemos aínda adaptar a celebración das primeiras festas do curso: SAMAÍN e MAGOSTO.

 Como xa sabedes, o venres 29 de outubro será un día especial no centro e animámosvos a todos e todas os que aínda non subistes as vosas creacións a que o fagades para poder desfrutar dunha fantástica exposición web. Tedes de prazo ata o martes 26 de outubro.

 MOITAS GRAZAS POR PARTICIPAR!!!!

 A continuación deixámosvos os dípticos que elaboramos para esta ocasión.

DÍA DO ENSINO

Lembrámosvos que o vindeiro LUNS, 11 DE OUTUBRO (por mor do día do Ensino) e  MARTES, 12 DE OUTUBRO (festividade nacional) son DÍAS NON LECTIVOSpolo que o centro educativo estará pechado ambos días.

As clases reiniciaranse o MÉRCORES, 13  DE OUTUBRO no seu horario habitual.

Un saúdo.

MANUAL DA AULA VIRTUAL PARA AS FAMILIAS E O ALUMNADO

 

Co fin de facilitar o acceso  das familias e o alumnado á  aula Virtual do noso centro, poden consultar no seguinte enlace unha guía rápida sobre o seu uso. 

 

MANUAL DA AULA VIRTUAL PARA FAMILIAS E ALUMNADO

PRESENTACIÓN E BENVIDA DO NOVO EQUIPO DIRECTIVO

 

 

Estimadas Familias:

Acabamos de comezar un novo curso escolar e en nome do novo equipo directivo, quero darvos a benvida a toda a comunidade educativa, en especial ao noso alumnado.

Neste curso, o principal cambio é o nomeamento dun novo equipo directivo. Novo, pero que afronta esta etapa con ilusión. O equipo  é o seguinte:

  • Paula Couto Lema: Dirección
  • Jesús Manuel Pena Núñez: Xefatura de Estudos
  • Patricia Rodríguez Bardanca: Secretaria

Queremos  agradecer a labor do anterior equipo directivo durante estes últimos anos e a axuda brindada neste cambio de responsabilidades.

Comezamos esta nova etapa  coa motivación e empeño que de seguro poremos, intentando que  o noso centro,  siga funcionando como nestes últimos anos.

Premendo no seguinte enlace, poden consultar toda a información relativa ao curso 2021-2022.

Moitas grazas pola súa colaboración.

 

TRÍPTICO INFORMATIVO CURSO 2021-2022

COMEZO DAS CLASES CURSO 2021/2022

 VOLTA AO COLE | CRA de Rianxo

Todos/as os que formamos parte do Ceip Plurilingüe A Cristina queremos darvos a benvida a todas as familias que neste curso entrades a formar parte da nosa comunidade educativa e, por suposto, ás que xa formaban parte dela.

Informámoslles que as clases para o curso escolar 2021-2022 comezarán o xoves, 9 de setembro. 

 

 

TODO O ALUMNADO  DEBERÁ ACUDIR AO CENTRO CON MÁSCARA. 

ADEMAIS DEBERÁ TRAER OUTRA MÁSCARA DE REPOSTO NUNHA BOLSA OU ESTOXO.  

 

O horario  será o habitual  (agás 4º de E. Infantil que estará co período de adaptación) tendo en conta as seguintes consideracións especiais relativas á organización deste curso escolar no que:

o    As entradas e saídas durante este curso escolar (ou mentres a situación así o requira) realizaranse de forma escalonada. 

o   Nas entradas o alumnado non formará filas para entrar senón que, segundo vaia chegando ao centro, entrará directamente nas clases, tendo en conta a seguinte marxe horaria:

        Alumnado de E. Primaria: entrará só no centro entre as 8:55 e as 9 h. 

        Alumnado de E. Infantil: Entrará no centro, acompañado dun só familiar  ás 9:05 h.

o    As saídas realizaranse escalonadas entre as 13:55 e as 14:05 h. Cada curso terá unha hora e unha porta específica de saída.  

 

Premendo no seguinte enlace recóllese unha síntese destas entradas e saídas por cursos, así como as portas utilizadas

 

 PROTOCOLO COVID

DISTRIBUCIÓN DO ALUMNADO DE 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL DURANTE O PERIODO DE ADAPTACIÓN

LA NECESIDAD DEL PERIODO DE ADAPTACIÓN - La Abejita Traviesa

 

Premendo no seguinte enlace, poden consultar a distribución por días e horas do alumnado de 4º de E.Infantil durante o período de adaptación. 

DISTRIBUCIÓN ALUMNADO DURANTE O PERÍODO DE ADAPTACIÓN

 

REUNIÓNS INCIAIS DAS TITORAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA COAS FAMILIAS

elorientablog: Evaluación inicial: reunión de Equipos Docentes para revisar  la marcha del curso.

 

O próximo Mércores 8 de Setembro terán lugar  no ximnasio do colexio,as reunións iniciais das titoras de 2º,4º,5º e 6º de  Educación Primaria coas familias.

Os horarios das reunións serán os seguintes:

  • 9 horas:           6º E.Primaria.
  • 9.45 horas:      5º Primaria.
  • 10.30 horas:    4º E.Primaria.
  • 11.15 horas:    2º E.Primaria.

 

Un saúdo.

 

* As reunións coas titoras de 1º e 3º de E.Primaria celebraranse unha vez iniciado o curso escolar.

REUNIÓNS INICIAIS COAS FAMILIAS DOS CURSOS DE EDUCACIÓN INFANTIL

REUNIÓN DE FAMILIAS DE INFANTIL - C.E.I.P. Alba Plata

 

O próximo Luns 6 de Setembro terán lugar  no ximnasio do colexio,as reunións iniciais das titoras dos tres cursos de Educación Infantil coas familias.

Os horarios das reunións serán os seguintes:

  • 11 horas:      4º E.Infantil.
  • 12 horas:      5º E.Infantil.
  • 12.30 horas: 6º E.Infantil.

Un saúdo.

Distribuir contido