ENTROIDO 2022

     

O Entroido xa está chegando e como cada ano, ao longo desta semana o Meco solicitaralle ao alumnado que cumpra cos seus mandados e así dar comezo á festa rachada. Cada día desta semana (ata o XOVES) recibiredes unha mensaxe por abalarmóbil informándovos do que se debe traer.

Coma novidade, este ano os mandadiños NON son acumulativos, polo tanto, cada día será diferente.

 

OS MANDADIÑOS DO MECO

 

Ola pequenos e pequenas do cole de A Cristina!

Os mandadiños do Meco van comezar.

Este ano, e para variar,

cada día un disfraz distinto imos argallar!

 

O luns, que é o día primeiro

deberás traer na cabeza un sombreiro;

pode ser de mexicano, de panadeiro ou de bombeiro,

E por suposto, o noso máis famoso: o de artista trangalleiro!

 

Se o martes te queres disfrazar

moitos anos por ti han de pasar;

colle un pano, unha boina ou un bastón.

os avós e as avoas da Cristina son o mellor!

ímoslles facer unha homenaxe,

vístete deles e imita o seu traxe!

 

Chega o mércores moi abrigadiño:

camisón ou pixama, e mailo osiño.

E se o colexio queres asistir,

sen quitar o pixama terás que vir.

 

O xoves é o cuarto día,

segue a festa e a alegría.

O teu entrenamento chega á escola,

e unha prenda do teu deporte favorito traerás posta!

Veña, que estás feito un artista!

Trae cousas de deportista!

 

E chegou o día sinalado.

Hoxe, se non chove, saímos tod@s disfrazados.

Faremos un desfile e temos moito que contar!

Brinca, baila e a entroidar!

 

Dar as grazas ao alumnado de 6º de educación primaria, que elaborou os Mandadiños de este ano.

XOGO: QUEN SON?

Hoxe as nenas e nenos de 4º de EP estiveron xogando co Quen son eu? no que empregaron preguntas e respostas de SI/NON. Coñeceron o xogo, as súas regras, as características dos alimentos, as diferenzas entre uns e outros.

                                                     

                                                     

MENÚS SEMANAIS

Aproveitando que no currículum de 6º E.P. aparece o tema da " Nutrímonos", os alumn@s de 6ºA elaboraron o menú que el@s tomaron cada día durante unha semana.
Despois colgámolos na cortiza da clase, xunto coa pirámide alimentaria , e fixemos unha pequena reflexión sobre como é a nosa alimentación diaria e que hábitos debemos modificar para comer de xeito máis saudable.

 

                                                           

 

                                                                                               

                                                                                               

DÍA DA RADIO: 13 DE FEBREIRO

Dende o ano pasado temos a sorte de contar na nosa escola cunha radio e como o vindeiro 13 de febreiro celébrase o Día Mundial da Radio gravamos para a ocasión uns podcasts co alumnado de 3º e 4º de educación primaria.

As alumnas e alumnos de gravaron os contos da Rata Luisa e os de fixéronlle unha entrevista á mestra Sonia sobre unha das súas paixóns: a música tradicional.

Esperamos que desfrutedes tanto escoitándoos como nós o fixemos preparándoos e gravándoos.

Pinchade na imaxe para escoitar cada un dos podcasts.

 

 

 

Día escolar da PAZ e da NON VIOLENCIA

Ao longo desta semana, o alumnado do centro traballou en cada aula, actividades para conmemorar o Día escolar da Paz e da NON VIOLENCIA.

Dende o Equipo de Convivencia do centro, propúxose a creación dunha pomba da Paz, inspirada na do pintor Pablo Picasso, aproveitanto a temática do proxecto do centro sobre a arte. O alumnado escribiu palabras representativas da paz es este foi o resultado....

      

 

Moitas grazas a todos e todas pola vosa colaboración!

ROSCO do DÍA DA PAZ

Para a conmemoración do Día escolar da PAZ e da NON VIOLENCIA preparamos este rosco de palabras para ver cantas palabras coñecedes que gardan relación coa temática.

Pensamos que era boa idea, xa que en colaboración co Equipo de Convivencia todos os alumnos e as alumnas do centro tamén escribiron nunha pluma unha palabra que para eles e elas representaban a PAZ. Con todas elas despois elaborarase a pomba da paz de Picasso.

Esperamos que vos guste!

 

CHEGARON OS MARTES DE FROITA

Dende hoxe, e durante tódolos MARTES imos merendar froita. Hoxe tocou plátano e podemos dicir que foi un éxito. Cada curso colleu a súa cestiña, e seguindo as medidas de hixiene necesarias, disfrutamos desta rica froita no patio.

   

INFORMACIÓN SOBRE O NOVO PROTOCOLO COVID

Debido aos continuos cambios que están a suceder en relación a xestión de casos positivos da COVID e a actuación cos contactos estreitos nos centros educativos, aquí vos deixamos a nova información.

Recordade sempre que dende as vosas casas, debedes facer unha autoevaluación para identificar calquera síntoma clínico de sospeita de ter infección por coronavirus.

Tamén adxuntamos a enquisa e as normas xerais de actuación publicadas pola Xunta de Galicia.

 

                                                                   

FROITA NA ESCOLA

Este curso o noso centro participa no programa Aliméntate ben da da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, concretamente na modalidade Froita na escola, co obxectivo de fomentar entre o alumnado, hábitos de alimentación saudables. 

Queremos responder á necesidade de que o alumnado adquira e consolide hábitos alimentarios adecuados e desenvolva as competencias necesarias para facer eleccións saudables no futuro. 

A partir da vindeira semana, todos os MARTES, o centro invitará á merenda, aportando froita para todo o alumnado durante os recreos. Deixar claro que se levarán a cabo todas as medidas de hixiene necesarias.

Polo tanto, todos os MARTES, os nenos e nenas que o desexen, non terán que traer merenda.

                                       

 

INSTRUCIÓNS PARA A RESERVA DE PRAZA NO IES ADSCRITO PARA O CURSO 2022/23.

Mañá día 11 de xaneiro e ata o vindeiro día 8 de febreiro abrirase o prazo de presentación de solicitudes para a reserva de praza para o curso 2022/23 no IES Monte Neme, instituto ao que o noso centro está adscrito. As familias poderedes cumprimentar as solicitudes de reserva de xeito manual (serán entregadas ao alumnado) ou a través da aplicación (Solicitudes > Reserva > Crear) no seguinte enlace

Dita solicitude deberase presentar no noso centro educativo ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital no prazo enriba indicado.

Se non se desexa reservar praza no IES adscrito, non se deberá cubrir a devandita solicitude.

Adxúntanse os modelos de solicitude en galego e castelán.

MEDIDAS PREVENTIVAS COVID E AUTODECLARACIÓN WEB CASO SOSPEITOSO DE COVID

Ministerio de Sanidad, Consumo y Bienestar Social - Profesionales -  Enfermedad por nuevo coronavirus, COVID-19

 

AUTODECLARACIÓN WEB CASO SOSPEITOSO COVID:


https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID


Importante: Empregarase en lugar de chamar ao número Covid ou ao centro de saúde.

 

 

RESUMO DAS MEDIDAS PREVENTIVAS COVID ADOPTADAS POLA COMISIÓN DE SAÚDE PÚBLICA

 

VISITA SORPRESA

O martes celebramos o Nadal no centro, cantamos panxoliñas e recibimos a visita sorpresa de Papá Noel.

Dar as grazas a tódolos nenos e nenas polo seu comportamento exemplar neste primeiro trimestre, grazas tamén a profe Sonia pola súa participación cantando para todo o cole e por último a Papá Noel pola estupenda visita que nos fixo.  

                                                     

BO NADAL E GRAZAS A TODOS/AS!

 

 

 

 

A comunidade educativa do CEIP Plurilingüe A Cristina deséxavos un BO NADAL e un 2022 cargado de ledicia e saúde. Queremos  expresar o noso agradecemento a todas as familias pola vosa implicación e compromiso e, principalmente, aos grandes protagonistas: os vosos fillos/as. 

Desfrutade das festas con responsabilidade e alegría compartida.

BO NADAL!

 

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO DE CARTEL E PROGRAMA DE NADAL 2021

 

 

 

Hoxe pola tarde entregáronse no Auditorio do Pazo da Cultura,  os premios do Concurso de Cartel e Programa de Nadal, convocado pola Concellaría de Cultura.

O primeiro premio, que ilustrará o cartel do Nadal Cultural deste ano e que consiste nun diploma e un agasallo valorado en 175 euros, correspondeu a alumna de 6º de E.Infantil do noso centro Emma Queaires Rey

Tamén, tal como establecen as bases, o noso centro  recibiu un diploma e un agasallo valorado en 150 euros en material didáctico.

Noraboa Emma!

NOTICIA NA WEB DO CONCELLO DE CARBALLO

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA-CARBALLO

 

MAYRA MOUZO LEMA FINALISTA DO CERTAME CONTOS DE NADAL

 

Os/as gañadores/as das dúas últimas edicións do certame Contos de Nadal, convocado por La Voz de Galicia e RadioVoz, recibiron este sábado pola mañá os seus diplomas e agasallos nun marco incomparable como é o Parador Costa da Morte.

 

Unha das premiadas foi  a alumna de 5ª de E. Primaria do noso centro Mayra Mouzo Lema, que resultou finalista da edición do ano pasado co seu conto “ O amor do Nadal “

 

Parabéns Mayra!

 

NOTICIA EN LA VOZ DE GALICIA-CARBALLO

 

 

Distribuir contido