SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE

A Semana Europea da Mobilidade celébrase todos os anos do 16 ao 22 de setembro, e ao longo destes sete días desenvolveranse no concello de Carballo diferentes iniciativas.

Un ano máis haberá andainas, rutas en bicicleta, xornadas lúdicas, chequeo da accesibilidade e promoción da mobilidade sostible para accións tan cotiáns como ir traballar ou mercar á feira.

Tamén conta coa implicación dos centros escolares, que este ano serán escenarios da presentación do xogo Cicl-Ando Carballo, que conta con taboleiro, fichas, cartas e manual de instrucións para que os nenos e as nenas aprendan a moverse con máis seguridade polas rúas ao tempo que avanzan polo taboleiro de xogo.

INFORMACIÓN NA WEB DO CONCELLO DE CARBALLO