ENTROIDO

O 17 de febreiro celebraremos no noso centro o Entroido, cun desfile de disfraces e unha degustación de produtos típicos desta época de festexos. 

 

Con todo… Que coñecemos do noso entroido? Celébrase igual en todas as partes de Galicia? 

 

Ao longo deste post descubrirás un pouco máis sobre a nosa historia, indagando nos diversos Entroidos de Galicia. Para os máis peques contamos coa axuda dos Bolechas, que nos guiarán nesta aventura. 

 

Ademais, dende o equipo de EDLG deixámosvos varias propostas de actividades: dende traballar a descrición dos disfraces de cada localidade ata un memori para imprimir e poñer a proba os vosos procesos cognitivos básicos como son a atención, a percepción e a memoria.

 

Con este pequeno post queremos recalcar a importancia do noso proxecto “Medrando en saúde na Cristina” xa que o Entroido pódese celebrar seguindo a nosa tradición de bailes ao aire libre, compartindo risas e momentos divertidos con amig@s e familia.

 

Un saúdo e esperamos que vos guste!

 

 
 
 
AdxuntoTamaño
Entroido galego CRA Bergondo .pdf2.69 MB
entroido memory CEIP e CEE (final).pdf1.95 MB
Entroido Galego .pdf2.01 MB
Os bolechas Entroido.pdf1.79 MB