Centros da Rede
CIFP de Vilamarín
O IES de Vilamarín está situado na localidade de Borulfe, pertencente ó concello de Vilamarín, a 17 km da capital da provincia, entre a Serra Martiñá, os montes de Orbán e o castro de Sta Águeda.
O centro oferta ciclos formativos das familias profesionais de Hostalaría e turismo, Industrias alimentarias e Agraria que, ao noso parecer, teñen moito futuro.
Poñemos a disposición do alumnado os medios técnicos e humanos para garantir a súa formación.
Somos o único centro na provincia de Ourense con oferta formativa da familia de Hostalaría e turismo, e tamén dispoñemos dunha cómoda residencia de estudantes e moitos máis servizos, para que o alumnado poida centrarse no que realmente importa, a súa formación.