Centros da Rede
CIFP Carlos Oroza
O CIFP Carlos Oroza pertence á rede pública de centros integrados de formación profesional da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da comunidade autónoma de Galicia, sendo creado no ano 1996 mediante un convenio de cooperación asinado entre a Consellería de Educación da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra.
A finalidade deste convenio foi a de dotar á provincia de Pontevedra dun centro educativo que dinamizase as ensinanzas da familia profesional de hostalaría e turismo nun sistema integrado de formación, mediante o establecemento dunha oferta educativa de ciclos formativos, accións formativas para o emprego, programas de acreditación de competencias profesionais, así como o de crear un espazo de cooperación entre o centro educativo e as empresas dun sector estratéxico da economía de Pontevedra, sendo as Rías Baixas un dos destinos turísticos principais do país.