Centros da Rede

IES de Foz

O centro foi inaugurado no ano 1978 e as ensinanzas de hostalaría comezaron a impartirse no 1989.

A través destes 25 anos de existencia, o IES de Foz consolidouse como o centro formador de profesionais de hostalaría da mariña lucense.

O Departamento de Hostalaría e turismo xestiona o comedor escolar do IES , ofrecendo un menú diario nutricionalmente adaptado ás especiais características do alumnado, servindo diariamente 150 comidas. Dita actividade supón unha oportunidade para o alumnado, tanto dos ciclos de cociña como de servizos, pois reproduce a diario  as condicións reais dun centro de traballo.

É recoñecida a especial atención que o centro presta  ao mundo do café. Anualmente celebramos o Campionato Internacional de Baristas de  Escolas de Hostalaría e o Campionato Internacional de Cata de Café “IES de Foz”, que se achegan á súa oitava edición.

IES de Foz
IES de Foz
IES de Foz
No corazón da Mariña Luguesa saborea a túa formación
No corazón da Mariña Luguesa saborea a túa formación
No corazón da Mariña Luguesa saborea a túa formación

Datos de contacto

Nicolás Asensio Nogales
Director do IES de Foz
Rúa Castelao s/n
Foz
982870287

Síganos en

Twitter