Centros da Rede
CIFP Manuel Antonio
O CIFP Manuel Antonio está situado na ladeira do Meixoeiro, en Vigo, e salienta pola orixinalidade da súa construción e a integración na paisaxe, gozando dunhas amplas zonas verdes.
Foi creado como Universidade Laboral en 1976 e na actualidade forma parte da Rede de Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP).
As súas amplas instalacións permiten que convivan en armonía cinco familias profesionais, tratándose dun dos centros galegos con maior oferta educativa. Compre subliñar que hai mais de 13 anos que se implantou a familia profesional de Hostalaría e turismo, consolidándose a formación neste sector cunha oferta educativa ampla e en consonancia coas necesidades do sector.
O CIFP Manuel Antonio ten como misión impartir un ensino de calidade, onde se conxuga a responsabilidade coa liberdade, promovendo o espírito independente, tolerante e comprometido. Ofrecese unha formación aberta ás innovacións e requirimentos de toda a comunidade educativa e dos sectores produtivos de influenza, cun obxectivo claro e común: “participar activamente na consolidación dos piares básicos que forxan a madurez intelectual e persoal do alumnado”, axudándolles a progresar no mundo académico e laboral, e preparándoos para a vida.