O pasado 4 de febreiro o CIFP Manuel Antonio participou na II Feira Internacional das Ensinanzas Profesionais e Artísticas, organizada polo concello de Ponteareas. Esta feira ten como finalidade dar a coñecer a toda a comunidade educativa o amplo abano de ensinanzas que a formación profesional ofrece.
O alumnado de segundo curso do ciclo formativo de grao profesional básico de Cociña e restauración do CIFP Manuel Antonio realizou demostracións de servizo e montaxe de mesas, de coctalaría sen alcohol e de elaboración de cafés e latte-art.