O pasado mes de novembro, o Departamento de Hostalería do CIFP Manuel Antonio de Vigo organizou un Seminario de Cata de Meles, dirixido ao alumnado/profesorado do CM de Servizos en Restauración e do CS de Dirección de Servizos de Restauración.
Como convidados expertos nesta temática, contouse coa presenza do “Consello Regulador de Mel de Galicia”, que fixeron do Seminario un deleite para os sentidos, elevando a cata de mel a un referente de sensacións visuais, olfativas e gustativas.
Novas da Rede
Cata de meles no CIFP Manuel Antonio